Eivadiños
E298 Sendeiro do Pantano de Irabia (Val de Aezkoa): Crónica e fotos
E298 Sendeiro do Deza (Vila de Cruces - Silleda): Crónica e fotos
E297 Sendeiro da Fraga do Barragán (Fornelos de Montes - Pazos de Borbén): Crónica e fotos
E296 Sendeiro da Soavela (Cangas do Morrazo): Crónica de Sonia e fotos
E295 Trilho de Corno de Bico (Paredes de Coura): Crónica de Sonia e fotos
E294 Sendeiro do Baixo Lérez (Pontevedra): Crónica e fotos
E291 Polo corazón da Selva de Irati (Val de Salazar): Crónica e fotos
E290 Ascensión ó Castelo de Acher (Val de Hecho): Crónica e fotos
E288 Sendeiro da Freixa (A Lama): Fotos e crónica de Sonia
E287 Roteiro de Donón (Cangas do Morrazo): Fotos e crónica de Sonia
E285 Sendeiro dos ríos da Fraga e do Beque (Moaña): Fotos e crónica de Sonia
E284 Polos montes de Moaña e outros mundos
E284 As lecions do mestre Chapela nos cumios do Morrazo
E282 Sendeiro dos Cons (Vilagarcía de Arousa): Crónica e fotos de Ana
E281 Trilho interpretativo de Lamas de Mouro (Monçao): Fotos e crónica de Miguel
E177 Sendeiro do río Barbeira (A Lama): Crónica e Fotos
Información técnica da ruta en SUDANDO BOTAS
Martes, 3 de agosto de 2010
Na véspera chamara ó Nacho para propoñerme unha pequena ruta, aproveitando que os dous estabamos de vacacións e que, ademais, o Ramón andaba con algo de “mono” dos camiños, así que non tiven máis que dicir si, a pesares de que as previsións meteorolóxicas non eran moi favorables, pois semellaba que ía facer bastante calor, e que tiña que cubrir a quenda de noite, xa que o meu compañeiro de fatigas tiña entradas para ver os Motörhead.
A pesares de que a miña primeira opción era ir cara Meis para facer un sendeiro que parte do mosteiro de Armenteira, os meus amigos decidiron que era mellor tirar cara A Lama, para camiñar ó carón do río Barbeira. Así que convencido, convencín, unha vez máis e non sei moi ben como, a Georgia para nos acompañar, coa promesa dun paseo fresco sen demasiadas dificultades.
Así que á hora habitual partimos do Concheiro, descontando quilómetros cara o interior, mentres barallabamos distintas opcións para almorzar. Ó final decidímonos polo hotel que está na entrada de A Lama, onde tiñan un menú do día bastante apetitoso. Comemos bacallao, lombo de porco e tenreira, cada un o seu, e non estaba malo pero podía ser mellor. No que si acertamos foi na elección do viño, un mencía do Barco de Valdeorras que non coñecíamos.
Alongamos a sobremesa, e mesmo enredamos coa posibilidade de pedir unha habitación para botar unha soneca, pero finalmente saímos, xa preto das tres e media, para completar a nosa ruta. Facía un calor do carallo, pero confiabamos en non suar moito ás beiras do río. Nas do Verdugo deixamos o vehículo, e tamén aquí estivemos tentados de nos mergullar, aínda que ó final conformámonos con tomar un xeado.
Na saída do sendeiro vimos o cartel do itinerario e lemos os nomes das xentes que interviñeron na súa limpeza, entre eles unha cuadrilla de presos do centro penitenciario que se atopa preto de alí, e unha tal Fani de Trabazos, que identificamos rapidamente como a nosa Fani, que seica anda agora por terras asturianas.
Xa dende os primeiros metros atopamos espantallos espallados a beira do camiño, froito dun concurso promovido pola asociación de veciños, o que nos fixo disparar de seguido as nosas cámaras e despistarnos, xa no comenzo, do camiño a seguir. Tampouco era difícil porque marcas non había nin unha.
Facía un calor do demo, e agradecíamos a sombra dos carballos, que franqueaban os camiños carreteiros que nos levaron o lugar de O Peso, onde pasamos o carón do Peto de Ánimas e da Capela. O chegar aquí tivemos que tirar da memoria, xa que as únicas indicacións eran as dun aire cara a ponte de Peso, e pouca tivemos, xa que nin Ramón nin eu fomos quen de dar co itinerario correcto e rematamos as beiras do río Barbeira, moito antes do aconsellado.
O sendeiro de pescadores estaba agochado por fentos e silveiras, e Nacho e Georgia eran partidarios de dar media volta e buscar o sendeiro, ou ben ir tomar unha cervexa e mergullarnos na praia fluvial do Verdugo, pero non Ramón e máis eu tiramos para adiante, seguindo o Barbeira a montante. Non tardamos en divisar os primeiros muíños e esto animounos a continuar, convencidos de que algún camiño habería, e máis aínda cando puidemos cruza-lo río por unha pontella de cemento. Na outra beira non había tanta maleza e ademais puidemos acceder a unha poza de augas cristalinas, onde nos dimos unha boa chapuzada.
