- E298 Sendeiro do Pantano de Irabia (Val de Aezkoa): Crónica e fotos
- E298 Sendeiro do Deza (Vila de Cruces - Silleda): Crónica e fotos
- E297 Sendeiro da Fraga do Barragán (Fornelos de Montes - Pazos de Borbén): Crónica e fotos
- E296 Sendeiro da Soavela (Cangas do Morrazo): Crónica de Sonia e fotos
- E295 Trilho de Corno de Bico (Paredes de Coura): Crónica de Sonia e fotos
- E294 Sendeiro do Baixo Lérez (Pontevedra): Crónica e fotos
- E291 Polo corazón da Selva de Irati (Val de Salazar): Crónica e fotos
- E290 Ascensión ó Castelo de Acher (Val de Hecho): Crónica e fotos
- E288 Sendeiro da Freixa (A Lama): Fotos e crónica de Sonia
- E287 Roteiro de Donón (Cangas do Morrazo): Fotos e crónica de Sonia
- E285 Sendeiro dos ríos da Fraga e do Beque (Moaña): Fotos e crónica de Sonia
- E284 Polos montes de Moaña e outros mundos
- E284 As lecions do mestre Chapela nos cumios do Morrazo
- E282 Sendeiro dos Cons (Vilagarcía de Arousa): Crónica e fotos de Ana
- E281 Trilho interpretativo de Lamas de Mouro (Monçao): Fotos e crónica de Miguel
E277 Acurtando o Trilho Castrejo (Monçao)
Sol, 13 de xaneiro de 2013
Estaba eu a facer a dixestión do pequenho almorço, tomando o sol no adro da igreja de Cainheiras, onde habito, gozando duns raiños de sol que ían desfacendo as derradeiras neves, que so persistían nas aldeas máis empoleiradas á montaña, coma Teso, Campelo, Eiras… cando escoitei un balbordo de xentes que falaban na variante de alén da fronteira, que a forza de escoitar entendo tamén como a propia desta parte do Laboreiro.
Eran tres tipos co lombo avultado, deses que por aquí chaman caminhantes, e pensei que quizás viñan algo perdidos, pois dábanlle voltas ó mapa que tiñan na man sen pórse de acordo sobre o lugar onde estaban.
Eu ben lles podía indicar se falase o seu idioma, máis a pesar de entendelo tan ben coma o portugués, o castelán e algo de estranxeiro que ocasionalmente escoito por estas terras, eles non ían entenderme a min, xa que a xente, polo común, non entende os ladridos da miña raza, nin das moitas outras que falan os da miña especie.
De tódolos xeitos dinlles un bo recibimento, saltando e movendo o rabo, e facéndolles tropezar, e decidín que tiña ganas de aventura e que ía guialos por estas terras de Castro Laboreiro que tan ben coñezo e, cun algo de sorte, podería ser que compartiran os manxares que levaban ¿Qué outra cousa senón? Ó seu lombo.
Marchei canda eles pola pista que vai cara ó Penedo de Anamão, mentres souben que viñan de facer o camiño, entre carballos e castiñeiras, que comunica Varziela e Bico, unha congostra fermosa onde aínda quedaba algo de neve, que eu adoito facer de cando en vez para visitar a un meu primo que teño alí, con quen trouleo ás veces.
Os rapaces dicían chamarse, polo que puiden averiguar, Miguel, Xacobe e Anxo, aínda que ás veces tamén se referían uns ós outros como Panete, Petete e, algunha vez, Papanatas ou Piroliñas.
A min non se tomaron o traballo de preguntarme, e bautizáronme como Gandul ou Jandul, e o certo é que deume un pouco igual, pois eu atendo ata se me chaman Ladrao ou Saltarín, sempre que o fagan con cariño e non me dean con pedra ou con pau.
Seica falaban doutros tempos, cando visitaran estas terras cun grupo algo máis grande, o Club de Camiñantes, quizais algún desas procesión que veñen dende o outro lado da raia, e que sempre deixan algo de comida para min, se teño o día de os acompañar.
O ceo abriuse para nós, e os rapaces tentaban atrapar a paisaxe nesas caixiñas máxicas onde, unha vez na súa casa, poden volver dalgún xeito ós lugares que visitaron, e mesmo tentaron, sen moito éxito polo meu movemento, meterme a min na caixiña.
Mentres eles camiñaban pola pista eu facíao pola beira, por se atopaba a cova dun coello ou atopaba unha cobra a quen me enfrontar, e semella que gustoulles a idea, pois ó divisar o Penedo de Anamão deron en avanzar por un terreo enchoupado, entre uces, toxos e penas de tódalas formas e tamaños.
