- E298 Sendeiro do Pantano de Irabia (Val de Aezkoa): Crónica e fotos
- E298 Sendeiro do Deza (Vila de Cruces - Silleda): Crónica e fotos
- E297 Sendeiro da Fraga do Barragán (Fornelos de Montes - Pazos de Borbén): Crónica e fotos
- E296 Sendeiro da Soavela (Cangas do Morrazo): Crónica de Sonia e fotos
- E295 Trilho de Corno de Bico (Paredes de Coura): Crónica de Sonia e fotos
- E294 Sendeiro do Baixo Lérez (Pontevedra): Crónica e fotos
- E291 Polo corazón da Selva de Irati (Val de Salazar): Crónica e fotos
- E290 Ascensión ó Castelo de Acher (Val de Hecho): Crónica e fotos
- E288 Sendeiro da Freixa (A Lama): Fotos e crónica de Sonia
- E287 Roteiro de Donón (Cangas do Morrazo): Fotos e crónica de Sonia
- E285 Sendeiro dos ríos da Fraga e do Beque (Moaña): Fotos e crónica de Sonia
- E284 Polos montes de Moaña e outros mundos
- E284 As lecions do mestre Chapela nos cumios do Morrazo
- E282 Sendeiro dos Cons (Vilagarcía de Arousa): Crónica e fotos de Ana
- E281 Trilho interpretativo de Lamas de Mouro (Monçao): Fotos e crónica de Miguel
E129 Trilho de Germil (Ponte da Barca)
Non sei moi ben que é o que me move a erguerme cada domingo, con ganas de arrincarme a cabeza ou de saltar pola fiestra, para manter esta historia que alguén deu en bautizar, acertadamente, como Eivadiños. Quizais sexa o xeito de aferrarme a algo que non siga incidindo na miña provisionalidade, nesa sucesión de presentes na que me teño instalado, e me faga sentir que estou construíndo algo máis que un castelo na area, a pesares de que son ben poucos os que me sigan nesta tarefa estéril de sumar verbas e camiños.
Dous deses que me seguen a corrente nos derradeiros tempos, Georgia e Alex, parecen enviados polo ceo para alumear nas miñas tebras, para que estes pensamentos que me azoutan esvaezan como a néboa, ou para botar bálsamos sobre as feridas nas que insisto en fozar para que non cicatricen.
Así que saímos os tres, que sumabamos as horas de sono dunha persoa normal, pasados quince minutos dun mediodía no que o verán dera por ensinar a súa verdadeira natureza, esto é (por se non o lembrades): un sol de carallo, como o da cantiga, dese lugar onde convoco ós meus fieis para constatar o meu minguado poder de convocatoria.
Metémoslle o de rigor para combater os fantasmas, o rumor de formigas, a lembranza de abismos e naufraxios, as facturas, os paraísos perdidos. Esto é: unha boa caldeirada de arroz malandro e unha fonte de panados, previa inxestión de media ducia de tarrinas de manteiga, patés de peixe e queixo, todo elo regado cunha botella tinta de Terras d’El Rei. O tratamento máis axeitado que coñezo para que o corpo adquira a forza necesaria para volver a sementar pegadas polo territorio onde se asentou a Gallaecia.
Alí remexemos nun feixe de catálogos e como ningún deles nos convence convimos en volver á Serra Amarela, ese territorio máxico que nos descubriron os amigos do Casal de Sistelo e o León de Paramos, nun día en que o monte estaba vernizado por un arco iris que de tan bonito parecía irreal. Volvemos a aparcar a sombra da capela da aldea de montaña de Germil, tal coma fixeramos sete días atrás, e máis ou menos á hora acostumada, en torno ás tres da tarde, comezamos a andaina.
Atravesamos o núcleo rural seguindo as marcas do percurso, facendo o camiño inverso ó que finalizara a nosa aventura anterior, por un firme empedrado ben conservado que vai ascendendo ó carón dun valado que semella os muros defensivos dun poboado castrexo. Baixa a auga polo camiño carreteiro e ben que agradecemos o seu frescor, porque as temperaturas eleváronse ata acadar as propias do verano.
Cruzamos un regueiro seco por unha rústica pontella, e ó virar á esquerda, seguindo sempre polo firme empedrado, adquirimos unha boa panorámica do pobo, inzado sobre un abanico de campos dispostos en socalcos. O sendeiro vaise esvaecendo, perdendo definición, e transfórmase nun trilho pastoril aberto polo paso dos rabaños e que sube, levemente, por un monte desarborado, colonizado por carrascos, urces, carqueixas e toxos.
