Domingo, 28 de xaneiro de 2007
Insisto en rexistrar estes días para alimentar os meus soños, mantendo a ilusión das montañas que tiven que recortar como nos contos infantís, para sumalas ó inventario de posibles coas que empapelar as paredes dese músculo cansado que habita no meu peito. Insisto en levar un rexistro das miñas pegadas para que non me suceda a memoria dos peixes e se esvaezan datas, lugares e xentes como todas aquelas sendas fluviais nas que me vernicei de escuma, cabalgando linguas de auga nos leitos do Tamuxe, Lérez, Tea, Tambre ou Almofrei, e das que non teño nin unha soa constancia gráfica ou escrita.
Quizais sexa vaidade esta insistencia en darlle importancia ós meus días, pero non coñezo outra vacina contra a tolemia cotiá, contra esa monotonía que suma horarios obrigados, facturas aprazadas e menús repetidos, sábenas preñadas de vento e electrodomésticos avariados.
Así que volverei relacionar a todos aqueles que me acompañaron nesa querencia que teño polos grandes espacios, no último domingo deste xaneiro tinguido co manto xeado das primeiras neves.
En primeiro lugar, por entusiasmo nestas incursións montañeiras en pequeno formato, e pola súa xenerosidade en ofrecer sempre vehículo para desprazarnos, vivenda para refuxiarnos e afecto para recoñecernos, ven o bo de Xurxo, cinguíndose á convocatoria a pesar de ter o tempo limitado por outras actividades ¿formativas? ¿espirituais? ¿místicas?, que aínda están por comentar.
Relacionada con este evento, ven Isabel, a Brujita, instigada pola curiosidade desta fórmula sendeirista, onde a parte gastronómica e a parte deportiva teñen o mesmo peso, aínda que non se fíe demasiado das capacidades do guía.
Tamén repite Vicki, despois do parénteses do Nadal, coa malandremia manifesta, esto é: con déficit de arroz malandro, esa poción máxica que nos fai desprezar as teas de araña no último dos días da semana e que a nosa amiga lle fai insistir para que regresemos ás terras do Coura, en vez de probar sorte nas neves do Gêres.
E para completar a lista de pasaxeiros, e as prazas do vehículo de Xurxo, dende ese entorno climático peculiar de Barciademera, na comarca do Paradanta, sumásenos Cristina, confirmando esa tendencia á dobre militancia que non se pode disimular no Club de Camiñantes, aínda que teña que insistir en que non existe ningunha tentativa en consumar escisión algunha.
Con este pequeno continxente dirixímonos, unha vez máis, nunha cerimonia á que non puidemos subtraernos nos meses pretéritos, cara ese templo onde un sinal nos obriga a deternos para a comunión precisa, obrigatoria, antes de internarnos nas fragas e vales do territorio con alma, e alí se nos suman Nuria e Habibi, ós que non damos opción de abandonar a disciplina.
Antes de que se senten á mesa xa pedimos catro racións do noso complemento vitamínico, maná sagrado e néctar que incrementa as nosas forzas (e tamén o noso perímetro), para compensar esa malandremia que flota no ambiente, e converter á relixión verdadeira a dous novos adeptos. Semella que todo o mundo queda satisfeito coa eucaristía, e eu máis por aquelo do respecto ás tradicións, gañando así un tempo que, como se verá despois sempre é preciso para afrontar calquera contratempo.
Así que saímos do noso comedeiro favorito, cun ceo que promete unha tarde agradable pese ás minguadas temperaturas, tomando o rumbo de Paredes de Coura, para dirixirnos ó punto de partida do trilho do Vale Escuro, un dos poucos de pequeno recorrido que nos quedan por conquistar. E consultando o pequeno mapa que ven no folleto da rede municipal de percursos pedestres sorteamos os pobos de Resende e Vascôes, lugares que xa son comúns despois de camiñar varias veces ente as súas casas e campos.
Máis sobrepasando estes termos toda a toponimia é descoñecida, e empezamos a aburrirnos de mastigar asfalto, e nalgún estómago empeza a revolucionarse a malandrina. Non nos queda máis remedio que preguntar unha, dúas e ata tres veces, ata chegar finalmente, despois de tres cuartos de hora de curvas e firme irregular, a Parada, a nosa terra prometida, onde un xoven seareiro nos conduce ata a igrexa que cremos o noso punto de partida.
E digo cremos, porque estamos errados, e si estamos en Parada, pero non no termo municipal de Paredes de Coura, senón no de Arcos de Valdevez. Confundir o val do Coura co do Vez nos fai perder máis dunha hora de sol e temos que abandonar a idea orixinal e improvisar unha alternativa. Desfacemos o camiño e chegamos a Tumio, pequeno núcleo rural de onde saímos en outra ocasión para unha breve incursión nos montes pretos, para facer o trilho dos Morroês, que por outro cúmulo de circunstancias non puidemos completar, por esa inclinación do Emperador a coller aires e facer conexións entre sendeiros. E aínda así, o botamos de menos: seguro que con el non perderiamos esta hora na estrada.
