E183 Sendeiro de circular de Melón

Información técnica da ruta en SUDANDO BOTAS
Crónica e Fotos en NÓMADAS



Domingo, 10 de outubro de 2010
Come, anda e Vive

Non é doado o que ti pides¡¡¡¡ – díxome o meu irmán cando eu lla propuxen se coñecía algún grupo de boa xente que lle gustara a natureza e as camiñadas,mais sei de un rapaz, que pode se cadra encaixa, chamase Anxo e está nun grupo chamado os Eivadiños.

Despois de poñerme en contacto con tal Anxo, como se me coñecera de toda a vida díxome “Se non ves, manda mensaxe e así non agardamos por ti.” Cando tiña preparada a mensaxe para non ir, decidín non envialo e acudir a cita das doce e cuarto no Concheiro.

As presentacións obrigadas e as primeiras sensacións foron excelentes.

Comezamos a viaxe e a primeira paraxe foi para xantar en Melón, una vila totalmente descoñecida para min. Xantamos cocido galego, polbo, xamón, e demais ledicias culinarias, regadas con viño, cervexa, e unha doce sobremesa, como non, non podía faltar o licor café. Coas baterías cargadas comezamos a camiñada. As cores do outono verdes, ocres, marróns contrastaban, na primeira parte de camiño, coas autoestradas e o asfalto que nos recordaban que coa escusa do progreso o home é o maior depredador.

Despois de subir moitas costas chegamos ó primeiro paraíso, as fervenzas do río Cortella, beleza, paz, tranquilidade forza e sosego son os recordos que teño deste intre. Pasamos por distintas aldeas e falamos coa xente que nos atopabamos, pouco a pouco entramos no denso reino do mato e as arbores, apenas o GPS de Yuka guiaba o noso camiño.

Chuvia e sol acompañáronos durante o roteiro todo facía adiviñar que as seguintes fervenzas que iamos ver ían estar na súa plenitude mais salvaxe. O día ía transcorrendo inda que o mellor quedaba por vir, as fervenzas de Melón e de Tourón deixáronnos abraiados.

A luz do día xa estaba nos seus últimos folgos non restaba un chisco a maxia do momento pola contra aumentaba o seu misterio.

Despois de 6 horas de camiñar, xa que non nos perdemos, chegamos ó punto de partida o mosteiro de Melón, testemuña de moita historia e tamén da nosas gañas de partillar de unha boa tarde de boa onda e natureza xuntos.

Até mais, que será moi pronto.

Dalia López.

2 comentarios:

  1. Parabéns! Gustáume máis esta película: Come, anda, vive, que otra que acabo de ver no cine: Come, reza, ama. Os actores moito máis auténticos, a localización moito mellor escollida, a fotografía máis elaborada, qué imos decir do guión?, da dirección xa nin falar. Agora ben, o papel principal non me quedou claro....

    ResponderEliminar
  2. Querida Eivadiña: alédome que finalmente non mandaras aquela mensaxe e te decidiras a probar sorte con nós. Xa sei que non tiña moito que ver co que estaba planeado, ultimamente as rutas engordan en horas e quilómetros, pero penso que pásache la proba con bastante dignidade e que tardaches menos que nada en converterte en unha máis. Gústame especialmente que aceptaras o reto de facer un esbozo das túas primeiras impresións con nós, inaugurando unha tradición que agardo que teña continuidade. Xantares, verbas, sorrisos e pegadas na terra, elementos que nos conformas e dos que, dende agora, xa formas parte. Saudiños e benvida, amiguiña

    ResponderEliminar

Archivo del blog

Seguidores