O Exilio

O vento bate con forzas nas ventas do sur.
Esta casa que habito semella arestora
un barco antigo ancorado nun mar
de verde máxico esmeralda.

Alí pretiño cara a diante, un
fermoso carballo, vai perdendo
as follas abatidas polo seu siclo vital,
entre as herbas bravas, preludio
da invernía que amansa os sentidos.

Unha nostalxia invade os recantos
dos cuartos, mentres escribo en
follas brancas, xurde un intimo mundo
habitado polo silencio das palabras.

Así o lugar, vai mantendo viva a
súa memoria de moitos anos.
Aínda fican en nos outros camiños
que facer e andar, a globalización
non da asolagado a resistencia do pobo.

As veces algo xurde que aguilloa as
nosas bagoas solitarias, e as
feridas, esas que nunca curan.
Segue a choiva batendo nos vidros,
como a musica dun violín.

Na grela, memoria e loita, sempre.

Luís Chapela Bermúdez (no exilio da grela), outono 2010.

1 comentario:

  1. Meu amigo: os teus versos resoan coa forza do vento e das ondas en alta mar, e repinican como a saraiba nas lembranzas do meu propio exilio. As veces semella que non somos tan diferentes, estamos feitos de memoria e de loita, e dos sentires que debuxan a raia que afasta ós homes das bestas. Aledome de ter o privilexio de escoitar eses poemas demoledores da monotonía, na miña peceira do Cubillón. Apertas.

    ResponderEliminar

Archivo del blog

Seguidores