Menos mal que levabamos unha boa provisión de auga, porque a canícula que estaba a caer sobre nós era sobresaínte, e aumentaba o esforzo de subir ata a Costa do Eido, onde un vértice xeodésico marcaba o principio do descenso. Alí ficamos abraiados polas vistas maxestosas das paisaxes das Serras da Peneda, Amarela e do Gêres.
O sendeiro ábrese ata converterse nunha pista forestal que empeza a virar á esquerda, descontando os metros que gañamos, ata chegar a estrada que comunica Germil con San Miguel de Entre Ambos-Os-Ríos e coa Ermida. Lembrámonos que preto de aquí, cando subiamos en coche vimos a unha parella de sendeiristas, mochila ás costas e mapa topográfico na man, que ían cara o pobo de partida baixo o sol abrasador e nos rimos con malicia deles. Non se pode cuspir cara o vento.
Por fortuna o tramo asfaltado é pequeno, e de seguida atopamos un sendeiro que baixa, á dereita, cara o río Germil. Non parece que esté moi concorrido, xa que a vexetación ameaza con cubrir o camiño en moitos tramos.
Despois de atravesar unha auténtica galería ripícola, onde temos que sortear xestas e silveiras, internámonos nunha fermosa carballeira, descubrindo un camiño carreteiro que, por tramos, discorre á par dun valado de pedra. Escoitabamos xa preto do río e lembrábamos que o Zalo nos recomendara o trilho precisamente polas súas pozas, porque todos tiñamos ganas de mergullarnos un chisco para combater os rigores do calor.
Pouco tardamos en chegar ó cauce fluvial que, aínda que minguado, conservaba o caudal suficiente para encher algunhas bañeiras naturais, eso si, máis pequenas do que agardabamos. De tódolos xeitos na primeira delas, a carón dunha senlleira pontella de pedra, dimos unha boa chapuzada. A auga estaba fresquiña de máis e os tabáns estaban bravos e se cebaron con Georgia, que debe ser a que ten a sangue máis doce, pero a pesares de estes inconvenientes gozamos do baño.
Esto deunos azos para o que nos quedaba por diante, sortear os douscentos metros de desnivel que nos quedaban ata o pobo, e que discorreron por un camiño bastante evidente, no que non era posible a perda. O trilho, en liñas xerais, está ben marcado, e esta segunda parte é bastante sombreada, pero non cumpriu as miñas expectativas e me deixou un sabor agridoce na gorxa.
Para combatelo, en canto chegamos outra vez ó núcleo rural de Germil, que mantén ese ritmo peculiar das poboacións agrícolas e gandeiras, tomamos unha Super Bock no mesmo bar, quizais o único, que o domingo pasado, mentres escoitabamos as rifas dos fregueses en torno a unha partida de cartas.
Non fixeramos máis de tres horas de andaina, pero ca que estaba caendo xa lle chegaba, non era cousa de alongala. En vez desto, collemos o coche e saímos pola estrada en dirección a Ermida, onde sabiamos polos nosos amigos dunhas pozas de ensoño, baixo a ponte que sortea o río Froufe.
Había un algo de xente, pero non lles restaba encanto, tal eran as súas dimensións, emprazamento e temperatura das augas. Alí nos mergullamos por derradeira vez, coa promesa de volver cunha caixa de cervexas, uns bocadillos e pasar a tardiña sen máis preocupacións.
Tampouco ó volver á metrópole tiñamos moita, nada máis que volver a encher os estómagos famentos, e tiñamos o lugar axeitado, o Eido Vello, e a compaña perfecta, a Criatura, para contarlles a historia deste día que agora xa forma parte do noso imaxinario colectivo.
E128 Trilho das Portelas (Ponte da Barca)
Domingo, 12 de xullo de 2009
No Club de Camiñantes aprendín a deixarme conquistar polos camiños e a esquecer a conquista dos cumios, a valorar máis o debagar por congostras, corredoiras e canicouvas, que o destino a onde estes me levaran, gozando cada paso mentres descubría algúns dos infinitos segredos agochados tras cada árbore, pedra, río.
Especialmente con Zalo, alma de toda esta historia que está a piques de cumprir xa unha década, recitei os nomes dos outeiros, aldeas, muíños, fragas, lagoas, e atopei lendas de mouros e de fuxidos, oficios que pensaba esquecidos, tradicións que se remontan á noite dos tempos.
