Sábado, 28 de novembro de 2009
Descripción do percurso e mapa (pdf PR-G 95)
Antolláseme difícil a tarefa de facer unha crónica á altura das circunstancias, na que describir os sentires que me recorreron nesta xornada na que os Eivadiños e os Camiñantes en vez de medir forzas xuntáronas, e compartiron pegadas e palabras, facendo causa común, porque en definitiva son máis as cousas que nos unen que as que nos separan.
Penso que sería máis axeitado que fose Zalo quen escribira esta páxina da nosa historia, porque en definitiva el é o xermolo e alento principal destes colectivos que xa chegan o centenar e medio de convocatorias, máis de trescentas saídas entre os dous, e porque penso que sen os seus desvelos outra cousa sería e mesmo, polo que atangue os Eivadiños, non sería, xa que para nós sempre foi imprescindible o seu apoio. A súa prosa, ou máis ben a súa épica, é sempre difícil de superar, así que non vou intentalo, polo que espero que se algo se me queda no tinteiro teña a ben corrixilo ou engadir as anécdotas que non fun quen de recoller.
Axeitado sería tamén que fose Salomé, incansable camiñante e principal alento das tropas nómadas, quen nos fixera un relato agarimoso desta andaina conxunta, xa que os seus sentidos captan cousas que a min se me escapan, e é quen de interpretar a linguaxe da terra e ata nos silencios atopa os seus sentires. Ou o noso Miguel Panette, quen levou todo o peso da organización deste evento, dende a xestión da merenda ata a folla de ruta, e que sempre confecciona unhas crónicas moi emotivas, aínda que lle leve o seu tempo.
Pero se non hai outra, e esperando que calquera dos citados, ou do resto dos asistentes, lle engada o que estime pertinente (ou impertinente), fareino o mellor que poida... O certo é que os Eivadiños levabamos os deberes feitos. O domingo anterior fixeramos o sendeiro dos Carranos na súa totalidade, constatando que non hai moito que remarcaran a ruta e que limparan aquelas partes do camiño nas que a vexetación estaba máis mesta. E durante a semana o Miguel estivera ó tanto da xente que se sumaba á merenda dende o foro do CdC, ata acadar o número de trinta ¡era algo máis do que esperabamos!.
Ó final fomos corenta e tres os que aparecemos na rectoral de Fofe, o punto que fixaramos como partida. E cando chegamos os anfitrións xa estaban o groso das tropas camiñantes a enfundarse en roupas hidrófugas e botando as mochilas ó lombo. As prediccións meteorolóxicas non eran boas, e xa estaba caendo unha poalla persistente, mentres se multiplicaban as apertas e os bicos nos reencontros con aqueles que levabamos tempo sen ver.
Para min foi especialmente emotivo atoparme outra vez con Uxío e Montse, con quen non coincidía dende o noveno aniversario do CdC, dos que gardo boas lembranzas e cos que deseguida xorden os sorrisos sinceros. Espertóuseme nostalxia do Belelle, daquel fin de semana bonito no que nos acolleron alí.
Tamén agradoume a sorpresa de que fixera presencia un dos fundadores dos Eivadiños e membro daquel extinto Cómite Central dos Camiñantes, o Nacho, que estivo orbitando na miña cobertura emocional durante anos e que levaba un tempo desaparecido. Aledoume volver a compartir camiños cos amigos do Casal de Sistelo, Ramón e Yuka, eivadiños de primeira, exploradores incansables do norte portugués, que lograron vencer a súa fobia polas multitudes para esta ocasión especial.
O Alex, un dos novos valores do noso grupo, que na véspera o dera todo no concerto dos Aphonnic (non ser ñus é teclear http://www.aphonnic.com/ para escoitar a súa música), flipaba co poder de convocatoria do CdC, mentres saudabamos agarimosamente a Salomé, que ten o corazón tan grande como para sentirse camiñante, eivadiña e nómada ó mesmo tempo.
Saudei a outra que milita eventualmente en un ou outro club, Isabel Miranda, que viña con reforzos, a quen tiven que lembrarlle que aínda debía a crónica do Sendeiro da Liberdade. E celebrei tamén o encontro con Mariano, compañeiro de andainas e trepadas, e Giovanna que tentaba transmitirlle a Noa, aínda crecendo no seu ventre, o amor polas nosas xeografías.
