Eivadiños
E298 Sendeiro do Pantano de Irabia (Val de Aezkoa): Crónica e fotos
E298 Sendeiro do Deza (Vila de Cruces - Silleda): Crónica e fotos
E297 Sendeiro da Fraga do Barragán (Fornelos de Montes - Pazos de Borbén): Crónica e fotos
E296 Sendeiro da Soavela (Cangas do Morrazo): Crónica de Sonia e fotos
E295 Trilho de Corno de Bico (Paredes de Coura): Crónica de Sonia e fotos
E294 Sendeiro do Baixo Lérez (Pontevedra): Crónica e fotos
E291 Polo corazón da Selva de Irati (Val de Salazar): Crónica e fotos
E290 Ascensión ó Castelo de Acher (Val de Hecho): Crónica e fotos
E288 Sendeiro da Freixa (A Lama): Fotos e crónica de Sonia
E287 Roteiro de Donón (Cangas do Morrazo): Fotos e crónica de Sonia
E285 Sendeiro dos ríos da Fraga e do Beque (Moaña): Fotos e crónica de Sonia
E284 Polos montes de Moaña e outros mundos
E284 As lecions do mestre Chapela nos cumios do Morrazo
E282 Sendeiro dos Cons (Vilagarcía de Arousa): Crónica e fotos de Ana
E281 Trilho interpretativo de Lamas de Mouro (Monçao): Fotos e crónica de Miguel
E55 Trilho de Corno de Bico - Alto dos Morroês (Paredes de Coura)
Domingo, 28 de outubro de 2007
A ver ¿como carallo era o conto? Érase unha vez un gato con botas. Era un gato vello cunhas botas tamén vellas, roídas polos ratos e polas pedras, máis aínda tiña ganas de aventuras, e por iso saía, polo menos unha vez á semana, ós camiños do país veciño, onde, acompañado doutros michiños, xogaba ós exploradores e, por unhas horas convertíase nun gato novo.
E a cantiga ¿como dicía? Xuntáronse catro un día, os mellores deste barrio... por sorte para o noso gato con botas, non tiñan intención de metelo nun saco, para tiralo na Praia da Castiñeira, so querían enredar con el por as congostras, corredoiras e canicouvas das que tanto falara nas súas noites enluadas.
Pero imos deixarnos de contos e de cantigas. O certo é que era domingo, que seguía sendo primaveira, aínda que estiveramos a piques de entrar en novembro, e que non tiña claro que tivese compañía para a miña andaina semanal.
Por aquelo de segui-las tradicións, aposteime no muro vermello do Concheiro, mentres o sol lambíame a cara coa súa lingua de lume. E algo mais co sol iluminoume o rostro, cando apareceu Merchi, compañeira de troulas e pararotas, co coche cargado de xente.
Viñan cando ela, Marta, Martola, Martoliña (é unha soa pero para min fai por tres), que deume unha inmensa alegría volve-la ver, e compartir con ela outra ración de sorrisos e verbas amábeis, e tamén un tipo grande, en envergadura e simpatía, greñudo e morcego (pipistrelo, din os italianos) para máis señas, que respondía ó nome de Couto. Aínda que máis curioso foi o quinto pasaxeiro, que recollemos no seminario, aínda que non viña de rezar, cortometraxista laureado cun curioso alcume de guerra: Andressolo (dos seus méritos hai abondo material en You Tube).
Con esta xente nova, tropa do carallo, cruzamos a fronteira, mentres eu contaba ás miñas amigas os derradeiros aconteceres da miña vida sentimental, por esa inclinación natural que teño a espirme, a mostrar os meus sentimentos, e que ás veces me trae algún dor de costas, debe ser que me colle o frío.
En fin, gato negro ou gato branco, como dicía o camarada Mao, o importante é que cace ratos.
Aínda que ratos non comemos, pero case, así que Andressolo, facéndolle honor ó seu nome, decide quedar no aparcadoiro, mentres o resto empéñase en reducir as racións abundantes de arroz malandro e tamboril, sen conseguilo na súa totalidade.
O continxente montañeiro queda satisfeito, así que non é cuestión de meterlles unha mallada. Tratamento de luxo para os novos eivadiños: imos cara Paredes de Coura, onde o outono comeza a debuxar a súa sintonía de cores nas copas das súas fragas.
Que mal lles parecería, a calquera destes catro, que os meteran nun saco, como fixeron co gato... Aínda que algúns confúndenme coa Besta do Coura, esa fera esquiva que adoita bañarse en toda poza canta hai, non teño malas intencións para con esta xentiña. Así que decido guialos ata o mesmo corazón da área protexida: o Corno de Bico. Para elo temos que chegar a Tumio, aldea senlleira cun mosaico de leiras á seu carón, onde pasta o gando e o tempo parece detido indefinidamente.
