Sol, 23 de decembro de 2012
Despois de días de choiva, hoxe… ¡¡¡Fai un sol de carallo!!!
Todo está preparado para unha pequena aventura con algúns “eivados”.
Fronte ao Gallardo, a cita do domingo comeza con café, bolos, etc. Algún avituallamento, e imos aló.
Saímos cara o noso veciño Portugal, eu moi ben acompañada e segura, por mor da garda pretoriana de catro mozos de moi boa presenza, que fixeron as delicias de este fermoso día.
Comezamos o camiño en Taião, aparcadoiro fronte ó cemiterio, ao lado da Casa da Cultura.
A miña garda pretoriana “persoal”, equipada co seu “manual para xoves castores”, guíame polo sendeiro, de monte baixo e pedregal, cun vento forte e frío que non conseguiu desanimar o bo ambiente do camiño.
Xurdiu algunha dúbida cos sinais dos sendeiros e isto ás veces leva a aventurarsesen seguridade (isto é unha das cousas que máis me gusta dos camiños, “Perderme”). Son unha perdida e gústame.
Unha pequena charca, coa auga moi límpida, e unha grea de cabalos salvaxes, foron as nosas primeiras paradas, onde tamén atopamos pegadas, pensamos que de lobos. A man de Alex eran tan grande coma as das pegadas.
Anxo chamounos para ver de cerca unha das formacións graníticas que fannos voar a outros tempos xurásicos.
¡Grandes pegadas de dinosauros! Parecen os ocos nas rochas. Levounos un tempo analizar que serán, e o resultado é: os collóns dun magnifico Diplodocos (porque as pegadas son grandes e redondeadas).
O vento zoa que dá gusto, pero monte arriba, moi arriba, chegamos ao monumento natural do Castelo de Boivão, onde paramos para repoñer as forzas, comer e beber, e logo a explorar as rochas (flipantes), covas e outros recunchos que volven facer voar as mentes a outros mundos.
A volta foi mais lixeira e seguimos atopando pegadas de lobos.
Cando xa mirabamos o fin do camiño e co solpor enriba, metémonos, como din en Portugal, “no meio do mato”.
O cabecilla da pretoriana, neste intre, foi Alex, que coas mans e un pau foi abrindo paso entre os toxos.
Pero non atopamos saída, así que dimos a volta e volvemos ate a pista de terra, onde case escapo con dous homes portugueses moi amables ¡¡¡e cun todoterreo!!!.
Pero son unha persoa fiel e leal cos meus compañeiros e fun con eles ate o final do camiño onde estaba o carro.
Creo que en resumo foi un día, sobre todo, no que rin moito e gocei do camiño e da garda Pretoriana que me acompañaba ou que eu os acompañaba a eles.
Moitas grazas por deixarnos compartir outro día con vós.
Ate a Próxima.
Bicos de Nai.
Bego.
Enhoraboa!!!! Outra cronista mais!!! Bravo amiguiña pola túa crónica. Estou encantado de que vos unades nesta aventura dominical. Apertas
ResponderEliminarUnha crónica fresquiña e, á vez, cálida, desas que acariñan cun vento amable as velas do noso barco, e que lle dan calor e color a nosa bitácora. Certamente este ano non podía comezar mellor, con tantas palabras encontradas... Biquiños, prima.
ResponderEliminar