- E298 Sendeiro do Pantano de Irabia (Val de Aezkoa): Crónica e fotos
- E298 Sendeiro do Deza (Vila de Cruces - Silleda): Crónica e fotos
- E297 Sendeiro da Fraga do Barragán (Fornelos de Montes - Pazos de Borbén): Crónica e fotos
- E296 Sendeiro da Soavela (Cangas do Morrazo): Crónica de Sonia e fotos
- E295 Trilho de Corno de Bico (Paredes de Coura): Crónica de Sonia e fotos
- E294 Sendeiro do Baixo Lérez (Pontevedra): Crónica e fotos
- E291 Polo corazón da Selva de Irati (Val de Salazar): Crónica e fotos
- E290 Ascensión ó Castelo de Acher (Val de Hecho): Crónica e fotos
- E288 Sendeiro da Freixa (A Lama): Fotos e crónica de Sonia
- E287 Roteiro de Donón (Cangas do Morrazo): Fotos e crónica de Sonia
- E285 Sendeiro dos ríos da Fraga e do Beque (Moaña): Fotos e crónica de Sonia
- E284 Polos montes de Moaña e outros mundos
- E284 As lecions do mestre Chapela nos cumios do Morrazo
- E282 Sendeiro dos Cons (Vilagarcía de Arousa): Crónica e fotos de Ana
- E281 Trilho interpretativo de Lamas de Mouro (Monçao): Fotos e crónica de Miguel
E178 Ruta da pedra e da auga (Meis-Ribadumia)
Información técnica da ruta en SUDANDO BOTAS
Luns, 16 de agosto de 2010
Tres días consecutivos de Revoltallo deran en converter o meu corpiño nunha mestura de dores intermitentes, que ían dende o calcañar ata a cachola, e a pesares de ser día feriado espertara con certo síndrome do luns, como se me pesaran un chisco máis que de costume os collóns. Aínda que o que me pesaba de certo eran as poucas horas que durmira, coa única compaña que os meus fantasmas incondicionais, e as moitas que adicara a andar a pechar bares, despois dunha inxestión, penso que masiva, de cervexa. Outro síndrome, o de Peter Pan, levarame a unha noite máis sen máis senso que a exaltación da amizade, despois dun feixe de concertos que non me aportaron gran cousa, recorrendo os tugurios da cidade onde xa temos o titulo de habituais.
A pesares de que me custou erguerme do meu cadaleito, e abandonar as reparadoras tebras, acudín a reunirme con Ramón e con Alex, outro que viña máis ou menos coma min, para seguir insistindo nesta empresa que, en breve, vai cumprir catro aniños. Xentes coma eles, dos bos e xenerosos, fixeron que o soño de Eivadiños seguira xerando soños, e que dalgún xeito incomprensible camiñara, pegada a pegada, cara as duascentas saídas os montes de Galiza e Portugal, e mesmo alén das nosas fronteiras naturais, nos Pirineos ou nos Apeninos, con vocación dunha certa continuidade.
Desta volta o Sr. Botas non tiña ningunha bala na recamara (ou polo menos non fixo ademán de disparala), así que pareceulle ben que foramos de “exploración” ás beiras do río Armenteira por onde, segundo me comentara a miña carísima Salomé, transcorría un sendeiro sombreado e sen moito desnivel. Xusto o que precisaba para un día como este, no que non estaba na mellor forma.
Aínda que non tiñamos mapa nin folleto da zona, confiamos no tontón de Alex para achegarnos ata alí, e non tivemos moita perda en chegar ó concello de Meis, despois de atravesar o monte Castrove. No descenso polo val de Armenteira pasamos ó carón do inicio da ruta, máis seguimos cara adiante para buscar un chiringo onde almorzar. Preguntámoslle a unhas vellas e indicáronnos varios en Barrantes, que estaba ben preto, e ala fomos, baixo un sol que non daba tregua, seguindo a tónica deste verán abafador. O “Tío Benito” resultou un comedeiro acolledor, baixo a sombra dunha enredadeira que semellaba, a primeira vista, un tupido emparrado.
