Eivadiños
E298 Sendeiro do Pantano de Irabia (Val de Aezkoa): Crónica e fotos
E298 Sendeiro do Deza (Vila de Cruces - Silleda): Crónica e fotos
E297 Sendeiro da Fraga do Barragán (Fornelos de Montes - Pazos de Borbén): Crónica e fotos
E296 Sendeiro da Soavela (Cangas do Morrazo): Crónica de Sonia e fotos
E295 Trilho de Corno de Bico (Paredes de Coura): Crónica de Sonia e fotos
E294 Sendeiro do Baixo Lérez (Pontevedra): Crónica e fotos
E291 Polo corazón da Selva de Irati (Val de Salazar): Crónica e fotos
E290 Ascensión ó Castelo de Acher (Val de Hecho): Crónica e fotos
E288 Sendeiro da Freixa (A Lama): Fotos e crónica de Sonia
E287 Roteiro de Donón (Cangas do Morrazo): Fotos e crónica de Sonia
E285 Sendeiro dos ríos da Fraga e do Beque (Moaña): Fotos e crónica de Sonia
E284 Polos montes de Moaña e outros mundos
E284 As lecions do mestre Chapela nos cumios do Morrazo
E282 Sendeiro dos Cons (Vilagarcía de Arousa): Crónica e fotos de Ana
E281 Trilho interpretativo de Lamas de Mouro (Monçao): Fotos e crónica de Miguel
E180 Trilho do Alvarinho (Valença)
Información técnica da ruta en SUDANDO BOTAS
Domingo, 12 de setembro de 2010
Custoume arrincar a escribir esta crónica, si señor....., cada vez que pensaba en escribila me viñan repentinamente as calores que pasei, que pasamos!!, os seis Eivadiños que eramos nesta ocasión. A saber: a incansable osmona de mapas e rutas novas Yuka, o seu inseparable complemento, Ramón, o apreciador e disfrutador dos camiños Alex, o grandísimo reporteiro fotográfico das bondades de natura, Xacobe, o xenio e figura, amante e reciclador nos camiños, Anxo, e esta que escribe, sempre aproveitando as sutilezas da natureza para medrar en tranquilidade e para pousar a miña ánima inqueda e ansiosa de vivi-la vida que me ocupa.
Seis eran seis, e qué bo número!!. Enfiamos dende o Concheiro dereitiños ao Stop, os meus cinco compañeiros xa levaban instalada a intención de papar unha boa dose de arroz malandro, eu me sentía estoica e optei polas verduriñas, as vacacións pasaron factura no meu peso e unha é de bo xantar así que tocaba coidar a liña si ou si, e de todos xeitos a cociña do Stop nunca defrauda. Ningún de nós quixo sobremesa nesta ocasión, será que as vacacións pasaron factura ao peso de
tod@s
?, jejejejeje......
A intención era facer un novo roteiro, teoricamente inaugurado en xullo, polas inmediacións de San Fins e de Monte Faro, duns 9,6 qms. A min me atraía moito a pateada, xa me estaba relambendo pensando en unila e facela máis longa para levar ás tropas Nómadas de cara ao inverno, San Fins está enclavado nun lugar moi especial, as inmediacións do Mosteiro e este mesmo son unha xoia enerxética e acougante, e levaba tempo coa intención de levar a Nómadas a patear por eses montes de Valença a que recibiran a xenerosidade deste lugar que a min me engaiolou dende o primeiro día que o visitei e que pateei por el. Sentíame cansa tras patear o día anterior por Castro Leboreiro onde deixei unha boa dose das miñas enerxías no lugar, subindo e baixando como unha cabritiña pola maxestosidade dunha zona que sempre saca o mellor de min, pero non quería renunciar a patear cos meus amigos e pensei que levaría de fábula a fórmula Eivadiña, solo que eu non parecía este día ser a única que estaba cansa, aí, quen máis quen menos estabamos todos desfurricados, jajajajaja....., polo menos o cincuenta por cento dos que nos xuntamos neste día.
O thrillo de Alvarinho está ubicado nas freguesías de Boivâo e Gondomil. O punto de saída sería da Igreja Parroquial de Boivâo e pasariamos por Paço, Quinta da Igreja Velha, Lordelo de Cima, Silhâes, Fujaco, Carvoeira e Cima de Vila. Pasariamos polos moinhos da Encostra da Furna e todo sería así de bonito e de cultural a non ser porque nos atopamos que aí non había sinais marcados por ningures. Tan solo tiñamos o mapa de Yuka e Ramón e as ganas de non perdernos, pero...., foi ser que aquilo non había por onde collelo!!!, e eu non levaba nin un quilómetro feito e xa perdín as contas do camiño e empecei a deixarme levar pola boa guía de Yuka, imposible memorizar nada de tanto ir e vir, de tanto meternos por un camiño e dar marcha atrás porque debía de ser outro. Son as cousas dos novos camiños amiguiños!!.