Chegamos así ó cruceiro e, dende alí, nunha carreiriña de can (nunca mellor dito) ata a Ermida da Nossa Senhora de Anamão, onde xa había unha parella da súa especie dándolle á mandíbula. Adianteime a saudalos, e a moza acariñoume e deume un anaco de chourizo e outro de queixo, que ben que agradecín.
Os meus acompañantes partillaron unha tortilla de patacas e déronma a probar, a pesares de que o que menos gustaba da miña especie lles rifaba, pois seica fora o artífice de tal delicia e non me consideraba merecedor de probala, ¡que tipo máis racista!!!
Algo poallou mentres rillabamos, marcharon os emparellados no seu todoterreo e tentado estiven de os acompañar, mais aínda non saciara a miña sede de aventuras e quedei cos camiñantes, que non se nomeaban a si mesmos así, senón Eivadiños… e si, algo eivados estaban, pois un coxeaba un chisco e os outros dous debían ter algún mal de cabeza pois non tiñan moito pelo.
Escampou e volvemos encarar cara o cruceiro de Anamão, baixo a esfinxe maxestosa do xigante de pedra, sobre o que corrían as nubes, e eu tamén botei unhas carreiriñas para quecer, pois o vento xeado da serra era cousa seria, e pola pista leveinos dereitiño ata o lugar de Seara, despois de cruzar a Corga das Lapas, onde algunha vez mergulleime para sufocar os calores do verán.
Foi aquí onde os meus amigos, por chamalos dalgún xeito, decatáronse que o nome de Jandul non era axeitado para min, e que máis me conviña o de Jandula. Carallo, menudos papáns!!! Eu ben me decatei de que tiñan rabo sen precisar velo.
Non me anoxei, aínda que gardei as distancias subindo polas congostras empedradas que atravesan as zonas de pasto da Seara, onde pacen os rabaños cun sistema rotativo, as vezeiras, onde un dos donos dunha parte dos animais que compoñen o rabaño, só ou acompañado dun da miña especie, da boa raza do Laboreiro, garda todo o gando “á vez”.
Da raza autóctona din que “é meiga para o dono, é feroz para o lobo e para os estranhos.”
Mais eu penso que non hai raza como a nosa, a dos palleiros, espallados polo mundo enteiro, aínda que non sexamos moi doados para pastorear ou para traballo ningún, pois non é mal oficio o de deitarse á sombra dun carballo ou dun espigueiro, agardando que alguén che tire un anaco de calquera cousa para comer, e trouleando con calquera da túa especie que che pete.
Algo perdín de vista ós Eivadiños cando comezou o descenso cara Cainheras, a miña pequena patria, pois eles foron polo camiño de carros, por onde baixaba auga dabondo e tornaba esvaradías as lousas desgastadas, mentres eu ía polas veigas, con algo máis de seguridade.
Volvinme reunir con eles pouco antes de volver cruzar a Corga das Lapas, preto da ponte medieval, que deron en cruzar para encher de lama as botas, mentres eu ía polo camiño de piche que entra no meu pobo, onde nos recibiron tres velhas cas súas capas tradicionais e, como non, un feixe dos meus, preguntando pola miña aventura, aínda que, entre eles tamén houbo quen me rifou, como o Mouro, un can do Laboreiro que pensa que é unha autoridade onde o mundo chamase Cainheiras.
Alí separáronse os nosos camiños, eu quedei na espera da merenda, e eles seguiron, polo que contaron, cara Varziela, onde tiñan o seu vehículo, onde dixéronme que tiveron un encontro cunha vella pastora que a piques estivo de darlle co caxato, pola súa insistencia en meter canta paisaxe, xente ou besta atopan no camiño na súa caixiña máxica.
Agardo que non tardarei moito en volvelos ver polos meus dominios e, quizais, volva contar as nosas aventuras.
E276 Mosteiro de Oia-Sabarís (Oia-Baiona)
1/1/2013
Xa viña un par de días cavilando na idea de saír a patear o primerio de ano. Quedaba só e me agoniaba o escenario dun día estumballado no sofá ou abollando a espera da noite. Facía meses que non subía a Grova e mais ou menos iso é o que tiña en mente.
Vestinme de bonito para saír a noite de Fin de Ano, pero só serviu pra que me tomasen o pelo e que os zapatos lustrosos me machucaran os pés; co medo a pasar frío me pasara no grosor dos calcetíns. Chegado a un punto xa non aguantaba os pés e tódalas cancións que pinchaban no Choco me parecían a mesma. Quizais soasen todas iguais pois o equipo de son non daba para mais, e as ondas amortecíanse nos corpos dos mortais que trataban de facer dunha noite vulgar a máis feliz do ano. Ademais temía que unha rozadura ou bocha estragaran meus plans pedestres.