O Alex mandoulle unha de cordeiro, e Ramón máis eu unhas fabas con ameixas e partillamos tamén unha de polbo con cachelos, un pementos de Padrón cos que xogamos á ruleta rusa completaron o menú. O seu era tomar un viño de Barrantes, pero non tiñamos o corpo para máis alcohol, así que bebemos auga como se viñesemos de facer unha travesía polo deserto. Tardaron en trae-la conta, e non foi tan barato como en Portugal, pero aínda así ficamos satisfeitos.
A eso das tres e media estabamos aparcando a beira do Mosteiro de Armenteira, de onde sae a Ruta da Pedra e da Auga, nomeada así porque discorre a carón do río Armenteira, no que se atopan, en diversos estados de conservación, un total de 33 muíños. Os primeiros atopámolos nada máis saír ao camiño, que polo seu ancho semella máis ben unha estrada a piques de asfaltar. Pola cantidade de pasarelas de madeira, podado das árbores e acondicionamento do firme decatámonos de que a deputación fixo un gran investimento no sendeiro.
Xa dende o comenzo acompáñanos a sombra das árbores que crecen co alento do río, o principal protagonista e o ameneiro, pero tamén atoparemos, conforme avanzamos, salgueiros, freixos, sabugueiros e tamén carballos e castiñeiros. A madeira do ameneiro é moi duradeira mergullada na auga, e por iso se empregaba nos muíños e nas pontes. Pola primeira que cruzamos ía unha estrada, e esto despistounos do noso itinerario.
A pesares que de seguida nos decatamos de que non estabamos no camiño certo, continuamos avanzando algo afastados do río, xa que ao ser unha ruta lineal semellounos boa idea darlle “un aire” para darlle un valor engadido aínda que, como veriamos despois, a ruta xa tiña valores dabondo para nos sorprender.
Cruzamos unha carballeira onde aínda se escoitaba o cantar das augas, e aos poucos o bosque foi mudando nunha mestura de eucaliptos, piñeiros e fentos tan grandes coma nós. O terreo converteuse así en aventura, e o Alex falaba ledo da súa fase expansiva, onde vai medrando a súa curiosidade por camiños novos, sen presa por coller atallos nin por chegar a outra meta que non sexa disfrutar deses camiños.
Ramón laiábase de non ter a man o seu “neno”, que aínda estaba en talleres, pero aínda así non lle faltou olfacto para enlazar un carreiro con outro e dar co río Armenteira na Ponte do Río Grande. Os efectos secundarios do Revoltallo esvaecían, e un sorriso grande me enchía os beizos, todo auguraba que sería un bo día para espallar pegadas na boa compaña destes afamados Eivadiños.
A pesares de que o cauce ía moi minguado pola falta de chuvias deste verán pasamos á beira dalgunha pociña que daba para mollar o cu e algo máis, aínda que pensamos en deixalo para o camiño de volta, xa que non tiñamos idea do que nos podía levar. Ramón e máis eu competiamos en retratar muíños, pozas e árbores, e os tres sorríamos ante a beleza exuberante dun sendeiro que leva activo, cando menos, dende o século XII, cando foi construído o mosteiro cirtercense.
A actuación sobre este camiño é sobresaínte, xa que a deputación non escatimou nin en facer unha exhaustiva nómina dos muíños con cadanseu nome. Nun dos máis grandes, o da Regueira, atópase unha placa referinte a un feito que alí aconteceu: un veciño de Couso suicidouse neste lugar, din que por mal de amores, lanzándose ao río (que por forza tiña que ir ben crecido, ou ben tirouse de cabeza dende a pontella cércana). A inscrición “REO D AMOR” gravada nunha pedra preto do lugar do suceso lembra a desgracia.
Tras deixar atrás este muíño, e despois de outro tramo ensombrecido de amieiros, carballos e salgueiros, cruzámo-lo río por unha senlleira pontella, e atopamos outro conxunto de muíños, onde ó Cachorro xe lle ocorre que ven se podería montar un complexo turístico de bungalows. Semellábame pequenos de máis, aínda que preto dunha presiña había un ben bonito, totalmente reconstruído.