Así que a partires de un tempo tentando lembrar o camiño desistín e dediqueime a camiñar, a compartir conversas e a escoitar aos meus amiguiños falar disto ou daquilo; a calor era abafante e todos houberamos agradecido atoparnos cun sitio de baño, pero ía ser que non neste día. Camiñamos entre pinos e máis pinos, atopamos unha canle cun muíño vello medio derruído, Alex e máis eu unímonos nunha conversa a propósito dos amores imposibles, Xacobe perdeuse dos demais ocupado en facer fotos e atopounos subindo monte a través a golpe de gritos e uns e de outros. Atopamos uvas deliciosas no camiño e puxémonos as botas papando nelas, o Alex tivo unha regresión á infancia cos arumes destes froitos, el chamábaas " uvas americanas ", a saber!!, na miña terra nunca escoitara ese nome, pero xa sabemos que na Galiza cada rexión ten os seus nomes e apelativos para a mesma cousa, así que si el o dicía por algo será!!....
Paramos nun palco de festas decorado moi xeitosamente, tiña pintado o mural cunha paisaxe que invitaba ao baño, mágoa que fora de " mentira ", co seu río fluíndo, as súas árbores ofrecendo sombras, nós tivemos que conformarnos coa sombra que había baixo unhas mesas e bancos de pedra e aí nos tiramos unha chea de tempo amparados dos raios de Lorenzo, ninguén tiña moitas ganas de seguir recibindo as súas xenerosas calores, a verdade. Alí fixemos fotos, algúns se mollaron as cabezas na fonte, deitámonos na mesa de pedra e amolamos todo o que puidemos e máis antes de seguir o roteiro. Para ese momento xa estabamos a pedir cañas, cañas e máis cañas, jajajajaja.....
Seguimos camiño caminiño e Alex, Xacobe e Anxo dedicáronse a valorar quen destas dúas actrices españolas estaba máis boa, se Elsa Pataki ou Leonor Watling, para gustos cores e aí me puxen as botas en cuestión de gustos masculinos. Que si unha era sensualidade e a outra solo estaba boa, que se a min me gusta máis esta que aquela....., en fin!!, homes!!, pero me gusta estar entre eles, aprendo moito e tento sacar algún proveito para futuros comportamentos femininos con respecto a estas conversas...., quen dixo que no camiño non se aprenden cousas???.......
Por fin, todos máis cansos que outra cousa e sen ganas de seguir investigando, decidimos acurtar vía mapa porque de todas todas hoxe non era o noso día camiñante e dende logo aí non había moito máis que sacar. Eu xa sei que terei que volver a explorar ese roteiro se quero levar as miñas tropas a facer ese mix que pretendía. Para máis recochineo, ao pouco de volver ao noso punto de partida, na Igreja de Boivâo, se nos presenta de repente unha piscina enoooorme como vacilando. Era realmente unha piscina, non sei se municipal ou privada, pero aí estaban os vestiarios, os baños e......., unha enorme valla dobre con pinchos incluídos que nos impedían o paso. Aínda así, esta e máis algún máis quixemos tentar traspasar semellante obstáculo, e eu estou convencida que o houbera conseguido se non fose porque ao final, as augas da piscina non eran moi invitadoras precisamente, augas estancadas e verdosas que me fixeron desistir do tan ansiado baño.
Rematamos tomando unhas merecidísimas cervexas fresquiñas na Parroquia de Borivâo, nunha especie de chiringo entre praieiro e montañeiro, onde na parte de atrás había persoal asando castañas mentres a calor era tan intensa que a min se me antollaba totalmente contraditorio, unha actividade invernal nunha tarde na que facía unha calor do copón. En fin!!, así é Portugal....., menos mal!!!.
Os tres preciosos, Xacobe, Alex e Anxo, aínda se animaban a unha tarde noite de cine, ían ver " Lope ". Esta señorita precisaba regresar a casa e descansar, descansar, descansar. Cada ouvella coa súa parella nos despedimos de tres en tres, eu marchaba co dúo dinámico Ramón e Yuka cara a Vigo.
Tarde Eivadiña pasada por calores, conversas nada serias, obstáculos varios, camiños nada invitadores e aínda así, contentos de ter compartido o noso tempo. Amiguiños!!!.
Qué próxima aventura nos deparará a xuntanza Eivadiña???......, despois da publicidade!!!!....., jajajajaja......
Agradecida!!.
Salo.
1 comentario:
Sudando Botas
17 de septiembre de 2010, 11:41
Ficha técnica de la ruta
Responder
Eliminar
Respuestas
Responder
Añadir comentario
Cargar más...