Puxémonos en marcha o mediodía, dispostos a recorrer outra vez as terras de Covelo, situadas no extremo meridional dun extenso cordón montañoso que se estende de norte a sur do país, a Dorsal Galega. Estamos nunha área de media montaña cun relevo de contrastes altitudinais –configurada en torno ó Coto de Eiras, a Serra do Suído, a Serra do Faro de Avión, os montes do Paradanta e o val do Tea- que recibe a influenza directa das borrascas atlánticas.
Baixo o influxo dunha destas borrascas baixamos Eivadiños e Camiñantes mesturados, -non hai camiñante sen eiva, nin eivadiño sen camiño-, dándolle ás costas á estrada e internándonos nunha congostra empedrada pola que aínda son visibles as pegadas dos carros.
Ó fronte do pelotón o Panette avanza advertindo que as pedras están esvaradizas, e aínda que xa avisara no foro do CdC de que o terreo estaba bastante enchoupado e de que se trouxera calzado axeitado vexo que hai xente destemida e que se atreve a face-la ruta en tenis. Máis adiante confesarame que é novata... eso si, non lle escoitei unha queixa.
Tampouco a Iolanda, que aínda está en fase de recuperación do seu accidente no Kilimanjaro, se lle escoitou queixa algunha e baixou cara o río Tea, o tramo máis accidentado de todo o traxecto, a bo ritmo. Mentres, eu andaba para adiante e para atrás competindo cos numerosos fotógrafos que tentaban captar a maxia da carballeira pola que camiñabamos, falando con Isacc, que está a levar a organización dos actos do aniversario e que anda todo ilusionado con esta tarefa e ca súa próxima paternidade e con Montse, a quen tento convencer para que nos agasalle cun dos seus escritos para darlle novos pulos á nosa bitácora.
Chegamos á ponte medieval de Fofe sen novidade, e mentres Miguel comanda ó grupo polo aire que leva ata o Muíño da Ganza, eu quedo na beira do río esperando os rezagados. Xa sabedes, os Eivadiños non deixamos a ninguén atrás. Esto danos tempo a reagruparnos, e despois de facer reconto (o Zalo non daba feito con tanta xente), abandonamos o camiño carreteiro e seguimos unha senda de pescadores que vai pegadiña ó Tea, que neste tramo é dunha fermosura abraiante, alternando augas esmeraldas e níveas.
A borrasca parecía instalada definitivamente sobre as nosas cabezas, e a poalla transformouse nunha chuvia algo máis molesta, o que motivou que se formara unha caravana multicolor de paraugas ¡outra dos sinais identitarios dos Camiñantes! Aínda que teño que recoñecer que tiña o seu encanto o desfile de formigas imitando un arco iris.
A fraga de ribeira que discorría ó par do Tea é neste punto abraiante, xa que xunto ós carballos, bidueiros e salgueiros, atopamos bos exemplares de acivro, cerquiño e arando.
Tamén houbo algúns momentos de apuro para cruzar un pequeno regato que desembocaba no río, pero os corenta pasaron sen máis novidade, agás algún que mollou un chisco máis os pes. Algo máis adiante outro regato con máis caudal interrompía o camiño, pero unha pequena pontella de madeira, aínda que algo esvaradía, permitiunos sortealo sen problemas.
Neste punto o sendeiro vaise afastando do río, e o estreito paso de pescadores transfórmase nunha congostra máis ampla, deseguro parte do itinerario que seguían os carros tirados por bravos bois, carregados de madeira ou de toxo. Agora que enmudeceron as súas pegadas somos nós, camiñantes de toda condición, os que mantemos vivas estas arterias que recorren os nosos montes e chairas, e mantemos a memoria e mesmo somos quen de facer, tamén, historia.
E para que a nosa memoria colectiva, a do noso pobo, non se perda, é preciso que existan lugares como o que visitamos, despois dunha hora de marcha, e que forma parte importante do noso patrimonio etnográfico: o Serradoiro dos Carranos. Situado nun lugar idílico, na confluencia de dous regatos, está situado este complexo hidráulico que abriron, previa cita, para nós.
Aínda que chegamos á hora indicada aínda nos fixo esperar un bo anaco o Señor Joaquín (Miguel e Uxío fixeron as xestións necesarias para que viñera canto antes). Este bo home non era un funcionario do concello, como pensabamos, senón o propietario do serradoiro, e quen mellor que el, que traballou dende cativo, durante toda a súa vida, nesta “factoría” de carros, para explicarnos o seu funcionamento.