Prescindindo dos oportunos exercicios ximnásticos cos que poñer a punto os nosos músculos, entumecidos pola malleira dos moitos quilómetros de asfalto que xantamos de balde, recorremos con presa as rúas de Tumio, sen deternos a observas as súas mostras de arquitectura popular, e pasamos como raios entre os espigueiros e as casas montesías das comunidades do Coura. Deixando atrás o núcleo rural temos que ter coidado con algunha placa de xeo que cubre parte do firme empedrado, internándonos nunha ampla zona de cultivos. Estes labrantíos están traballados en socalcos, regados pola auga acumulada en pozas e conducidas por levadas escavadas na terra, rodeados de pedra granítica e bordeados de acivros.
O grupo avanza a un bo paso e nin tan sequera se detén o acadar a aldea de Giesteira, nin para visitar a súa pequena ermida, nin para botar a vista atrás e observar a preciosa panorámica dos campos que atravesamos, nin para cerciorarnos de que estamos no camiño correcto.
Así que tamén eu deixo atrás o pobo, tralas pegadas dos meus, para introducirnos xuntos nunha extensa carballeira que sen dubida é a parte máis amable de tódalas que recorreremos. Esta fraga ten unha certa atmosfera de lenda, e non e difícil imaxinalo como escenario onde habitaran gnomos e fadas, e o seu orixe está nunha plantación levada a cabo no período do Estado Novo, na dictadura corporativista de Salazar, e levada a cabo pola Junta de Colonizaçao interna. Aparte do carballo, as especies arbóreas resultantes desta plantación ou rexeneración foron o bidueiro, a castiñeira e a faia, entre outras moitas.
Despois de atravesar este territorio enfeitizado desembocamos nunha ampla pista forestal, onde deixamos de imprimir pegadas na follasca e o facemos en terra erma. Outra vez nos asaltan as dúbidas da dirección acertada, porque non hai ningunha indicación do trilho que escollemos, e si de outros de maior extensión, así que optamos por continuar no mesmo sentido no que o fixéramos na anterior ocasión. Este camiño nos leva á casa forestal de Atalaia, que se atopa en estado de abandono, e mentres curioseamos nas ruínas botamos contas de que minguou o grupo: non ultimo cruce perdemos a Habibi.
O entusiasmo por coleccionar postais dixitais que compartimos levou ó noso amigo cociñeiro a perdernos o rastro, pero non por moito tempo, porque cando imos na súa procura xa ven ó noso encontro. Aínda se detén un anaco máis en fotografar os restos da vivenda dos gardas forestais, e a estraña disposición circular das árbores que se asemella a unha desas prisións do vietcog que saen nas películas bélicas americanas para xustificar quen eran os malos.
Despois do cal continuamos a marcha ata chegar a outro cruce de camiños onde temos dúas opcións: ou continuar de fronte, de regreso ó pobo de saída, ou ben subir por unha abrupta pista, descarnada pola erosión das chuvias, pola que intuímos o ascenso ó Alto dos Morrôes, que dá nome á nosa ruta.
Decidimos aventurar na subida, aínda que non de forma unánime, porque sempre hai alguén que xa ten suficiente e alguén a quen lle falta aínda un chisco, e imos gañando metros ata facernos cunha panorámica ampla da Serra do Leboreiro, perlada aínda polas neves da última semana, a pesar de que empezamos a desanimar ante a ausencia de sinais que nos confirmen a boa dirección. De continuar é posible que rematemos no miradoiro de Corno de Bico, e ante esta posibilidade seguimos avanzando, pero como a infantería española, ou sexa dando volta e desfacendo os nosos pasos, ou para poñelo máis claro: retrocedendo.
Así que volvemos ó cruce e continuamos de fronte por un camiño de terra asombrado por enormes cedros de Oregón, e onde os charcos cristalizaron polo frío e asemellan espellos rotos, onde estamos a punto de volvernos perder. Por fortuna atopamos o desvío a Tumio, e descendemos os metros que nos afastan da aldea, onde agardan os nosos vehículos.
O que ven a continuación xa non entra dentro da crónica deportiva, e é froito de outras devocións. A pesares de que Xurxo e Vicki nos abandonen por diversas obrigas nas cales non convén estenderse, o resto da columna sendeirista se dirixe a ese outro templo, non apto para diabéticos, que ten o doce nome de Doccelandia, para recuperar as calorías que queimamos nesta xornada chea de incidencias. Máis comedidos que en outras ocasións pero tampouco nos privamos das larpeiradas que nos ofrecen neste bendito local, mentres pasamos repaso o arquivo dixital das nosas memorias.
Regresamos a casa, rachando o corazón da noite, sabendo que volveremos a estas terras do Coura antes de que nos chegue a morriña.

No hay comentarios:
Publicar un comentario