Eivadiños
E298 Sendeiro do Pantano de Irabia (Val de Aezkoa): Crónica e fotos
E298 Sendeiro do Deza (Vila de Cruces - Silleda): Crónica e fotos
E297 Sendeiro da Fraga do Barragán (Fornelos de Montes - Pazos de Borbén): Crónica e fotos
E296 Sendeiro da Soavela (Cangas do Morrazo): Crónica de Sonia e fotos
E295 Trilho de Corno de Bico (Paredes de Coura): Crónica de Sonia e fotos
E294 Sendeiro do Baixo Lérez (Pontevedra): Crónica e fotos
E291 Polo corazón da Selva de Irati (Val de Salazar): Crónica e fotos
E290 Ascensión ó Castelo de Acher (Val de Hecho): Crónica e fotos
E288 Sendeiro da Freixa (A Lama): Fotos e crónica de Sonia
E287 Roteiro de Donón (Cangas do Morrazo): Fotos e crónica de Sonia
E285 Sendeiro dos ríos da Fraga e do Beque (Moaña): Fotos e crónica de Sonia
E284 Polos montes de Moaña e outros mundos
E284 As lecions do mestre Chapela nos cumios do Morrazo
E282 Sendeiro dos Cons (Vilagarcía de Arousa): Crónica e fotos de Ana
E281 Trilho interpretativo de Lamas de Mouro (Monçao): Fotos e crónica de Miguel
E146 Trilho da Boulhosa (Paredes de Coura)
Domingo, 18 de outubro de 2009
A miña xeografía, este proxecto de home que son, este conxunto de osos, carnes e sentires, contedor de lembranzas e de nostalxias, é un mapa feito de lugares e de xentes, eles me conforman, son a miña topografía, o meu imaxinario particular, e dan senso a esto que son, nun inventario de sentimentos que teñen voces propias. Algunhas destas voces repítense como un eco agarimoso, e fanme sentir terra, auga e vento, pois son as que combaten as pantasmas que tentan infectar os meus soños. Son, por tanto, material co que fabrico os meus soños e grazas a eles son eu, e no outro.
Miguel e Paredes de Coura, dúas voces poderosas que me afastan dos naufraxios, refuxios nos que medran os sorrisos e onde as feridas teñen vocación de cicatrices. Home e Terra que dan senso as maiúsculas, e que con só nomealos acoden a min para esvaecer as tebras e iluminar os meus días. Son parte de min, e eu son parte deles. E tamén conforman a espiña dorsal desta teima que dimos en chamar Eivadiños, xa que sen Paredes de Coura e sen Miguel sería outra cousa, ou non sería.
Por eso neste día no que a primavera segue empeñada en suplantar ó outono, insisto en ambos, e un lévame ó encontro do outro. Como atopamos pechado o comedeiro de San Pedro da Torre imos alá sen escalas, pois no centro de Paredes tamén hai lugares axeitados para encher os nosos estómagos con algo máis consistente que as palabras. Tamén pechou o Conselleiro, e o Miquelina está petado, así que temos que buscar unha alternativa e, xa sabemos, o que busca sempre atopa. Solucionamos mandándolle un arroz de marisco na Albergaría.
Satisfeitos e co depósito cheo, damos unhas voltas polo pobo ata que atopamos a dirección correcta que, despois dun feixe de curvas perigosas, lévanos a freguesía de Insalde. O Miguel non se lembra de que fai algo máis de dous anos xa estivemos aquí, e teño que refrescarlle a memoria. Porque temos unha memoria colectiva, un feixe de días, de lugares e de xentes compartidos. E a poucos comenza a lembrar. As campás da igrexa de Santa Marta repenican: son as tres e media da tarde.
Cruzamos un pequeno núcleo rural que, curiosamente, chamase Cidade, deixando tras nosa un regueiro de miradas curiosas: boa tarde, boa tarde... e tan boa que nos primeiros metros xa temos que alixeirarnos de roupa. Hoxe vimos de uniforme, forro e camiseta negra, idénticas, de lonxe parecemos un equipo nunha competición de marchas de orientación (ás que me quere arrastrar o colega).
Falta nos fará a orientación e a memoria, pois xa dende o comezo decatámonos de que as marcas están bastante desgastadas ou agochadas entre a vexetación. Menos mal que entre os dous aínda apañamos bastante ben.