As 6h da mañá xa deixara á moza en Beade e ía camiño de Sabarís. Acendín a máquina de pensar e comecei a calcular as horas de sono precisas, a ruta, as horas de luz de que disporía, as forzas que me quedaban, …. iso me mantivo esperto a media hora que conducín ata casa. Descartara subir a Grova dende Bahíña, pois o recordo que tiña e que dende os incendios e as inundacións, os camiños quedaran estragados polo paso da maquinaria pesada, o monte bastante arrasado, e intentaran domalos regatos con pedras e formigón. Faláranme do camiño portugués da costa e aínda que prometía bastante asfalto, me reconfortaría a brisa e a visión do mar batendo nas rochas.
Entrei na casa e acendín o ordenador para pesquisar algo de información en internet. Saíndo de Oia tería que camiñar 18.5 km ata a Baiona e algo máis ata Sabarís. Parecía bastante pra despois dunha noite de troula, pero estaría localizable en caso de que me abandoasen os folgos. Ademais me convenceu que antes de Silleiro, se rompese a monotonía do litoral, subindo polo monte e pasando por detrás do faro para entrar a Baiona polo barrio do Burgo. Alí empataría co Camiño Real e metería a directa para chegar a fonte do Pombal e lavala cara xusto antes de entrar na casa. Xa posto a argallar o pateo, collín a roupa pro día seguinte e deseguido tireime na cama anheloso de durmir.
Tiña o espertador para a 1 da tarde, pero as 12h abrín os ollos coma un moucho e erguinme dun brinco. Almorcei e pospuxen o xantar para hora da merenda cando regresase a casa. Tiña sobras da cea e daría boa conta dun bacallao con ameixas.
O windguru non daba chuvia polo que collín un simple chubasqueiro fino coma cortaventos, pois seguro que a beira do mar sopraría suficiente para meterme a friaxe no corpo. Primer erro, pois a choiva que viría non sería suficiente para aparecer nos rexistros pero sí para mollar dabondo a un camiñante.
Tirei pro mosteiro de Oia e a medida que rodaba sobrepasaba a distancia que o meu imaxinario fixera dos 18.5Km que dicía a ficha do camiño de Santiago . Estiven por afrouxar nas miñas pretensión, botar o coche cara a cuneta e arrincar dende calquera punto onde puidera deixalo aparcado. Finalmente cheguei ó barrio do Arrabal, aparquei na beira dun camiño, e ante o estupor dun vello que coidaba dunha cabra, fixen a foto de rigor do mosteiro e tirei a andar dirección norte.
Aínda non levaba 10 minutos camiñando cando, chegando a Casa da Culpa, sufrín a primeira chuvieira. Algún pecado cometera para que xusto ó chegar ó lugar onde os veciños de Pedornes pechaban ós rateiros, me caíra esta penitencia. Gardei a cámara e lamenteime de non poder retratar os restos deste antigo penal rural. Na primeira hora o camiño foime levándome por carreiros e algúns tramos polo carril bici, pero o que viu despois se me fixo insufrible. Papei asfalto dende Mougás ata Punta Centinela que xunto coa a observación dos horrores do feísmo galego, se me fixo unha tortura. Dende galponadas ata casas con ameas e escudos heráldicos, e incluso unha finca con decoración de tapacubos de coche. Pode que algún día un dos temporais que azotan periódicamente Oia, faga xustiza e devolva a costa o seu esplendor orixinal. Levaba 10km e nuns 20 min acadaría o Faro de Silleiro. Posto que meus pés xa clamaban por pisar un pouco de terra, decidín revivir a fazaña Peñasco 3 – Sabarís 20, que me levara xunto a Panete dende Punta Centinela ata a miña casa. Daquela fixeramos xuntos algunhas pateadas para manter vivo o espírito dos Eivadiños namentres Anxo se recuperaba da caída en Monteferro.
Sabía que si acadaba o alto da serra, atoparía algunha pista que me levase cara a Baiona polo monte. Cheguei o restaurante que agora se facía chamar Mar 3 pero mantiña o blasón co helmo en sobrerrelieve. Non sei de onde saíu nesta zoa da costa tanta simboloxía medieval.
Crucei a estrada e tirei monte para arriba. Comecei a subir unha forte pendente e caíume a segunda chuvieira. Aínda por riba me trabucara nun cruce e a pista me levaba novamente cara ó sur. Desfixen o camiño e tomei desta vez a outra opción. Volvín a apretalo cu, cravar os bastóns e subir a trote cochinero.
