O monte dos remedios cando non ai festa, dorme na compaña dos paxaros e fala co vento.
Mentres procuraba o atardecer calmoso ía descubrindo o vivir da xente, na parroquia de quinteiros ateigados de arbores con froita, alimento para os humanos e os paxaros.
Tiran, Tiran, que gardas para ti as lúas cheas que adornan a ardentía no mar, no teu mar farturento e cheo de penedos, berce de vellos mariñeiros.
Estaba en estas cando recordei que hoxe recibín un sobre de parte de Sonia e Anxo, dentro atopei un papeliño escrito moi agarimoso e as fotos que xa son memoria dun sábado no cal nos deixamos engaiolar pola maxia da Mangallona e da creación de Camaño, amigo de loitas e cuncas de viño.
Fotos que nos levan a Érmelo, de cumprida obriga visitar a Esculca antes de sentarnos a mesa, e revivir no padal os sabores da ría e da terra, tradición que xa ven de vella e non iamos a ser nosoutros quen de non respectar . O que dixen fotos dunha tarde que foi vida, onde repasamos as anécdotas da rapazada nos tempos de caldeiradas, cando os cans eran familia, os gatos coellos e Berducedo un mundo.
Fotos que tamén dan testemuña de outros colegas que por bou e non bou, deixaron o barco, pero ai estabamos nos para darlle a proa o vento.
No sobre viña un DVD , que estes amigos, perdón , estes Eivadiños dos camiños enlamados e balos centenarios, tiveron a ben de agasallarme “ O SEGREDO DA FROUXEIRA “ . Sabedes coma min que queda moita memoria , moita loita, moita historia por contar . Xa sabedes que os que andamos en algunhas lerias, temos case que todo o tempo habitado. De ai que “ ARRAIANOS “ queda para outra.
Prométovos que vou ver o DVD, que seguro se aprenden cousas, por que sempre se aprende. Agradecido xa o sabedes . Permitirme que vos diga que en certa ocasión estiven no Monte da Frouxeira, onde prenderon a Pardo de Cela, no Valadouro , Lugo. Toquei aqueles restos de historia, saltei polos penedos colosais,empapeime na nosa historia , porque so así a podemos coñecer e entender.
Despois de facer unha ducia de recados saquei o caderno e a caneta e me puxen a escribir estas letras que xa son vida, tamén parte de vos.
Xa fai fresco aquí a beira da praia do Canabal, antes aínda andaban por aquí algúns namorados e catro mariñeiros, hoxe van quedando menos románticos e que dicir dos mariñeiros si as gamelas dormen o soño eterno desde fai algúns anos, xuntas baixo un caseta so escoitan a musica do mar e o cheiro a salitre, quizais iso sexa o que non as deixan podrecer.
Xa me estou abrandando, apertas e bicos, bicos e apertas neste xoves chamado de corpus, segundo os curas . Grazas por todo, por unha tarde de sábado, pola tardiña en Érmelo, polo sobre sorpresa cheo de vida que xa nos habita os tres.
“ Agora so queda que un día me presentedes a unha chavala, ata os cincuenta e chavala , broma “. Apertas de Buxo desde Tiran.
Unha noite escoitei o grito dun neno no fin do mundo
quería unha cometa, feita coas cores do arco da vella,
saín nun barco pirata e sen luz naveguei polo mar escuro
ata a illa onde o neno agardaba, xogamos coa cometa días e noites,
o vento se volvera tolo e nos mais ou menos.
Luís da Roxa , primavera 2013, Tiran .