Non son moi amigo de enredar un sendeiro con outro, como fai o meu caro amigo Zalo, pero nesta ocasión fago unha excepción: subiremos por Trilho do Alto dos Morroês e baixaremos polo Trilho de Corno de Bico, dous polo prezo dun.
Andressolo non está moi convencido, e pregunta pola distancia, altitude, tempo e... velocidade, para saber que tipo de provisións ten que levar: galletas, iogures, ou... grelos. Para resolver as súas dubidas ofrecémoslle as nosas mochilas, para que distribuía o seu cargamento, porque o noso compañeiro non ten o lombo para levar moitos paos.
Cruzamos á beira dos campos do pequeno núcleo rural, onde toman o sol unha ducia de ovellas, mentres no ceo empézanse a debuxar un cardume de nubes fragmentadas, cousa de agradecer porque a canícula que cae sobre nós fai que sobre ata a camisola, aínda máis cando acometemos as primeiras costas.
Por sorte xa nos internamos na fraga, pisando un regueiro de ourizos e follasca, e non hai queixa ante o espectáculo do outono nos castiñeiros, carballos, acevos e bidueiros que atopamos ó noso paso. E tamén de algúns cogomelos, lepiotas e amanitas, agochados entre a herba e os fentos. Non hai quen pise esta Fraga de Morroês e pase indiferente ante a súa beleza.
Saíndo deste lugar enfeitizado, chegamos a unha casa forestal en ruínas, onde decidimos, ou máis ben deciden e me deixo levar, facer unha parada técnica. E cando digo técnica falo ben, porque hai a quen non lle vale con fumarse un xaroto, aínda que sexa da risa, e prefire levar un trebello caseiro para evita-la nicotina, un hibrido de cóctel molotov e pipa de auga. Cousa nunca
vista nestas saídas eivadiñas, pero algún día tiña que ser.
Parece que esta parada danos forza para subir pola empinada pista forestal que nos leva ó Alto dos Morroês, e polo camiño voulles contando da política forestal do Estado Novo, e as particularidades desta zona repoboada con abetos, cedros de Oregón, tuias, piñeiros ananos e outro feixe de especies foráneas que forman esta particular masa forestal.
Aínda que non sei se me fan moito caso, porque empezan a queixarse da costa e me vexo obrigado a facer outra parada para que, coas vistas á Serra do Leboreiro, tomen aire antes de acometer o tramo máis vertical do sendeiro.
Cada quen carga as baterías, uns roendo unha mazá e outros merendando un prato de grelos, é o que ten a humanidade, que é diversa. Así que parolando e rillando pásase o tempo, e bótolle unha ollada á nosa cima, como veterano que son, e fago uns cálculos urxentes do tempo que nos levará o que nos queda de subida, e sumándolle a baixada xa non me da para moitas paradas, polo que apremo ó grupo a segui-lo camiño.
Pasamos á carón dunha grea de cabalos, xusto cando deixamos a pista forestal e nos internamos na fraga, onde predominan os carballos e o outono luce as súas mellores galas, o que axuda a suavizar os efectos da forte pendente que acometemos, a última antes de chegar ó cumio de Corno de Bico.
Parece que sobre os meus amigos exerce unha forte atracción a arquitectura, aínda que esta atópese en ruínas, e se entreteñen un rato recorrendo o faro de vixilancia forestal que, certamente, é unha construcción ben curiosa. Dende alí constatamos como o ceo cubriuse pouco a pouco, e o sol descendeu, achegándose perigosamente á silueta das montañas, así que temos que darnos presa para achegarnos ó Miradoiro de Corno de Bico.
Dende esta atalaia privilexiada temos unha boa panorámica dunha parte extensa do Val do Coura, a pesares de que non temos demasiado tempo para deternos a contempla-las vistas porque, aínda que non teña dubidas no camiño a seguir, non é o mesmo facelo de día que de noite, por moito que levemos un morcego con nós.
Descendemos pola vertente oposta á que subimos, por unha pista de terra que atravesa a espesa masa forestal, coas pernas lixeiras pola inclinación favorable da pendente, pasando á carón das máis variadas especies que, sen embargo, non causan demasiada curiosidade na miña tropa, que está máis atenta ós discursos de Andressolo, que non entenderei ata a noitiña, cando chegue a casa e vexa, ata que me doan os ollos, unha mostra da enchente de vídeos caseiros que ten colgados de Internet.
Así ata abandonar a ampla pista e coller un estreito carreiro que nos leva, rapidamente, ó pobo de Tumio, de onde saímos, non sen antes botarlle unha ollada ó círculo máxico que debuxamos ó redor da área protexida.
De volta cara a metrópole, facemos unha paradiña na praia fluvial de Abrigo do Tabâo, xustiño onde tódolos anos faise o festival de pop-rock de Paredes de Coura, para tomar uns finos é unhas olivas negras, no chiringuito do río, que agora está transformado nun restaurante con moita cor, con zona chilau e ordenadores ó servicio da clientela.