Era un deses lugares que invita á preguiza, pero nós tiñamos que facer, e seguimos na procura do camiño ata que o atopamos, un cento de metros máis adiante, saíndo do muíño de Trebello. Polo camiño certo chegamos a un Peto de Animas, e fronte a el a Ponte de San Lorenzo, onde conflúe a ruta de Augasantas. O longo do camiño, sempre ensombrecido polas espesas copas dos carballos, pasamos ó carón de máis dunha ducia de muíños, a meirande parte en moi mal estado de conservación.
A Nacho perseguíao un enxame de tabáns, quizais porque debía ter o sangue máis doce de todo o grupo, ou porque despois do baño esqueceu pór a camiseta e o seu lombo estaba máis apetecible para os pequenos vampiros. Era ata perigoso acercarse a el, xa que en canto o facías algún tabán tentaba mudar de lombo. Pero non había comparación: o del gustáballes máis.
Ó chegar a San Lorenzo Georgia e Ramón foron na procura de auga, pois as nosas reservas minguaran considerablemente, pese a saír con máis dun litro por cabeza nas mochilas. E volvemos atopar outro continxente de espantallos, espallados entre canastros, campos de millo e hortas. O certo é que a iniciativa da Asociación Cultural Río Barbeira semellaba un bo xeito de dinamizar a zona, e de que tódolos veciños participaran na construcción de cadanseu monicreque, como nos tempos anteriores ós desertores do arado.
Internámonos outra vez nos camiños que daquela eran transitados por carros carregados de toxo ou de palla, por burros fariñeiros que sabían de memoria a ruta cara o seu muíño, e de xentes que utilizaban esta vía de comunicación para os seus desprazamentos habituais, nun mundo que semellaba pequeno e senlleiro. A sombra dos carballos acaríñanos, e fainos máis amable o traxecto ata a Poza Negra, onde facemos outra parada obrigatoria.
A pesares da escuridade do fondo, e da frescura das súas augas, ou precisamente por eso, os destemidos eivadiños mergullámonos sen dubidalo, e mesmo o Nacho fixo un par de saltos algo arriscados, e ata houbo sesión de fotos anti-eróticas (porque non penso que os meus coiros dean para alporizar a ninguén). Esto deunos forzas renovadas para afrontar a parte que nos restaba cara o pobo de Barbeira, pero debeunos trastornar dalgún xeito porque desbotamos o cartel que nos indicaba a súa dirección e collemos un camiño que nos levou, despois dun pequeno ascenso, a unha estrada.
Miramos o noso mapa ó dereito e ó revés, e cada un tiña un parecer. O final demos en seguir a Ramón que, si ou si, levounos á entrada de Barbeira, aínda que non chegamos a pasar pola aldea montañesa máis que de refilón, xa que, seguindo o regueiro de Barbeira iniciamos o ascenso do monte, cara á Serra do Cando. O feitizo da Poza Negra fixo que atoparamos o camiño certo, máis non nos decatamos de que estabamos avanzando na dirección contraria, ata rematar cubertos por unha morea de fentos xigantescos, fronte a unha portela de moi difícil aceso.
Bastou con volve-la vista atrás para ver, moi ó lonxe, a Portela dos Acibos, por onde deberíamos baixar cara a parroquia de Covelo. Perderamos moito tempo, máis do que era convinte, e botando contas non nos daban as horas para completa-la ruta e chegar a cubrir a miña quenda de traballo, así que tivemos que tomar unha decisión de emerxencia: volver outra vez polo río.
Baixamos a trote cochinero, a escacha pexegueiros, e mesmo estivemos a piques de arrebolar nalgunha ocasión, tanto foi así que o Nacho botou parte do almorzo, aínda que non sei se as picaduras insistentes dos tabáns, a botella de Mencía que nos baixamos e o moito calor que facía tivo algo que ver. Eu xa cheguei ó Barbeira coxeando, e o resto do traxecto semellóuseme un suplicio, e as máis das veces perdín de vista a Georgia, que marcaba o “ritmo eivadiño”, alternándose cun Ramón máis que afeito a este tipo de carreiras de montaña.
Tivo algo de épico este regreso contra reloxo, e deixamos as conversas para aperta-lo cu e quitar forzas de fraqueza, mentres o sol esmorecía e as sombras colonizaban, a poucos, o sendeiro. Xa non houbo tempo para outra cousa que non fose avanzar, e nun tempo record chegamos ás Chozas, levantando un balbordo de cans que perseguiron, con bastante mala fe, ó Nacho, o noso particular “señor das bestas”, e que a piques estiveron de probar nos seus lombos uns bos vergallazos. Non estaba a cousa para bromas. E aínda así, aínda tivemos un extra cara o Ponte de Peso, porque Ramón non quería renderse nin coller atallos.
Por unhas e por outras chegamos ó coche pasadas as dez da noite, e non houbo nin tempo de estirar, só de beber un par de refrescos que colleu o de Coruxo no bar e de mudar as botas por un calzado máis cómodo. Eu derrubeime no asento traseiro, consciente da noite de terror que me agardaba. Sen posibilidade de darme unha ducha tonificante, nin moito menos de cear e tomar un café, só tiña o tempo xusto de chegar ó curro.