As lembranzas son o noso motor e marcan o noso rumbo, xa que cando deixamos atrás o pobo, cruzando unha pequena estrada, o Miguel comeza a monta-las pezas difusas do mapa da memoria, e axudado polo que levamos agochado no peto indica con firmeza unha costa pedregosa que se inicia á nosa dereita, preto dunha nova construcción que semella un deposito de auga.
Imprimimos o xa clásico ritmo eivadiño, dubidando o xusto nos cruces de camiños que non están indicados, e o noso olfacto de cans lévanos sempre na boa dirección, ascendendo máis de douscentos metros de altitude, pola Serra da Boulhosa, entre toxos, xestas e carrascos, ata unha extensa chaira onde pacen non menos de medio centenar de vacas de grandes cornamentas acompañadas por un numero semellante de tenreiros. Cousa grandiosa este espectáculo, rodeados por un exército bovino que bota as carreiras en canto nos acercamos.
Ten algo de máxico esta paraxe e leo na nosa guía que “esta serra garda nas súas entrañas vestixios dunha antiga necrópole megalítica, cuios dolmens e antas foron destruídos pola incontrolable avidez dos ciprianistas, na súa búsquea de ouro, e que foron responsables da destrucción de gran parte do patrimonio arqueolóxico do concello”.
Rematado o ascenso, rodeamos os pastizais por un amplo camiño franqueado por faias de troncos prateados e follas douradas, ata chegar ás ruínas do que foi a Cooperativa agrícola da Boulhosa, onde se producía a apreciada pataca coñecida polo nome da propia serra. Xa non hai outra actividade nesta extensa zona que a gandeira, e non vemos máis xente que un feixe de cazadores bebendo cervexa e pegando tiros ó ar.
¡Apura o paso, colega!, dinme o Miguel cando circunvalamos os terreos da cooperativa pola estrada que ven de Insalde, ¡Non vaia ser que nos confundan con coellos!. O certo e que as detonacións que semellan lóstregos non son para tranquilizarnos, e máis cando estamos a piques de internarnos na espesura da fraga.
O de atopa-lo camiño da carballeira tamén é cousa de escarvar na memoria, porque as marcas fai tempo que desapareceron entre a vexetación e non atopamos ningunha ata que estamos xa ben metidos no bosque, coa herba chegándonos ós xeonllos e intuíndo un camiño que xa non era. O compensa a beleza sempre agarimosa deste tipo de lugares que, por moito que insistas neles, sempre te cargan dunha enerxía especial.
O traxecto da fraga semellásenos curto, porque unha vez que confirmamos a dirección grazas a algúns sinais que aínda resisten o paso do tempo, collemos unha canicouva ben definida que, a poucos, lévanos cara o Souto da Torre. O inicio deste lugar está indicado cun peto de alminhas onde comeza un camiño carreteiro que volve ascender levemente.
Na outra ocasión que pasamos por aquí, lémbrome, collemos á esquerda e perdémonos no pobo, e rematamos o recorrido pola estrada. Desta vez non ía ser así, e entramos no núcleo rural pola parte máis alta, e como recompensa polo noso acerto, preto dun campo con media ducia de medas, atopamos un feixe de maceiras e pereiras cos derradeiros froitos pendurados das súas polas.
Colléronme coas mans na masa, xa que mentres estaba a baleirar ás arbores apareceron as donas a facer o propio. Apañei o que puiden e fuxín coma un covarde, aínda que as mulleres non fixeron aceno de se me enfrontar, agás un comentario con sorna sobre se estaban boas as mazás. O certo é que a xente do Coura é ben amigable, como o demostrou unha velliña na ermida da nosa senhora da Concepciâo, que colleu a Miguel da man e quería levalo para casa ¡non sabía nada a vella, seguro que tiña algunha neta en idade de merecer!.