A presiña, aínda que non tiña moito calado, daba para mergullarse nela, así que, sen consultalo con ninguén, din en espirme e chimpar á auga, que estaba ben boa. Deume o tempo xusto para refrescarme antes de que chegara unha familia, que a piques estivo de descubrir ó monstro do pantano, xa que a poucos metros se atopa unha curiosa área de lecer, chamada “Aldea labrega”.
Esta se atopa nas abas do monte Cabeza de Boi, onde a escola de canteiros realizou unha representación da vida rural galega, con tódolos elementos tradicionais: canastro, carro, forno, cruceiro e ermida, así como os animais domésticos e as xentes realizando as tarefas propias do campo.
Aínda así deixamos para a volta unha inspección exhaustiva do lugar, e visitamos o restaurante que se atopa na entrada a esta aldea de pedra, onde tomamos uns refrescos antes de reemprender o camiño. Xa levamos algo máis de seis quilómetros na chepa, pero antóllasenos que xa temos merecido un pequeno descanso.
Outra vez no camiño seguimos o curso do Armenteira, nun tramo no que os muíños reconstruídos son os máis, e a inexistencia de desnivel, xa moi cativo en case toda a ruta, anima a outras xentes a move-las pernas un chisco. Aquí medran, aínda máis, as facilidades, e hai gran cantidade de pasarelas e pontes de madeira para sortear o río ou afastar o camiño dos campos. Pasamos tamén o carón dun curioso lavadoiro que se nutre coas augas do mesmo río.
Despois dun par de quilómetros chegamos a unha estrada, e pensamos en que aquí remata o noso sendeiro, máis botando unha mirada o mapa decatámonos de que o que remata é o concello de Meis, para entrar no de Ribadumia. Atravesamos a estrada, non sen certo perigo, para afrontar a parte final da nosa ruta, que non ten perda (ou case), xa que basta con seguir o curso do río, ou as farolas que salpican boa parte do camiño (a falta das sinais brancas e amarelas, que non se levan nesta zona). O que si atopamos aquí son vides de Barrantes, e unha sucesión de campos de millo, con algún espantallos curiosos, aínda que non tanto como os que vimos as beiras do Barbeira.
Celebramos o remate do sendeiro cuns xeados, os que non se resiste ninguén. Aínda que rematara a Ruta da Auga e da Pedra, para nós non era máis que a metade da nosa aventura, pois tiñamos que facer o camiño de volta. Xa pasaban das sete da tarde, e tiñamos que darnos un pouco de presa para non chegar de noite ó mosteiro, así que gardamos as nosas cámaras nas mochilas e fixemos uso do “ritmo eivadiño”. Os pouco Alex e Ramón xa me levaban unha boa distancia, xa que eivadiños somos todos, pero uns están máis eivados que outros.
Preto da Aldea Labrega reagrupámonos, e tivemos que quitar outra vez as cámaras, xa que había moita cousa que retratar: dende a porca deitada cos leitóns amarrados as súas tetas, o vello debullando millo, o neno xogando ás bolas, o crego fronte a ermida, can e gato baixo o canastro... en fin, unha boa representación da vida labrega realizada en pedra con mestría, froito do traballo da escola de canteiros da deputación.
Saímos dalí a fumo de carozo, xa que non había tempo para enredar máis. E así foi, máis ou menos, durante os seis quilómetros seguintes, ata que chegamos a Ponte do Río Grande, onde fixeramos o aire de volta, porque este tramo final era, sen dubida, unha boa sorpresa, un bo agasallo que levarnos para os nosos ollos, e para sumar ás nosas lembranzas. Sen dubida o tramo máis fermoso de toda a ruta.
A pesares de que se trata da zona con máis desnivel do sendeiro, e precisamente por elo atopamos aquí unha grande concentración de muíños, disfrutamos de cada paso que damos, xa que o río transformase nunha sucesión de pequenas fervenzas onde Ramón e máis eu tentamos plasmar o “efecto seda” que lle confire algo de maxia ás nosas fotografías. Mentres, o Alex, que semella que ten algunha cita pendente, sácanos vantaxe e sube entre os penedos coma se non tivera ningunha eiva.