Pero ¡que carallo! a aventura é a aventura, e as veces a sorte sorrí e as veces se agocha, así que non ten senso laiarse. Eso si, temos unha débeda pendente co río Barbeira, e cobrarémola antes ou despois, que aínda mortos non imos rendernos. ¿Non si?.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Entrada más reciente
Entrada antigua
Inicio
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Archivo del blog
►
2014
(1)
►
enero
(1)
►
2013
(22)
►
diciembre
(2)
►
noviembre
(2)
►
septiembre
(4)
►
julio
(1)
►
junio
(1)
►
mayo
(2)
►
abril
(1)
►
marzo
(4)
►
febrero
(2)
►
enero
(3)
►
2012
(10)
►
diciembre
(5)
►
noviembre
(4)
►
octubre
(1)
►
2011
(11)
►
marzo
(4)
►
febrero
(4)
►
enero
(3)
▼
2010
(41)
►
diciembre
(2)
►
noviembre
(3)
►
octubre
(5)
►
septiembre
(5)
▼
agosto
(3)
E179 Polas crestas do Galiñeiro (Gondomar)
E178 Ruta da pedra e da auga (Meis-Ribadumia)
E177 Sendeiro do río Barbeira (A Lama): Crónica e ...
►
julio
(1)
►
junio
(3)
►
mayo
(5)
►
abril
(1)
►
marzo
(2)
►
febrero
(5)
►
enero
(6)
►
2009
(65)
►
diciembre
(5)
►
noviembre
(7)
►
octubre
(5)
►
septiembre
(7)
►
agosto
(8)
►
julio
(3)
►
junio
(5)
►
mayo
(4)
►
abril
(9)
►
marzo
(4)
►
febrero
(6)
►
enero
(2)
►
2008
(35)
►
diciembre
(3)
►
noviembre
(3)
►
octubre
(2)
►
septiembre
(2)
►
agosto
(3)
►
julio
(2)
►
junio
(2)
►
mayo
(1)
►
abril
(4)
►
marzo
(6)
►
febrero
(5)
►
enero
(2)
►
2007
(50)
►
diciembre
(5)
►
noviembre
(3)
►
octubre
(3)
►
septiembre
(4)
►
agosto
(4)
►
julio
(6)
►
junio
(3)
►
mayo
(4)
►
abril
(5)
►
marzo
(3)
►
febrero
(6)
►
enero
(4)
►
2006
(17)
►
diciembre
(2)
►
noviembre
(3)
►
octubre
(7)
►
mayo
(5)
Seguidores
Datos personales
eivadiños
Ver todo mi perfil
Autores
Alex Alén
(1)
Begoña
(1)
Dalia López
(1)
Iolanda
(1)
Luis Chapela
(18)
Miguel Panette
(7)
Nacho Betanzos
(1)
Salome Pinheiro
(14)
Sonia
(6)
Sudando Botas
(23)
Xacobe Casal
(4)
Zalo de Paramos
(8)
¿Quen anda por ahí?
Nómadas
El día que Nómadas diseñó in situ una ruta polifacética
Hace 8 años
Dominguer@s en marcha!
Hace 12 años
Sudando Botas
Herreruela de Castillería - Valdecebollas - Sel de la Fuente
Hace 12 años
La banda del Cheri
Red Bull Rampage Biggest Crashes
Hace 12 años
Congostra
Club de Camiñantes
Concellos
A Lama
(5)
Arbo
(1)
Arcos de Valdevez
(14)
Arouca
(4)
Arredor da Lareira
(15)
Baiona
(2)
Barcelos
(1)
Barro
(1)
Beariz
(1)
Bueu
(3)
Caminha
(5)
Cangas do Morrazo
(11)
Cartelle
(1)
Cenlle
(1)
Cerdedo
(1)
Cotobade
(9)
Covelo
(9)
Esgos
(1)
Folgoso do Courel
(3)
Forcarei
(2)
Fornelos de Montes
(2)
Galende
(1)
Gondomar
(4)
Leiro
(1)
Meis
(1)
Melgaço
(2)
Melón
(3)
Moaña
(7)
Mondariz
(5)
Monçao
(11)
Nigrán
(3)
O Rosal
(2)
Oia
(1)
Oscos
(5)
Paredes de Coura
(31)
Pazos de Borbén
(3)
Pirineos
(2)
Ponte da Barca
(5)
Ponte da Lima
(5)
Ponteareas
(3)
Pontevedra
(5)
Punxín
(3)
Quintela de Leirado
(3)
Ribadumia
(1)
Rivadavia
(1)
Rivello
(1)
Salvaterra do Minho
(2)
Silleda
(1)
Tui
(4)
Val d'Agri
(9)
Val de Ansó
(2)
Val de Hecho
(1)
Val de Salazar
(2)
Valença
(10)
Verea
(3)
Viana do Castelo
(5)
Vigo
(13)
Vila de Cruces
(1)
Vilaboa
(4)
Vilagarcía de Arousa
(1)
No hay comentarios:
Publicar un comentario