Sábado, 11 de abril de 2009
Non estaba previsto que fora eu, unha vez máis, quen contara que aquel día, o terceiro nas terras de Oscos, os tres eivadiños saímos do territorio dos soños con ganas de seguir soñando, e que, a pesares de que tralas fiestras do refuxio as montañas estaban cubertas por un manto de nubes, fomos quen de ir conquistalas.
Non debía ser eu quen diga que almorzamos debuxando camiños co dedo na carta xeográfica, na que algunhas curvas de nivel xa formaban parte do noso imaxinario, e saímos antes que ninguén do noso acubillo, en dirección a Taramundi. Algunhas lembranzas tiña eu dese lugar, que agora non veñen ó caso, e cando entramos no pobo sentín un rumor de fantasmas, cousa a que non adoito acostumarme.
Dimos unhas voltas por unha feira de artesanía e mercamos xabóns, queixos e outros agasallos para os nosos. E sen perder máis tempo abandonamos o núcleo urbano para visitar un dos variados museos que ten este concello, en este caso o dos Muíños de Mazonovo.
A historia deste enclave etnográfico ven das mans da familia López-Cancelos que no primeiro tercio do século XIX construíron un primeiro muíño de maquías, a menos dun quilómetro do actual, aproveitando o caudal do río Turia. En 1890 constrúen o actual, un edificio de dúas plantas que alberga a sede principal do museo, que toma as augas do río Cabreira, no lugar da Cantariña. Nel se acollen réplicas de muíños doutras épocas e culturas como os de morteiro, de rodillo, de man ou de roda, e que poden ser manipulados polos visitantes para comprender mellor o seu funcionamento.
En 1930 instálase un rodezno que acciona unha dínamo para a producción de corrente eléctrica que abastece os pobos de Taramundi, Vega de Llan e Nogueira. E dez anos despois constrúese, na outra beira do río, un novo muíño destinado a moenda de cereal e a xeración eléctrica. Ademais se lle engade unha serra para madeira, principalmente para o serrado de travesas de ferrocarril.
Ata os anos oitenta moeron e xeraron enerxía estes muíños, que caeron en desuso ata a posta en marcha do museo, a piques de rematar o século XX, por iniciativa dos irmáns López-Cancelos.
Non vou a estenderme máis ca historia e as particularidades do entorno etnográfico, só recomendar a súa visita, imprescindible para o que recala en Taramundi tanto como a que fixemos a seguir, a do lugar de Os Teixois. O principal atractivo desta aldea é unha forxa que traballa grazas a ó alento da auga, así como uns batáns e muíños que forman parte dunha visita guiada.
Mercamos tamén alí os billetes para que nos ilustraran sobre os antigos oficios, e na espera dimos en comer nun rústico alpendre preto do río, onde comemos un menú de campións: fabada de primeiro, e de segundo ovos e chourizos con patacas fritas. Moi preto de alí chiscábame un ollo a sombra do que fun, na lembranza duns días felices, pero ben diferentes.
Para non deixar máis espacio para a nostalxia, e como tiñamos que ir a polo noso, internámonos no concello de Vilanova de Oscos, por un conxunto de estradas estreitiñas ata desembocar no pequeno lugar de San Cristóbal. Alí tiñamos intención en facer unha ruta recomendada polo Nacho, que xa estivera por esta comarca con outros Eivadiños, e estacionamos xunto ó cartel que anunciaba o inicio do sendeiro. O seu carón pacía un burro branco, ben podería chamarse Platero, que se deixou fotografías con algúns da súa especie.
Saímos con tanta presa que non atendemos ben ás indicacións e equivocámonos de ruta ¡non sabíamos que pasaba por aquí outra!, e fixemos a metade do camiño sen decatarnos do noso erro. O caso é que deixamos o pobo de tellados de lousa e avanzamos cara a espesura da fraga, atravesando campos cunha inclinación salientable, onde pacían vacas e cabalos en sorprendente equilibrio.
Os soutos e carballeiras alternábanse e mesmo mesturábanse con outras especies, como faias e bidueiros, alimentados polas augas de varios regos que tivemos que atravesar, como o de Feltúa ou o da Fonte de Sela. O camiño estaba ás veces delimitado por Chantos, unha sucesión de lousas verticais.
Na Sela de Murias, un pequeno lugar colgado como un niño sobre as montañas, o Alex tivo coñecemento de como funcionaba un pastor eléctrico, porque tentou arrimarse de máis a un rabaño de cabuxas, algunhas cativas e bonitiñas, que espertaron o noso interese. Seguro que aprendeu ben a lección, e de aquí en diante terá máis coidado cos arames que rodean un campo adicado a pasto, e máis se hai gando dentro.
Dende aquí comezamos unha forte ascensión, que arrincounos suores e maldicións, e no que queimamos parte desas grasas que inxerimos nos Teixois, e que nos levou a branda de Murias, despois de salva-los case douscentos metros de desnivel que nos separaban dese punto, o máis elevado da ruta. Non tiña unha arquitectura demasiado interesante, aínda que si había algunha construción chamativa, pero por todo o contrario. Así que seguimos o noso camiño ata dar cunha lagoa, non demasiado estensa pero si fermosa, chamada, tamén é casualidade, de Murias.
Pero nada deso sabiamos entón, e o seu carón démoslle unhas cantas voltas ó mapa, debullando os miolos para atopar a dirección correcta.

No hay comentarios:
Publicar un comentario