Chegamos ó mosteiro de Armenteira pasadas as nove da noite, e aproveitamos que aínda non se agochara o sol para visitar o seu claustro. Foi un broche de ouro para a nosa andaina, paseando a carón dos arcos de pedra mentres escoitabamos os cánticos das monxas, que semellaba algo impresionante incluso para un ateo recalcitrante coma eu. Por un momento sentinme un algo de anxo. Quizais se fixese o milagre e me brotasen ás para voar por novos camiños.

E177 Sendeiro do río Barbeira (A Lama): Crónica e Fotos
Información técnica da ruta en SUDANDO BOTAS
A pesares de que a miña primeira opción era ir cara Meis para facer un sendeiro que parte do mosteiro de Armenteira, os meus amigos decidiron que era mellor tirar cara A Lama, para camiñar ó carón do río Barbeira. Así que convencido, convencín, unha vez máis e non sei moi ben como, a Georgia para nos acompañar, coa promesa dun paseo fresco sen demasiadas dificultades.
Así que á hora habitual partimos do Concheiro, descontando quilómetros cara o interior, mentres barallabamos distintas opcións para almorzar. Ó final decidímonos polo hotel que está na entrada de A Lama, onde tiñan un menú do día bastante apetitoso. Comemos bacallao, lombo de porco e tenreira, cada un o seu, e non estaba malo pero podía ser mellor. No que si acertamos foi na elección do viño, un mencía do Barco de Valdeorras que non coñecíamos.
Alongamos a sobremesa, e mesmo enredamos coa posibilidade de pedir unha habitación para botar unha soneca, pero finalmente saímos, xa preto das tres e media, para completar a nosa ruta. Facía un calor do carallo, pero confiabamos en non suar moito ás beiras do río. Nas do Verdugo deixamos o vehículo, e tamén aquí estivemos tentados de nos mergullar, aínda que ó final conformámonos con tomar un xeado.
Na saída do sendeiro vimos o cartel do itinerario e lemos os nomes das xentes que interviñeron na súa limpeza, entre eles unha cuadrilla de presos do centro penitenciario que se atopa preto de alí, e unha tal Fani de Trabazos, que identificamos rapidamente como a nosa Fani, que seica anda agora por terras asturianas.
Xa dende os primeiros metros atopamos espantallos espallados a beira do camiño, froito dun concurso promovido pola asociación de veciños, o que nos fixo disparar de seguido as nosas cámaras e despistarnos, xa no comenzo, do camiño a seguir. Tampouco era difícil porque marcas non había nin unha.
Facía un calor do demo, e agradecíamos a sombra dos carballos, que franqueaban os camiños carreteiros que nos levaron o lugar de O Peso, onde pasamos o carón do Peto de Ánimas e da Capela. O chegar aquí tivemos que tirar da memoria, xa que as únicas indicacións eran as dun aire cara a ponte de Peso, e pouca tivemos, xa que nin Ramón nin eu fomos quen de dar co itinerario correcto e rematamos as beiras do río Barbeira, moito antes do aconsellado.
O sendeiro de pescadores estaba agochado por fentos e silveiras, e Nacho e Georgia eran partidarios de dar media volta e buscar o sendeiro, ou ben ir tomar unha cervexa e mergullarnos na praia fluvial do Verdugo, pero non Ramón e máis eu tiramos para adiante, seguindo o Barbeira a montante. Non tardamos en divisar os primeiros muíños e esto animounos a continuar, convencidos de que algún camiño habería, e máis aínda cando puidemos cruza-lo río por unha pontella de cemento. Na outra beira non había tanta maleza e ademais puidemos acceder a unha poza de augas cristalinas, onde nos dimos unha boa chapuzada.