Entrada más reciente
Entrada antigua
Inicio
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Archivo del blog
►
2014
(1)
►
enero
(1)
►
2013
(22)
►
diciembre
(2)
►
noviembre
(2)
►
septiembre
(4)
►
julio
(1)
►
junio
(1)
►
mayo
(2)
►
abril
(1)
►
marzo
(4)
►
febrero
(2)
►
enero
(3)
►
2012
(10)
►
diciembre
(5)
►
noviembre
(4)
►
octubre
(1)
►
2011
(11)
►
marzo
(4)
►
febrero
(4)
►
enero
(3)
▼
2010
(41)
►
diciembre
(2)
►
noviembre
(3)
►
octubre
(5)
▼
septiembre
(5)
E182 Sendeiro do Baixo Almofrei (Cotobade)
E181 Sendeiro circular do Baixo Tea (Salvaterra)
LUME NO XACOBEO
E180 Trilho do Alvarinho (Valença)
4º Aniversario de Eivadiños
►
agosto
(3)
►
julio
(1)
►
junio
(3)
►
mayo
(5)
►
abril
(1)
►
marzo
(2)
►
febrero
(5)
►
enero
(6)
►
2009
(65)
►
diciembre
(5)
►
noviembre
(7)
►
octubre
(5)
►
septiembre
(7)
►
agosto
(8)
►
julio
(3)
►
junio
(5)
►
mayo
(4)
►
abril
(9)
►
marzo
(4)
►
febrero
(6)
►
enero
(2)
►
2008
(35)
►
diciembre
(3)
►
noviembre
(3)
►
octubre
(2)
►
septiembre
(2)
►
agosto
(3)
►
julio
(2)
►
junio
(2)
►
mayo
(1)
►
abril
(4)
►
marzo
(6)
►
febrero
(5)
►
enero
(2)
►
2007
(50)
►
diciembre
(5)
►
noviembre
(3)
►
octubre
(3)
►
septiembre
(4)
►
agosto
(4)
►
julio
(6)
►
junio
(3)
►
mayo
(4)
►
abril
(5)
►
marzo
(3)
►
febrero
(6)
►
enero
(4)
►
2006
(17)
►
diciembre
(2)
►
noviembre
(3)
►
octubre
(7)
►
mayo
(5)
Seguidores
Datos personales
eivadiños
Ver todo mi perfil
Autores
Alex Alén
(1)
Begoña
(1)
Dalia López
(1)
Iolanda
(1)
Luis Chapela
(18)
Miguel Panette
(7)
Nacho Betanzos
(1)
Salome Pinheiro
(14)
Sonia
(6)
Sudando Botas
(23)
Xacobe Casal
(4)
Zalo de Paramos
(8)
¿Quen anda por ahí?
Nómadas
El día que Nómadas diseñó in situ una ruta polifacética
Hace 8 años
Dominguer@s en marcha!
Hace 12 años
Sudando Botas
Herreruela de Castillería - Valdecebollas - Sel de la Fuente
Hace 12 años
La banda del Cheri
Red Bull Rampage Biggest Crashes
Hace 12 años
Congostra
Club de Camiñantes
Concellos
A Lama
(5)
Arbo
(1)
Arcos de Valdevez
(14)
Arouca
(4)
Arredor da Lareira
(15)
Baiona
(2)
Barcelos
(1)
Barro
(1)
Beariz
(1)
Bueu
(3)
Caminha
(5)
Cangas do Morrazo
(11)
Cartelle
(1)
Cenlle
(1)
Cerdedo
(1)
Cotobade
(9)
Covelo
(9)
Esgos
(1)
Folgoso do Courel
(3)
Forcarei
(2)
Fornelos de Montes
(2)
Galende
(1)
Gondomar
(4)
Leiro
(1)
Meis
(1)
Melgaço
(2)
Melón
(3)
Moaña
(7)
Mondariz
(5)
Monçao
(11)
Nigrán
(3)
O Rosal
(2)
Oia
(1)
Oscos
(5)
Paredes de Coura
(31)
Pazos de Borbén
(3)
Pirineos
(2)
Ponte da Barca
(5)
Ponte da Lima
(5)
Ponteareas
(3)
Pontevedra
(5)
Punxín
(3)
Quintela de Leirado
(3)
Ribadumia
(1)
Rivadavia
(1)
Rivello
(1)
Salvaterra do Minho
(2)
Silleda
(1)
Tui
(4)
Val d'Agri
(9)
Val de Ansó
(2)
Val de Hecho
(1)
Val de Salazar
(2)
Valença
(10)
Verea
(3)
Viana do Castelo
(5)
Vigo
(13)
Vila de Cruces
(1)
Vilaboa
(4)
Vilagarcía de Arousa
(1)
Ficha técnica de la ruta
ResponderEliminar