Eivadiños

Alá na Peneda do Lobo
onde conta as súas andanzas
funga o mar, dende Fisterra
ata a Guarda, rebule
o escumallo mentres medra
a tóxica, onda fermosa
e perigosa a un tempo.

Din os que saben que é
unha onda indomable,
que non hai nada igual
nos mares do continente.
Nin os malabaristas das
ondas son capaces de amansar.

É un mundo forza que xurde
das profundidades do océano,
que nos fala de lendas,
de naufraxios inesquecibles,
de mariñeiros, loitadores eternos,
dos cantís salvaxes da costa de Breogán.

Polo alto da Peneda do Lobo
camiñan animados os eivadiños,
esmagando pedras e toxos
á procura das nosas raíces naturais,
por lugares onde o home
sinte e goza a paisaxe libre.

2 comentarios:

  1. Querido mestre: como ondas indomables os teus versos sacoden os peitos eivadiños, navegan as nosas veas e deixan un poso desa terra que damos en chamar patria. A nosa humilde casa semella un fermoso pazo dende que a habitan as túas verbas.

    ResponderEliminar
  2. leo, leo,
    sigo lendo, e non me afarto de ler...
    pouso outra vez meus ollos enriba desta cantiga
    que faime rebulir...
    leo, sigo lendo...
    gracias

    ResponderEliminar

Archivo del blog

Seguidores