Era un deses lugares que invita á preguiza, pero nós tiñamos que facer, e seguimos na procura do camiño ata que o atopamos, un cento de metros máis adiante, saíndo do muíño de Trebello. Polo camiño certo chegamos a un Peto de Animas, e fronte a el a Ponte de San Lorenzo, onde conflúe a ruta de Augasantas. O longo do camiño, sempre ensombrecido polas espesas copas dos carballos, pasamos ó carón de máis dunha ducia de muíños, a meirande parte en moi mal estado de conservación.
A Nacho perseguíao un enxame de tabáns, quizais porque debía ter o sangue máis doce de todo o grupo, ou porque despois do baño esqueceu pór a camiseta e o seu lombo estaba máis apetecible para os pequenos vampiros. Era ata perigoso acercarse a el, xa que en canto o facías algún tabán tentaba mudar de lombo. Pero non había comparación: o del gustáballes máis.
Ó chegar a San Lorenzo Georgia e Ramón foron na procura de auga, pois as nosas reservas minguaran considerablemente, pese a saír con máis dun litro por cabeza nas mochilas. E volvemos atopar outro continxente de espantallos, espallados entre canastros, campos de millo e hortas. O certo é que a iniciativa da Asociación Cultural Río Barbeira semellaba un bo xeito de dinamizar a zona, e de que tódolos veciños participaran na construcción de cadanseu monicreque, como nos tempos anteriores ós desertores do arado.
Internámonos outra vez nos camiños que daquela eran transitados por carros carregados de toxo ou de palla, por burros fariñeiros que sabían de memoria a ruta cara o seu muíño, e de xentes que utilizaban esta vía de comunicación para os seus desprazamentos habituais, nun mundo que semellaba pequeno e senlleiro. A sombra dos carballos acaríñanos, e fainos máis amable o traxecto ata a Poza Negra, onde facemos outra parada obrigatoria.
A pesares da escuridade do fondo, e da frescura das súas augas, ou precisamente por eso, os destemidos eivadiños mergullámonos sen dubidalo, e mesmo o Nacho fixo un par de saltos algo arriscados, e ata houbo sesión de fotos anti-eróticas (porque non penso que os meus coiros dean para alporizar a ninguén). Esto deunos forzas renovadas para afrontar a parte que nos restaba cara o pobo de Barbeira, pero debeunos trastornar dalgún xeito porque desbotamos o cartel que nos indicaba a súa dirección e collemos un camiño que nos levou, despois dun pequeno ascenso, a unha estrada.
Miramos o noso mapa ó dereito e ó revés, e cada un tiña un parecer. O final demos en seguir a Ramón que, si ou si, levounos á entrada de Barbeira, aínda que non chegamos a pasar pola aldea montañesa máis que de refilón, xa que, seguindo o regueiro de Barbeira iniciamos o ascenso do monte, cara á Serra do Cando. O feitizo da Poza Negra fixo que atoparamos o camiño certo, máis non nos decatamos de que estabamos avanzando na dirección contraria, ata rematar cubertos por unha morea de fentos xigantescos, fronte a unha portela de moi difícil aceso.
Bastou con volve-la vista atrás para ver, moi ó lonxe, a Portela dos Acibos, por onde deberíamos baixar cara a parroquia de Covelo. Perderamos moito tempo, máis do que era convinte, e botando contas non nos daban as horas para completa-la ruta e chegar a cubrir a miña quenda de traballo, así que tivemos que tomar unha decisión de emerxencia: volver outra vez polo río.
Baixamos a trote cochinero, a escacha pexegueiros, e mesmo estivemos a piques de arrebolar nalgunha ocasión, tanto foi así que o Nacho botou parte do almorzo, aínda que non sei se as picaduras insistentes dos tabáns, a botella de Mencía que nos baixamos e o moito calor que facía tivo algo que ver. Eu xa cheguei ó Barbeira coxeando, e o resto do traxecto semellóuseme un suplicio, e as máis das veces perdín de vista a Georgia, que marcaba o “ritmo eivadiño”, alternándose cun Ramón máis que afeito a este tipo de carreiras de montaña.