É un patrimonio valioso que non ten prezo o que me deron os bos e xenerosos do CdC, e por iso sinto un orgullo especial cando utilizan ós Eivadiños como vangarda, patrulla de recoñecemento ou grupo expedicionario para descubrir rutas coas que engrosar as súas convocatorias.
E precisamente con Zalo e con Alex, o elemento máis entusiasta das nosas tropas, imos cara á Serra Amarela, despois da pertinente enchenta de arroz malandro, para afianzar as nosas tradicións. Estas terras que nos descubriron os nosos amigos do Casal de Sistelo (lugar mítico onde algún día peregrinaremos) forman parte xa do noso imaxinario colectivo, e a taberna do cego, ou as poldras do Froufe son visitadas nos nosos soños.
Existen varios trilhos sinalizados na zona, pero non son dabondo para colmar os desexos do León de Paramos de traer a súa lexión de fieis por aquí, así que pensa en engadir ó que sae de Germil, chamado das Poças, outro que xa ten medio debuxado na cabeza, e que quere afianzar na nosa compaña.
Chegados a ese enclave montañés deixamos o coche ao carón da súa igrexa, cun pequeno cemiterio adxacente, e cruzamos as súas estreitas rúas onde aínda se escoitan os ecos dos xogos infantís, e constatamos que este pobo esta cheo de vida, os seus campos cultivados e moitas casas restauradas, unha delas como centro de turismo rural.
Dámoslles as costas a Grijo por unha corredoira que se interna nunha carballeira, firme enlamado ás veces e outras discorrendo por un camiño carreteiro, onde atopamos rastros dun antigo sendeiro sinalizado do que non temos información.
Pero o Zalo é un home teimudo, e ós poucos abandonamos o camiño e subimos cara un monte salpicado de penedos graníticos, intentando seguir o rastro dun antigo paso entre un océano de fentos e de toxos. Non temos outra que seguilo, iniciando unha forte ascensión a un outeiro que nos arranca os primeiros suores. Nin Alex nin eu tivemos a previsión de traer auga para a camiñata, e o de Paramos nos alenta a subir a bo ritmo para recompensarnos cun trago cando cheguemos arriba. As panorámicas dos vales abertos polos ríos Vez e Froufe, conforme gañamos altura, van compensando os esforzos da subida.
No alto da portela hai unha cruz metálica inzada nun penedo, esa é a primeira das referencias do noso guía, e a falta de cartas xeográficas, ben poderíamos chamarlle Portela da Cruz. Dende aquí enlazamos con outro camiño carreteiro que discorre entre valados e que vai mudando a paisaxe debagar, carballos, castiñeiros e pedras colonizadas polo musgo, incluso vemos algún cogomelo que non sabe de estacións.
Este camiño achéganos a outro enclave da serra, Cutelo, inzando unha algarabía de cans, onde apreciamos a importancia do cultivo do millo, xa que vemos espigueiros de cinco, seis e ata oito pés, algúns dos cales cruzan as rúas como os que vimos en Oscos. Este pobo ten a meirande parte das casas en moi bo estado, e moitas delas teñen unha arquitectura certamente señorial, incluso caemos na conta de que ten alcantarillado. Tamén atopamos ó noso paso unha grande cantidade de viñas, o que certifica a fertilidade destas terras.
Entre unha morea de campos cultivados que se estende por todo o val, avanzamos, e non tardamos en acadar o terceiro pobo da xornada, Cortinhas, quizais non tan bonito como o anterior, pero dotado tamén dunha cantidade considerable de grandes espigueiros. Alí podemos aprovisionarnos de auga, ao carón dun xigantesco carballo, despois de consumir as provisións que Zalo levaba na mochila, e proseguir a nosa procura dos segredos da Serra Amarela.
Volvemos ascender cara uns montes de pechadas formacións de granito, entre as miradas inquisitivas dun rabaño de vacas barrosâs, as que Alex non dubida en retratar con maneiras de profesional. Ó lonxe as montañas do Gêres parecen estar chamando por nós, pedindo que debuxemos novas rutas para acariñar os seus lombos, máis preto o Muro (1.345 metros), que queda a nosa dereita.
Á nosa fronte unha morea de cabras custodiadas por un par de pastores parece que nos indican o camiño, xa que o Zalo nos dirixe canda elas, por unha paisaxe que pouco ten que ver coa que atopamos a saída de Grijo. Mentres seguimos o rastro dalgunhas mariolas inzadas polos amigos do Casal de Sistelo, para que lembremos que estamos nos seus territorios.
