4º Aniversario de Eivadiños



Lúa, 06-09-010.

Este domingo os Eivadiños tiñamos unha xuntanza moi especial. Todas o son pero esta máis porque iamos celebrar o 4º aniversario da existencia deste singular club, os Eivadiños; nunca se sabe ben qué clase de espécimes somos porque neste grupo máis que en ningún outro cada quen é do seu pai e da súa nai, se xuntan os noctámbulos cos vespertinos, os heavys cos románticos, os góticos cos hipies, os progres cos conservadores, os desaforados cos hare krisnas...., e milagrosamente todos estamos con todos e por enriba pasámolo ben.

Supoño que o Anxiño exterminador ten moito que ver con todo isto pois el é o eixe central destas xuntanzas, e a súa cobertura emocional é variopinta e multicolor, cómo a súa fértil personalidade. Eu tiña outra xuntanza este día, en casa de Loreto con outros amigos, pero non podía faltar ao aniversario Eivadiño, e coma este mundo as veces é cruel en canto ás decisións, tiven que tomar esta elección que me dividiu o corazón, pero en realidade a elección xa estaba feita, eu sabía que acudiría a Mondariz si ou si, non era unha pateada habitual, era o aniversario e estas cousiñas hai que coidalas!!.

Daquela a cita era este domingo en Mondariz ás dúas, na casa que teñen os seus pais alí nun enclave marabilloso, con vistas relaxantes e moi pretas ao río Tea, e o plan era o de xantar unha churrascada, escalibada, e o que se terciara. E despois, tal vez!!....., facer unha pateada. Eu quedei con él en que iría unha hora antes para axudar no que fixera falta, non tiña que levar comida pero non rexeitou postre, así que ata alí enfiei no meu coche cunha torta de froitas deliciosa, e catro pasteis extras por se non chegaba a parte doce, non tiña nin idea de quen acudiría e de cantos seriamos, coma sempre a asistencia Eivadiña é un misterio e moitas veces unha sorpresa.

Eu, organizadiña coma son para estas cousas, cando cheguei......., case me atraganto ao ver que o churrasco e o polo aínda estaban nas bolsas da compra, sen adobar!!. Georgina andaba pola casa buscando de todo porque era a segunda vez que estaba alí, e Anxo, mandilón no corpo, estaba a lavar e a cortar as verduras para facer a escalibada ao forno. Alex tamén andaba por aí, tentando poñer a mesa no xardín. Así queeee...., mans á obra!!, pedinlle un mandilón, que unha non se pon guapita para rebozarse nas labores culinarias así como así!!, e torturei a Georgina pedíndolle todo o que me facía falta, o que lle faltaba a ela!!, outra máis pedíndolle cousas que non tiña nin idea de por onde andaban casa adiante!!, pero en fin!, entre os tres fomos quen de ir preparando sen presa pero sen pausa un xantar que non sabiamos se era para vinte, para quince ou para sete.

Ao pouco chegaron reforzos, María e Xacobe, benditos!!, eles fixeron a parte dos canapés. O Xaime ( criaturita!! ) tamén andaba por alí facendo as brasas co cuñado de Anxo, Adolfo, e os seus sobriños tamén estaban na casa, Samuel, Mario, e un amigo invitado de Samuel, Brais, a este último tamén lle tocou facer de axudante traendo cousas varias que lle iamos pedindo. Un pouco máis tarde chegaban Ramón e Yuka ( a reporteira gráfica deste evento ) cuns espárragos na man, e pronto puxemos a Ramón a facer unha maionesa caseira para acompañalos, e tamén por se o churrasco e o polo resultaban intragables con media hora escasa de adobo, madre de deus!!. Bueno!!, a cousa parecía que fluía, dende logo non iamos comer ás dúas pero tal vez das tres en adiante todo ía semellando posible.

Chegada de Olga e Pablo ( o famoso Ozzy!!, vaia!!, por fin ía coñecelo!!, tanto me falou del Anxo... ), e pouco despois Xurxo e Maca. Javivi e Nuria chegarían máis tarde porque Javi traballaba. Así que cando nos sentamos á mesa eu, e todos!!, puidemos saber quen ía compartila. 19 Eivadiños..., bo número!!. Cunha fame nejra empezamos a comer os canapés de María e Xacobe, os espárragos de Ramón e Yuka, a escalibada e as patacas feitas por Anxo, o churrasco e o polo asados por Xaime e Adolfo, a ensalada de tomates feita por min, na mesa posta por Alex e Georgina. Todo era e estaba perfecto!!, o churrasco sabía a churrasco, o viño estaba bo e a compañía era o mellor de todo. Se estaba ben á sombra, coas montañas enfronte, cos sons do río preto, todo mesturado entre as nosas conversas e os nosos silencios mentres papabamos todo ese festín de cores das verduriñas deliciosas, tiña un colorido o alimento que só provén de mans que cultivan a terra, neste caso as mans da nai de Anxo, deixamolle os productos da horta cunha baixa considerable, pero os nosos bandullos ían agradecelo!!.