Tivo algo de épico este regreso contra reloxo, e deixamos as conversas para aperta-lo cu e quitar forzas de fraqueza, mentres o sol esmorecía e as sombras colonizaban, a poucos, o sendeiro. Xa non houbo tempo para outra cousa que non fose avanzar, e nun tempo record chegamos ás Chozas, levantando un balbordo de cans que perseguiron, con bastante mala fe, ó Nacho, o noso particular “señor das bestas”, e que a piques estiveron de probar nos seus lombos uns bos vergallazos. Non estaba a cousa para bromas. E aínda así, aínda tivemos un extra cara o Ponte de Peso, porque Ramón non quería renderse nin coller atallos.
Por unhas e por outras chegamos ó coche pasadas as dez da noite, e non houbo nin tempo de estirar, só de beber un par de refrescos que colleu o de Coruxo no bar e de mudar as botas por un calzado máis cómodo. Eu derrubeime no asento traseiro, consciente da noite de terror que me agardaba. Sen posibilidade de darme unha ducha tonificante, nin moito menos de cear e tomar un café, só tiña o tempo xusto de chegar ó curro.
Pero ¡que carallo! a aventura é a aventura, e as veces a sorte sorrí e as veces se agocha, así que non ten senso laiarse. Eso si, temos unha débeda pendente co río Barbeira, e cobrarémola antes ou despois, que aínda mortos non imos rendernos. ¿Non si?.
Martes, 3 de agosto de 2010
Na véspera chamara ó Nacho para propoñerme unha pequena ruta, aproveitando que os dous estabamos de vacacións e que, ademais, o Ramón andaba con algo de “mono” dos camiños, así que non tiven máis que dicir si, a pesares de que as previsións meteorolóxicas non eran moi favorables, pois semellaba que ía facer bastante calor, e que tiña que cubrir a quenda de noite, xa que o meu compañeiro de fatigas tiña entradas para ver os Motörhead.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Archivo del blog
-
►
2013
(22)
- ► septiembre (4)
-
►
2009
(65)
- ► septiembre (7)
-
►
2008
(35)
- ► septiembre (2)
-
►
2007
(50)
- ► septiembre (4)
Seguidores
Datos personales
Autores
- Alex Alén (1)
- Begoña (1)
- Dalia López (1)
- Iolanda (1)
- Luis Chapela (18)
- Miguel Panette (7)
- Nacho Betanzos (1)
- Salome Pinheiro (14)
- Sonia (6)
- Sudando Botas (23)
- Xacobe Casal (4)
- Zalo de Paramos (8)
¿Quen anda por ahí?
Concellos
- A Lama (5)
- Arbo (1)
- Arcos de Valdevez (14)
- Arouca (4)
- Arredor da Lareira (15)
- Baiona (2)
- Barcelos (1)
- Barro (1)
- Beariz (1)
- Bueu (3)
- Caminha (5)
- Cangas do Morrazo (11)
- Cartelle (1)
- Cenlle (1)
- Cerdedo (1)
- Cotobade (9)
- Covelo (9)
- Esgos (1)
- Folgoso do Courel (3)
- Forcarei (2)
- Fornelos de Montes (2)
- Galende (1)
- Gondomar (4)
- Leiro (1)
- Meis (1)
- Melgaço (2)
- Melón (3)
- Moaña (7)
- Mondariz (5)
- Monçao (11)
- Nigrán (3)
- O Rosal (2)
- Oia (1)
- Oscos (5)
- Paredes de Coura (31)
- Pazos de Borbén (3)
- Pirineos (2)
- Ponte da Barca (5)
- Ponte da Lima (5)
- Ponteareas (3)
- Pontevedra (5)
- Punxín (3)
- Quintela de Leirado (3)
- Ribadumia (1)
- Rivadavia (1)
- Rivello (1)
- Salvaterra do Minho (2)
- Silleda (1)
- Tui (4)
- Val d'Agri (9)
- Val de Ansó (2)
- Val de Hecho (1)
- Val de Salazar (2)
- Valença (10)
- Verea (3)
- Viana do Castelo (5)
- Vigo (13)
- Vila de Cruces (1)
- Vilaboa (4)
- Vilagarcía de Arousa (1)