Aquí o terreo está totalmente desarborado, en boa parte do itinerario nin tan sequera hai fentos ou toxos, e aínda así ten unha estraña beleza. Detémonos a contemplala mentres o noso guía escruta nos xendarmes de pedra que temos que atravesar para atopar unha portela que nos conduza ó outro lado. Aproveita a pausa para explicarnos que as portelas son pequenos portos de montaña por onde é máis axeitado pasar dun val o outro, e cando ten claro por onde atacarlle arremetemos a derradeira ascensión. Debémonos dar presa, xa que unha néboa espesa ven cara nós dende o Gêres.
Cando atravesamos a portela comprobamos que tamén ó outro lado da montaña está invadido polo neboeiro e aumentamos o ritmo, xa en pleno descenso, mentres o Alex nos conta dunha montañeira francesa que, fai ben pouco, estivo perdida na serra asturiana durante máis dunha semana. Nós confiamos no Zalo, e o seu olfacto non o traizoa, xa que os poucos chegamos a unha zona que coñece ben, chamada Châo de Lamas, onde pace unha grea de cabalos.
Dende alí, nun claro aberto entre a néboa, vemos o enclave montañés de Grijo1, o noso destino, e emprendemos unha baixada acelerada, a escachapexegueiros, entre carrascos, uces e toxos. Sen dubida o tramo máis difícil da ruta, xa que aquí non hai nin rastro de camiño, e temos que ir con coidado de non meter unha perna nunha fochanca e mancarnos. Cando completamos a baixada do outeiro, chegando a un ribeiro que cruzamos por unha pontella de grandes lousas, o noso guía anúncianos que aquí debería comezar a segunda parte do noso itinerario, xa que pensaba en enlazar o camiño que fixemos co trilho das Poças, pero que con esta visibilidade non paga a pena.
Aledámonos de entrar no pobo a bo paso, xa que as nosas gorxas xa están sedentas dunha boa Súper Bock. Na primeira taberna que atopamos, quizais a única do pobo, e que asusta mesmo o Alex ó ir a pedir as birras, brindamos polo traballo ben feito. Que saiban os do CdC da nosa tarefa...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Archivo del blog
-
►
2013
(22)
- ► septiembre (4)
-
►
2010
(41)
- ► septiembre (5)
-
►
2008
(35)
- ► septiembre (2)
-
►
2007
(50)
- ► septiembre (4)
Seguidores
Datos personales
Autores
- Alex Alén (1)
- Begoña (1)
- Dalia López (1)
- Iolanda (1)
- Luis Chapela (18)
- Miguel Panette (7)
- Nacho Betanzos (1)
- Salome Pinheiro (14)
- Sonia (6)
- Sudando Botas (23)
- Xacobe Casal (4)
- Zalo de Paramos (8)
¿Quen anda por ahí?
Concellos
- A Lama (5)
- Arbo (1)
- Arcos de Valdevez (14)
- Arouca (4)
- Arredor da Lareira (15)
- Baiona (2)
- Barcelos (1)
- Barro (1)
- Beariz (1)
- Bueu (3)
- Caminha (5)
- Cangas do Morrazo (11)
- Cartelle (1)
- Cenlle (1)
- Cerdedo (1)
- Cotobade (9)
- Covelo (9)
- Esgos (1)
- Folgoso do Courel (3)
- Forcarei (2)
- Fornelos de Montes (2)
- Galende (1)
- Gondomar (4)
- Leiro (1)
- Meis (1)
- Melgaço (2)
- Melón (3)
- Moaña (7)
- Mondariz (5)
- Monçao (11)
- Nigrán (3)
- O Rosal (2)
- Oia (1)
- Oscos (5)
- Paredes de Coura (31)
- Pazos de Borbén (3)
- Pirineos (2)
- Ponte da Barca (5)
- Ponte da Lima (5)
- Ponteareas (3)
- Pontevedra (5)
- Punxín (3)
- Quintela de Leirado (3)
- Ribadumia (1)
- Rivadavia (1)
- Rivello (1)
- Salvaterra do Minho (2)
- Silleda (1)
- Tui (4)
- Val d'Agri (9)
- Val de Ansó (2)
- Val de Hecho (1)
- Val de Salazar (2)
- Valença (10)
- Verea (3)
- Viana do Castelo (5)
- Vigo (13)
- Vila de Cruces (1)
- Vilaboa (4)
- Vilagarcía de Arousa (1)