Eu fixen un resumen da información que recompilei sobre o tema, aínda que foi moito mellor escoitar de primeira man os segredos desta maquinaria que, penso, e bastante insólita:
O SERRADOIRO DOS CARRANOS
O serradoiro dos Carranos utiliza a forza motriz da auga para move-la serra e foi construído en 1922, coincidindo coa central hidráulica de Chicoreiras, que producía a luz para o entorno. Consta de catro edificacións: un sequeiro e almacén de madeira, unha pequena forxa, outro almacén auxiliar e o serradoiro propiamente dito. Tamén podemos apreciar un pequeno forno para a queima dos residuos e os raíles para o transporte da madeira ata a serra. A dedicación principal deste conxunto era a fabricación de carros, e a súa localización se situaba á beira do camiño empedrado que levaba a Ourense, polo que pasa hoxe en día o sendeiro.
Está situado todo o complexo na xuntanza do regato de San Breixo e o de Vixiáns, e neste último se construíu unha pequena presa para facilita-la recollida de auga, que se canaliza a través de dúas comportas cara á levada que verte á noria, que ten un diámetro de máis de seis metros. Estas comportas ábrense á man, coa axuda dun sacho, e o acceso ata elas faise a través dunha escaleira tallada na rocha. No tramo final da levada unha última comporta permite abrir e pecha-lo paso da auga dende dentro do aserradeiro. A noria recibe a auga e transmite o seu movemento ó conxunto de rodas e correas de transmisión, que posteriormente moverán as máquinas.
As rodas e correas de transmisión atópanse no soto do aserradeiro. As rodas non se cambiaron dende a súa construcción, e incluso unha das correas, feitas en lona, e a orixinal de 1922. Dende aquí a forza só se pode transmitir ou a serra de cinta ou ó conxunto de dúas máquinas: un torno e un cepillo, que dispón ademais de serra circular e taladro, xa que só unha das correas pode estar traballando.
O aserradorio foi construído por Benito Valdes sobre a base dun antigo muíño, estando en funcionamento ata finais do século pasado ó mando de Joaquín Vales, o seu neto, e traballase a madeira da conca do Tea, especialmente carballos, piñeiros e bidueiros. “Os Carranos” como era coñecida a familia Vales, fabricaban táboas e vigas para a carpintería propia onde logo construían os carros, e tamén apeiros de labranza, estructuras para a casa e ata mobles. Aquí traballaron ata trinta persoas, nos tempos de maior actividade.
***
Mentres facíamos a visita cultural desatouse a furia dos ceos e Miguel, con moi bo criterio e exercendo o seu papel de líder, acordou que agardaramos dentro do sequeiro, aínda que algúns, como Mariano e Nacho xa tiñan dado boa conta do bocata, sen esperan a ninguén ¡que xente insubmisa, esta tropa do carallo!.
Unha vez que escampou e que rematamos o almorzo, señor Joaquín puxo en marcha o mecanismo que, coa forza motriz da auga do regato de Vixiáns, chamado tamén dos Carranos, se puña en marcha ó empezar a moverse a noria, as rodas e as correas déronlle vida ós diversos trebellos utilizados no tratamento da madeira, e o dono do serradoiro respostaba ás nosas preguntas. Despedímonos del satisfeitos pola visita, e puxémonos en marcha cara Maceira.
A nosa caravana multicolor pasou de esguello pola aldea de Pencellos, un feixe de casas rodeadas de campos nos que pastaban ovellas e vacas, onde as miradas máis curiosas detivéronse na Fonte de Maquián, rodeada de diversa iconografía relixiosa. Pouco máis adiante atravesamos o núcleo rural de Vales, no que se mesturan belas reconstruccións de casas solarengas con mostras salientables do feísmo galego, no que se mesturan os materiais de fortuna máis incribles.
Incrible é tamén o noso empeño, desafiando ós elementos e a cordura, mentres escoitabamos ó lonxe algo parecido ó ronquido dun corno. Non sabiamos moi ben a que era debido o monótono fungar dese son ancestral, había teorías para tódolos gustos, e Montse contounos que no Belelle utilizaban tamén a chamada do corno para as xuntanzas do pobo, aínda que neste caso semellaba que ben podía ser para espantar os lobos, que aínda quedan na Serra do Suído. E un seareiro que atopamos inzado a unha levada, para sortear o camiño enlamado polo que pasamos, nos confirma que o home que fai sonar o instrumento ancestral, que divisamos ó lonxe, faino ca intención de arredar o lobo do gando que pasta nos arredores da aldea.