Houbo un momento no que algúns quixeron contar as súas eivas, eramos os Eivadiños, non si??. O Alex fíxonos rir contándonos con moito humor as súas operacións quirúrxicas, as súas eivas...., carallo!!, eran interminables!!, jajajaja...., e escoitamos unha disertación de como un " ovo " ( en linguaxe culta e para que nos entendamos...., un testículo! ), pode da-la volta..., ai que risa!!. Pablo nos dixo que a súa única eiva era que era celtista, aínda que Anxo non estaba de acordo, houbo un momento en que dixo que canto máis coñecía a Ozzy máis admiraba a Olga, a saber!!!. Pero a cousa das eivas non pasou de aí, ou ese día todos estabamos en fase olvidadiza, agás Ramón!!, que tiña moi presente a súa hernia!!, ou ninguén estaba pola labor de contar dores e penitas, a verdade é que estabamos moi a gusto todos ao aire libre nunha tarde de domingo que non nos castigaba con calores excesivas, cos bandulliños cheos e satisfeitos. Xurxo nos falou de que él e Pablo habían sido compañeiros na escola e acabaron falando da primeira comunión e dos estilos dos peiteados dos anos setenta, este Ozzy é especial, fíxome rir a mandíbula desencaixada coa súa visión do día da primeira comunión, foi moi divertido. Tamén houbo chanzas a costa de Xaime, dándolle un toque de humor a gravidade do que puido ser o accidente que tiveron de regreso dese super mega fantástico concerto nun castelo medieval en Portugal, resulta que o satánico apelou a deus cando tiveron o accidente...., vivir para ver!!!, se é que a educación católica apostólica e romana tamén deixa as súas eivas!!, jajajajaja....

Eu non tiña eiva física que contar, en todo caso, as miñas eivas son mentais, pero esa é outra misa e alí non había curas senón fregreses da amizade reunidos, e todo por unha boa causa, compartir momentos de calidade, que non é pouco!!. Tivemos momento crítica...., constructivaaaaa!!!, aos Alféizar, e Nuri nos falou do atuendo de Javivi cando participaba nos concertos, resulta que este se puña uns calcetíns nas súas partes nobres enfundado nesas mallas de leopardo e as féminas lle daban a noraboa a Nuri por semellante exemplar, ao que ela respostaba : o normal, non??, e as féminas lle dicían : pois menudo concepto que tes tí do normal, amiguiña!!. Claro!!, e que a Nuri se adicaba a mirarlle a cariña a Javivi mentres as demais se adicaban a mirarlle " o paquete ", e non se decatara da protuberancia incorporada, jajajajaja......., un momento moi chic e moi cachondo no que a risa volveu a ser inevitable no meu semblante e no dos demais tamén.

O momento do café tamén foi digno!!, alí non faltaba de nada. Café, licor café, tarta, pasteis, biscoito. Quen dixo fame??. Detrás de nós unha piscina apetitosa e de augas quentes polo sol, e o primeiro en estreala foi Anxo, co seu bañador de florecitas blancas, qué formal Anxiño!!, onde deixaches as ás escuras queridiño??, jejejeje...., deberon de quedar no derradeiro pub da noite pasada!!. Pronto se sumou Mario á festa acuática, ensinounos orgulloso as súas feridas de guerra da súa derradeira incursión en natura co seu tío, parece que caeu entre silvas e nos amosaba os rabuñazos con ese orgullo guerreiro dos que teñen o encontronazo coas temibles silveiras.

O Alex pediu un bañador tamén, que non ía ser el o que quedara sen baño. Ozzy..., espectacular!!, apareceunos cun bikini delicioso, nada de topless!!, él, recatadiño, coa súa parte de arriba e a súa parte de abaixo marcando ben o paquete, coma debe ser nunha casa de boa familia, que había nenos!!. Eu non estaba este domingo para molladuras, máis ben para compartir outras cousas, así que á sombriña, no céspede agradable, adiqueime a aliviarlle un pouco a Ramón as súas dores cunha masaxe mentres se oían de fondo as conversas, os xogos na piscina, as risas divertidas e relaxadas.

