E148 Sendeiro do Río da Fraga (Moaña)



Meu querido Anxo,

Verdadeiramente ben mereces a túa crónica, porque dende que aceptei o encargo, cada vez que nos vemos, disme E a crónica?, e xa foron varias veces, e creme, xa non fai falla que o verbalices, mírote, e dígome, “a crónica”, e xa, case que vou tentar sacar este choiño do medio.

Pero antes de empezar a escribir algo, vinme na necesidade de saber que era unha crónica, por que preguntéime e, eu sei que realmente quere dicir iso?, e…
Fun a Google, e escribín:
Crónica
De Wikipedia, la enciclopedia libre
Una crónica es una obra literaria que narra hechos históricos en orden cronológico. La palabra crónica viene del latín chronica, que a su vez se deriva del griego kronika biblios, es decir, libros que siguen el orden del tiempo. En una crónica los hechos se narran según el orden temporal en que ocurrieron, a menudo por testigos presenciales o contemporáneos, ya sea en primera o en tercera persona.
………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………...…
Ai, meu deus, dado como estou configurada, fixen un esforzo en recordar o nome do pateo, “a rota da fraga”, pero moito máis rigor na información espazo-temporal non sei se serei quen, polo tanto Anxiño, en vez dunha crónica, vasme permitir pasar ao relato, que me parece que pode ser menos esixente, (polo menos no que refire ao orden temporal), e voume sentir mellor na súa creación.

Como ben che comentei, debín empezar a escribir sobre ese día unha chea de veces, pero púñao nun papel, e despois…, desculpas, non hai que darlle mais voltas, pero aquí estou, afiando o lapis, disposta a narrar o meu primeiro pateo tras unha ausencia de 15 meses. Carainas, canto tempo, tanto…


¡Que janas tiña de andar.!
De cheirar os camiños, de escoitar a terra

Xa sei que ben me entendes, porque tamén ti estiveches retirado dos camiños, e isto si é unha droga, vaia, e ben poderosa, con efecto reverberante, no podes afastala da cabeza… non podes andar, que chungo, e tes que aceptalo, e nas túas profundidades desexas que non sexa para sempre, pero, non se sabe, ….longo tempo de duelo….


Titulo do relato:

OS MEUS PÉS DA TÚA MAN

Domingo, 8 de novembro de 2009

Por moi enmerdada que me atope, póñome a andar, e coas miñas pegadas vaise soltando lastre,
o meu sistema reinicialízase.


Era domingo, espertei
o meu horizonte chegaba ata a parede de enfronte do meu cuarto
o meu ánimo acochado entre as sabas,
non quería perder o calor, non quería saír
estaba laxa
completamente laxa

Un pensamento…. Pode ser unha idea!
Chamo.…”El teléfono móvil está apagado o fuera de cobertura…”OK.
Voume á rúa, vou dar un rulo
E coas chaves na man, a piques de marchar, devólvesme a chamada…
Sí Anxo, estupendo vou comer convosco e logo... xa verei…
Tiña gana de andar, moitas, moitas ganas,
Levaba un calzado axeitado, pode que o tentase….

Fumos xantar,
Georgina e Anxo, unhas ás de polo e calamares,
un cocidiño, dimos en compartir Miguel mais eu, porque como ben este dicía arrimábase ao corpo
tamén unha botelliña de mencía andou a acochar por enriba da mesa, cando ela acabou de respirar, nós xa a tiñamos ventilado.

Ben, arriba los corazones, animosos e ledos rumbo do Morrazo a percorrer a rota da Fraga.

Decidido, ía intentalo, hoxe era un día importante….

E empezamos, un pe, seguido do outro pé,
pé, pé, pé, pé,…vai ben,
podo patear.

E meu deus que sorte, era un camiño precioso, á beira do río, un río que baixaba cheo recheo de auga, chisporreando nas rochas, limpo, cantareiro, fresco, íamos os dous ben recontentos…
Os paxaros a piar, o ar limpo, cantas fragrancias a recuperar…

Estaba sendo bendecida pola terra
O meu corazón en plenitude,
O meu gozo infinito,
Mais dun ano afastada dos camiños
Estes camiños que tanto me dan e tan ben me fan
O meu pe despois de quecer un pouquiño apenas reclamaba a miña atención
ben sei eu que tamén estaba a disfrutar,
el sabía que era moi importante, e a súa colaboración e boa disposición permitiríanos seguir sentindo todo o que estabamos a sentir, el queríao, o seu compañeiro tamén, e eu, sabía que era outra etapa distinta, outro xeito de andar, pero era posible.

Era unha rota perfecta para a miña nova incorporación, un leve ascenso, o río ao meu carón, o chan engalanado coas cores do outono, o ceo azul despexado, a temperatura estupenda,
os meus companheiros inmellorables;
deixábanme ir na cabeza da cuadrilla, estreando cada centímetro de camiño,
e Miguel prestoume o seu bastón, complemento que a partir de hoxe íase facer imprescindible na miña mochila.

E xa a piques de escurecer chegamos ao noso punto de partida, sans e máis grandes e fortes.

Boteille un merecido grolo de auga ao corpo, que tras unha tarde oíndo a súa cantinela, tiña ben de ganas de darlle un tento, e confeso que gustei de sentir a sede.

E unha vez máis Anxiño, os meus pés da túa man.
Hai anos, achegáchesme a Caminhantes
Hoxe achégasme a Eivadinhos.
moitas grazas.

iolanda, novembro 2009

2 comentarios:

  1. Ben fixen en acollerme ó relato, porque o nome do pateo por moito esforzo que eu fixera, non e "a ruta da Fraga", si non o "sendeiro do Río Fraga".
    Certo, se asemella, pero... menuda cronista!!

    ResponderEliminar
  2. Queridiña: o de menos é o nome, ruta, sendeiro o percurso, que máis da... o que si conta é o esforzo de facer unha crónica fermosa como a tua. Esperemos que cunda ó exemplo entre outros eivadiños, que dín que si e despois e que non. Grazas pola túa particular visión das nosas pegadas.

    ResponderEliminar

Archivo del blog

Seguidores