Domingo, 28 de xuño de 2009
Domingo duro, moi duro para erguerse coa cabeza limpa e despexada. A vida xira e xira e cando cometemos erros ou tropezamos moi, moi forte quedamos doídos e mazados por tódalas bandas. Tres anos de dura loita e de intento de estabilización ciscados por quen sabe onde. Pero a vida continúa e os pateos tamén.
O camiñar duro por estes carreiros vaite botando o suor para fora e polo tanto rexenera o sangue e o oxíxeno renova os teus pensamentos.
O sendeiro “Os Carranos” comeza xunto a antiga casa reitoral de Fofe, baixando ata a praia fluvial de Maceira. Pero nós o fixemos ó revés.
Despois dunha mais que copiosa comida nun novo lugar entre Ponteareas e Mondariz, chegamos á praia fluvial de Maceira. O día ameazaba choiva pero o tempo acompañounos.
Este pateo foi un pouco estraño. Sen estar ben organizado, os nosos corpos vagaron polos carreiros mais coma unha expedición de aventura e de busca de novas rutas, ca dun itinerario organizado.
O percorrido ten dous tramos circulares unidos por un tramo lineal.
O primeiro tramo circular levounos ata un fermoso aserradeiro hidráulico. O aserradeiro de “Os Carranos”, construído en 1922, mostra un lateral a noria que aínda move a súa maquinaria, impulsada por auga do regato de Vixiáns. Nel, antano, facíanse carros, de aí o seu nome, e tiña secadeiro e almacén de madeiras, ase coma unha pequena forxa para elaborar os ferraxes cos que calzar as rodas dos carros.
É dende logo un lugar fermoso e tomamos nota da súa localización e teléfono para poder volver un día que nos permita ollar o seu funcionamento.
As corredoiras cheas de auga, coma se fora inverno indícanos a cercanía do nacemento do río Tea.
O primeiro percurso circular fíxose moi rápido, polo tanto decidimos coller de novo os coches (non sen antes extraviar o pantalón de Zalo) e acercarnos a casa reitoral de Fofe que hoxe en día é Centro de Turismo Rural cunha apariencia ben boa.
O segundo tramo comezaba xunto a antiga casa reitoral baixando ata a area recreativa da praia. Os bosques de ribeira do nacemento do río Tea mostran a súa riqueza natural e a estilizada ponte romana de Fofe, probablemente da época medieval, permítenos disfrutar dun baño que ultimamente sempre forzamos aínda co día e a auga estean frescas de mais. Esta é outra maneira de renovar enerxías.
Despois do baño ascendemos buscando as marcas e o camiño que nos leva a reitoral de Fofe, non sen antes disfrutar coma nenos pequenos dos colúmpios e tobogáns dunha area recreativa perto do remate da ruta.
A reitoral de Fofe recíbenos con nenos que xogan á pelota nun xardín moi coidado onde repoñemos líquidos como manda a tradición de cada pateada
Nesta vez fixéronme compaña, Zalo, Georgina, Anxo e o seu discípulo e sobriño Samuel.
FRASE DO DÍA:
“ A GATA FLORA CANDO LLA METEN JRITA., E CANDO LLA SACAN CHORA”
MIGUEL PANETTE, xuño de 2009

No hay comentarios:
Publicar un comentario