Outra vez somos catro gatos, porque ó quinto, o noso cortometraxista véñenlle as ganas de rematar cos grelos, e baixa ata a ribeira, para que non llos comamos. E así foi, e así volo conto, e si alguén ten algo que engadir, que o diga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Entrada más reciente
Entrada antigua
Inicio
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Archivo del blog
►
2014
(1)
►
enero
(1)
►
2013
(22)
►
diciembre
(2)
►
noviembre
(2)
►
septiembre
(4)
►
julio
(1)
►
junio
(1)
►
mayo
(2)
►
abril
(1)
►
marzo
(4)
►
febrero
(2)
►
enero
(3)
►
2012
(10)
►
diciembre
(5)
►
noviembre
(4)
►
octubre
(1)
►
2011
(11)
►
marzo
(4)
►
febrero
(4)
►
enero
(3)
►
2010
(41)
►
diciembre
(2)
►
noviembre
(3)
►
octubre
(5)
►
septiembre
(5)
►
agosto
(3)
►
julio
(1)
►
junio
(3)
►
mayo
(5)
►
abril
(1)
►
marzo
(2)
►
febrero
(5)
►
enero
(6)
►
2009
(65)
►
diciembre
(5)
►
noviembre
(7)
►
octubre
(5)
►
septiembre
(7)
►
agosto
(8)
►
julio
(3)
►
junio
(5)
►
mayo
(4)
►
abril
(9)
►
marzo
(4)
►
febrero
(6)
►
enero
(2)
►
2008
(35)
►
diciembre
(3)
►
noviembre
(3)
►
octubre
(2)
►
septiembre
(2)
►
agosto
(3)
►
julio
(2)
►
junio
(2)
►
mayo
(1)
►
abril
(4)
►
marzo
(6)
►
febrero
(5)
►
enero
(2)
▼
2007
(50)
►
diciembre
(5)
►
noviembre
(3)
▼
octubre
(3)
E55 Trilho de Corno de Bico - Alto dos Morroês (Pa...
E54 Trilho da Pedra Alçada (Caminha)
E53 Trilho do Cabeço de Meio Día (Caminha)
►
septiembre
(4)
►
agosto
(4)
►
julio
(6)
►
junio
(3)
►
mayo
(4)
►
abril
(5)
►
marzo
(3)
►
febrero
(6)
►
enero
(4)
►
2006
(17)
►
diciembre
(2)
►
noviembre
(3)
►
octubre
(7)
►
mayo
(5)
Seguidores
Datos personales
eivadiños
Ver todo mi perfil
Autores
Alex Alén
(1)
Begoña
(1)
Dalia López
(1)
Iolanda
(1)
Luis Chapela
(18)
Miguel Panette
(7)
Nacho Betanzos
(1)
Salome Pinheiro
(14)
Sonia
(6)
Sudando Botas
(23)
Xacobe Casal
(4)
Zalo de Paramos
(8)
¿Quen anda por ahí?
Nómadas
El día que Nómadas diseñó in situ una ruta polifacética
Hace 8 años
Dominguer@s en marcha!
Hace 12 años
Sudando Botas
Herreruela de Castillería - Valdecebollas - Sel de la Fuente
Hace 12 años
La banda del Cheri
Red Bull Rampage Biggest Crashes
Hace 12 años
Congostra
Club de Camiñantes
Concellos
A Lama
(5)
Arbo
(1)
Arcos de Valdevez
(14)
Arouca
(4)
Arredor da Lareira
(15)
Baiona
(2)
Barcelos
(1)
Barro
(1)
Beariz
(1)
Bueu
(3)
Caminha
(5)
Cangas do Morrazo
(11)
Cartelle
(1)
Cenlle
(1)
Cerdedo
(1)
Cotobade
(9)
Covelo
(9)
Esgos
(1)
Folgoso do Courel
(3)
Forcarei
(2)
Fornelos de Montes
(2)
Galende
(1)
Gondomar
(4)
Leiro
(1)
Meis
(1)
Melgaço
(2)
Melón
(3)
Moaña
(7)
Mondariz
(5)
Monçao
(11)
Nigrán
(3)
O Rosal
(2)
Oia
(1)
Oscos
(5)
Paredes de Coura
(31)
Pazos de Borbén
(3)
Pirineos
(2)
Ponte da Barca
(5)
Ponte da Lima
(5)
Ponteareas
(3)
Pontevedra
(5)
Punxín
(3)
Quintela de Leirado
(3)
Ribadumia
(1)
Rivadavia
(1)
Rivello
(1)
Salvaterra do Minho
(2)
Silleda
(1)
Tui
(4)
Val d'Agri
(9)
Val de Ansó
(2)
Val de Hecho
(1)
Val de Salazar
(2)
Valença
(10)
Verea
(3)
Viana do Castelo
(5)
Vigo
(13)
Vila de Cruces
(1)
Vilaboa
(4)
Vilagarcía de Arousa
(1)
No hay comentarios:
Publicar un comentario