Moitos momentos agradables nesta tarde eivadiña!!, nun espacio que se prestaba á distensión, eu escoitaba falar aos meus amigos mentres repousaba nunha tumbona con vistas ao ceo, uns sentados ou deitados no céspede fresco, outros nos columpios. Javivi viu xunto a min e tivemos unha conversa internacional ( bó momento compartido, Javi!! ), e así ía pasando a tarde e o tempo. Aínda non estaba claro se iamos patear pero a min me ía chegando a hora de marchar, que por fin favorecía unha cita, cousa que levantou chanzas e moitos uhhhhhhh!!!, jajajajaja...., e recomendacións de que fora mala, moi mala!! e coa miña promesa de que polo menos, o intentaría. E mentres eu me cambiaba e me puña máis guapita aínda do que son ( humilde que é unha!! ), eles por fin decidiron saír a dar unha volta, eran ás oito e cinco da tarde, mágoa!!, me quedou mágoa de non compartir camiño finalmente cos Eivadiños, así que a Anxo non lle queda outra que facer outra crónica deste día, non pode quedar a xornada sen o relato da pateada, senón a fórmula Eivadiños non estaría completa e esta crónica non estaría rematada coma debe ser. Fagamos que sexa esta a primeira crónica compartida da historia de Eivadiños, Anxo!.

Catro anos!!, catro anos queridiños!!. Iso se di moi rápido. Eu tiven o privilexio de compartir dous aniversarios Eivadiños, os dous moi diferentes e os dous gardados xa con moito agarimo nas miñas vivencias. Gustoume moito que este día fora celebrado na casa de Anxo en Mondariz, para min particularmente era a segunda vez que visitaba a súa casa e dalgún xeito pechaba círculo neste entorno, a primeira vez entrei dunha maneira, desta vez entraba, e sobre todo saía, cunhas circunstancias moi diferentes. Espero voltar, porque a acollida e a enerxía desta casa ten moita vida, todo o que andiven por alí, tanto por dentro coma por fora, invita á vida. Noraboa Anxo pola familia que tes, se nota sobre todo a enerxía da túa nai en toda a casa, e sen coñecela persoalmente todo me falou dela neste día, dende os tomates ata o contido da casa por dentro.

Desexando ler a vosa andaina unida as miñas palabras, non me privedes dela plis!!.

Vémonos na seguinte, cando proceda.

Salo.

Aquí é onde empeza Anxo a escribir...

...Non houbo moito máis dende que marchou Salo. O día xa estaba esmorecendo, así que recollemos os restos do convite, fregamos catro cacharros e propuxen dar un paseo polo río. Si, dixen paseo, nada de andaina nin camiñata, nada que foxe para puntuar, xa que era tarde de máis e a noite ía collernos si ou si. Ademais había xente que nin calzado apropiado trouxera, algúns ían con sandalias e non era plan que a xente se mancara por tan pouco. Baixamos ata o Tea e seguímo-la senda fluvial a montante, entre salgueiros e carballos, con especial atención a Olga e María, que se estreaban na nosa semente de pegadas. Tiramos catro fotos, por aquelo de inmortaliza-lo día, especialmente cando chegamos a ponte de ferro, por onde cambiamos de beira, e na tumba do neno Valeriano que, cun algo máis de sombra aínda era quen de nos aparecer. Aquí deron volta Xurxo e Maca, que tiñan algo de presa por regresar a cidade. Nin tan sequera pasamos da pontella que leva cara a praia fluvial da Gándara, e mesmo así, como non podía faltar nunha data tan sinalada, tivemos tempo de perder a Ramón e Yuka, non sei moi ben como, os que tampouco sei moi ben como non tardamos en atopar. Chegamos á praia do Balneario xa de noite pechada, de tal xeito que ninguén quixo merendar, ou cenar que xa eran tempos, os máis porque tiñan o bandullo aínda cheo e outros porque tiñan que erguerse cedo ó día seguinte.

A pesares de que non houbera pateada regulamentaria, quedei satisfeito coa celebración, agás o feito de non contar coa presencia dalgún dos fundadores, pezas claves nesta historia que deu en chamarse Eivadiños... quizais se as nosas eivas nos dan para cumprir outro aniño...


1 comentario:

  1. O arranque da crónica estresa un pouco, incluso creo que supera a realidade.
    Menuda capacidade a de Salomé, rexistran mais teus sentidos que unha batería de videocámaras
    bicos pra todos. vémonos nos camiños
    Xacobe

    ResponderEliminar

Archivo del blog

Seguidores