Cando cheguei arriba xa deixara de chover e un solciño me quentaba as costas mentras camiñaba. Me levantou o ánimo xa sentirme no monte, ver algunhas vacas e atopar as marcas do sendeiro das Greas. Deixeime levar polo recordo pois as pegadas de cando camiñara por estas pistas con Panete xa as levara o tempo. Algo variei pois desta vez fun dar un pouco mais abaixo de Chan da Lagoa. Xa postos a improvisar segundo a marcha, decidín non baixar por San Cosme coma tantas veces fixera e tomei pola primeira pista que se me puxo diante. Ía ben encamiñado pois da dereita me chegaba o rumor do río Bahíña. Chegui ó embalse. E ainda que levaba unha boa sudada enriba, e me viría ben unha inmersión, agardaría pra bañarme naquela auga, pero regado pola ducha da casa. Tirei unha foto con refrexo, composición adeprendida do comandante, e costa para abaixo.
Chegue a Bahíña, subín polo camiño da escola vella cara a igrexa e unha vez máis esbozei un sorriso ó miralo palco “máis pequeno do mundo”. Malamente caben dous gaiteiros e un tamboril, pero seguro que deu pra bos bailes e mais dunha parella saíu amarrada pra sempre daquel adro.
Nese momento, xa me daba igual a terra, o asfalto ou a gravilla, así que preguntei a un veciño como ir pra Pontenovo. O home ben intencionado mandábame polo camiño mais bonito que é seguindo o curso do río, pero a mín xa só me valía a liña recta. Así que onde o home dixo que á dereita eu collín pra esquerda. Como a sorte nunca falla os Eivadiños, atopei novamente as marcas das Greas. Xa estaba feito. Pouco mais adiante din co Camiño Real, e aínda que non tiña coroa nin séquito o seguiría pra chegar o meu castelo. Alí estaban outra vez as frechas amarelas, pero coma non viñera o apóstolo onda min, eu non pensaba ir abrazalo.
Xa sentía o arume do bacallao, que me fixo camiñar coma se levase as Chirucas de 7 leguas. Collín aire, subín as escaleiras e cando o exhalei xa estaba baixo o auga quente.
¡Feliz 2013!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Archivo del blog
-
▼
2013
(22)
- ► septiembre (4)
-
►
2010
(41)
- ► septiembre (5)
-
►
2009
(65)
- ► septiembre (7)
-
►
2008
(35)
- ► septiembre (2)
-
►
2007
(50)
- ► septiembre (4)
Seguidores
Datos personales
Autores
- Alex Alén (1)
- Begoña (1)
- Dalia López (1)
- Iolanda (1)
- Luis Chapela (18)
- Miguel Panette (7)
- Nacho Betanzos (1)
- Salome Pinheiro (14)
- Sonia (6)
- Sudando Botas (23)
- Xacobe Casal (4)
- Zalo de Paramos (8)
¿Quen anda por ahí?
Concellos
- A Lama (5)
- Arbo (1)
- Arcos de Valdevez (14)
- Arouca (4)
- Arredor da Lareira (15)
- Baiona (2)
- Barcelos (1)
- Barro (1)
- Beariz (1)
- Bueu (3)
- Caminha (5)
- Cangas do Morrazo (11)
- Cartelle (1)
- Cenlle (1)
- Cerdedo (1)
- Cotobade (9)
- Covelo (9)
- Esgos (1)
- Folgoso do Courel (3)
- Forcarei (2)
- Fornelos de Montes (2)
- Galende (1)
- Gondomar (4)
- Leiro (1)
- Meis (1)
- Melgaço (2)
- Melón (3)
- Moaña (7)
- Mondariz (5)
- Monçao (11)
- Nigrán (3)
- O Rosal (2)
- Oia (1)
- Oscos (5)
- Paredes de Coura (31)
- Pazos de Borbén (3)
- Pirineos (2)
- Ponte da Barca (5)
- Ponte da Lima (5)
- Ponteareas (3)
- Pontevedra (5)
- Punxín (3)
- Quintela de Leirado (3)
- Ribadumia (1)
- Rivadavia (1)
- Rivello (1)
- Salvaterra do Minho (2)
- Silleda (1)
- Tui (4)
- Val d'Agri (9)
- Val de Ansó (2)
- Val de Hecho (1)
- Val de Salazar (2)
- Valença (10)
- Verea (3)
- Viana do Castelo (5)
- Vigo (13)
- Vila de Cruces (1)
- Vilaboa (4)
- Vilagarcía de Arousa (1)