Tomamos un aire cara a praia fluvial de Maceira, iniciando un abrupto descenso que fixo estremar as precaucións a máis de un, xa que o camiño empedrado estaba bastante esvaradío, e mesmo unha das filas camiñantes leva unha boa pancada, aínda que eu non me percatei ata máis tarde, cando xa de volta Iolanda me dixo que unha rapaza quedara atrás, quizais mancada, e subín con Alex a trote cochinero para atopar a camiñante rezagada, que non sufrira dano algún, senón que decidira esperar a nosa volta. Era outra a que caeu, pero esta si baixou ata a praia, na que non estivemos moito tempo porque caía sobre ela un auténtico diluvio.
Xa no regreso, unha vez pasado o punto onde comeza o aire, sorteamos o regato de San Breixo polos pasos de Portoliñares, un dos lugares máis emblemáticos, ó meu ver, da nosa ruta. Era algo máxico ver os camiñantes saltando polas poldras desgastadas, e deume mágoa quedarme no cruce, para que ningún despistado collera unha dirección errada, e non poder quitar unhas boas tomas para inmortalizar o momento.
Unha agrupación de lepiotas esperta o interese das xentes do Seixo e de Belelle, e na súa procura quedamos algo afastados do grupo, cos amigos do Casal de Sistelo, e finalmente é Miguel quen arrinca tres magníficos exemplares, mentres Montse inicia unha interesante explicación sobre fungos e cogomelos, que esperemos poder ver por escrito en breve entre estas páxinas.
Atravesamos unha tupida carballeira, na que tamén abundan as sobreiras, sen conseguir dar alcance as tropas dirixidas a “ritmo eivadiño” por Panette, disfrutando da conversa e da fermosura da natureza que nos envolve, mentres a chuvia volve mudar en poalla e, mesmo a momentos, a desaparecer. E non volvemos a contactar co grupo ata chegar outra vez o camiño onde se pecha o círculo e cólleos o sendeiro do río, o mesmo que fixemos de ida, onde parece que este aínda creceu un chisco máis.
Aproveitando a crecida un feixe de piraguistas decidíronse a cabalgar as augas brancas do Tea, nun tramo xa esixente que nestas condicións lles obriga a baixar das súas embarcacións para inspeccionar os pasos máis difíciles antes de afrontalos. Espértame a nostalxia daqueles tempos, si, pero ¡que carallo! eu xa tiven a oportunidade de soltar adrenalina, neste e noutros ríos, e ben que o disfrutei, e agora toca gozar da natureza doutro xeito, máis paseniño pero igualmente enriquecedor.
Chegados á ponte medieval apertámo-lo paso, non fora ser que nos deixaran sen merenda, e ascendemos a bo ritmo cara Fofe, sen saber que algúns dos nosos (e cando digo nosos xa non fago distincións), estaban a piques de chegar porque no seguinte desvío colleron o camiño de ida, o máis curto, en vez do de volta, e xa desapareceran cando nós chegamos a rectoral. Magoa non poder despedirnos como era axeitado, pero entendo que os que no quedaban a paparota tiñan ganas de chegar a casa e darse unha ducha quente.
Mudámonos de roupa e entramos no comedor cunha fame negra, e despois de xuntar as mesas que puidemos (quedaron un par delas illadas) procedemos a dar conta da merenda: empanada, croquetas, queixo e embutidos. Todo estaba exquisito, aínda que a min semelloume un algo escaso, quizais polo espacio que houbo entre prato e prato, e o viño podería ser algo mellor, pero penso que polo que pagamos estivo bastante ben, non sei que pensaría o resto.
O mellor de todo, e para rematar, foi o brindes do noso guía Panette, que falou moi ben falado do senso desta xuntanza entre Eivadiños e Camiñantes: somos diferentes, si, pero son máis as cousas que nos achegan que as que nos afastan.
Espero que esta crónica, con ser excesiva, non remate aquí, e que nos fagades chegar as vosas impresións, anécdotas ou insultos, que todo cabe na nosa bitácora, e que moi pronto volvámonos ver nos camiños. Apertas e bicoliños.

No hay comentarios:
Publicar un comentario