O Miguel ficou comigo, que seica é desconfiado cas intencións das mulleres, e xuntos fixemos os últimos metros ata a igrexa de Insalde, onde estaba o noso vehículo. Coincidimos en afirmar que fora unha camiñata perfecta, cunhas condición atmosféricas idóneas, un desnivel axeitado e un recorrido bonito, so lle restaba un algo máis de distancia, xa que os dez quilómetros quedáronnos algo curtos, xa que en tres horas e media fomos quen de completalos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Entrada más reciente
Entrada antigua
Inicio
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Archivo del blog
►
2014
(1)
►
enero
(1)
►
2013
(22)
►
diciembre
(2)
►
noviembre
(2)
►
septiembre
(4)
►
julio
(1)
►
junio
(1)
►
mayo
(2)
►
abril
(1)
►
marzo
(4)
►
febrero
(2)
►
enero
(3)
►
2012
(10)
►
diciembre
(5)
►
noviembre
(4)
►
octubre
(1)
►
2011
(11)
►
marzo
(4)
►
febrero
(4)
►
enero
(3)
►
2010
(41)
►
diciembre
(2)
►
noviembre
(3)
►
octubre
(5)
►
septiembre
(5)
►
agosto
(3)
►
julio
(1)
►
junio
(3)
►
mayo
(5)
►
abril
(1)
►
marzo
(2)
►
febrero
(5)
►
enero
(6)
▼
2009
(65)
►
diciembre
(5)
►
noviembre
(7)
▼
octubre
(5)
E146 Trilho da Boulhosa (Paredes de Coura)
O REMEDIO
E145 Máis ala da Devesa da Rogueira (Folgoso do Co...
O SOÑO DA NOITE
DENDE A PENEDA
►
septiembre
(7)
►
agosto
(8)
►
julio
(3)
►
junio
(5)
►
mayo
(4)
►
abril
(9)
►
marzo
(4)
►
febrero
(6)
►
enero
(2)
►
2008
(35)
►
diciembre
(3)
►
noviembre
(3)
►
octubre
(2)
►
septiembre
(2)
►
agosto
(3)
►
julio
(2)
►
junio
(2)
►
mayo
(1)
►
abril
(4)
►
marzo
(6)
►
febrero
(5)
►
enero
(2)
►
2007
(50)
►
diciembre
(5)
►
noviembre
(3)
►
octubre
(3)
►
septiembre
(4)
►
agosto
(4)
►
julio
(6)
►
junio
(3)
►
mayo
(4)
►
abril
(5)
►
marzo
(3)
►
febrero
(6)
►
enero
(4)
►
2006
(17)
►
diciembre
(2)
►
noviembre
(3)
►
octubre
(7)
►
mayo
(5)
Seguidores
Datos personales
eivadiños
Ver todo mi perfil
Autores
Alex Alén
(1)
Begoña
(1)
Dalia López
(1)
Iolanda
(1)
Luis Chapela
(18)
Miguel Panette
(7)
Nacho Betanzos
(1)
Salome Pinheiro
(14)
Sonia
(6)
Sudando Botas
(23)
Xacobe Casal
(4)
Zalo de Paramos
(8)
¿Quen anda por ahí?
Nómadas
El día que Nómadas diseñó in situ una ruta polifacética
Hace 8 años
Dominguer@s en marcha!
Hace 12 años
Sudando Botas
Herreruela de Castillería - Valdecebollas - Sel de la Fuente
Hace 12 años
La banda del Cheri
Red Bull Rampage Biggest Crashes
Hace 12 años
Congostra
Club de Camiñantes
Concellos
A Lama
(5)
Arbo
(1)
Arcos de Valdevez
(14)
Arouca
(4)
Arredor da Lareira
(15)
Baiona
(2)
Barcelos
(1)
Barro
(1)
Beariz
(1)
Bueu
(3)
Caminha
(5)
Cangas do Morrazo
(11)
Cartelle
(1)
Cenlle
(1)
Cerdedo
(1)
Cotobade
(9)
Covelo
(9)
Esgos
(1)
Folgoso do Courel
(3)
Forcarei
(2)
Fornelos de Montes
(2)
Galende
(1)
Gondomar
(4)
Leiro
(1)
Meis
(1)
Melgaço
(2)
Melón
(3)
Moaña
(7)
Mondariz
(5)
Monçao
(11)
Nigrán
(3)
O Rosal
(2)
Oia
(1)
Oscos
(5)
Paredes de Coura
(31)
Pazos de Borbén
(3)
Pirineos
(2)
Ponte da Barca
(5)
Ponte da Lima
(5)
Ponteareas
(3)
Pontevedra
(5)
Punxín
(3)
Quintela de Leirado
(3)
Ribadumia
(1)
Rivadavia
(1)
Rivello
(1)
Salvaterra do Minho
(2)
Silleda
(1)
Tui
(4)
Val d'Agri
(9)
Val de Ansó
(2)
Val de Hecho
(1)
Val de Salazar
(2)
Valença
(10)
Verea
(3)
Viana do Castelo
(5)
Vigo
(13)
Vila de Cruces
(1)
Vilaboa
(4)
Vilagarcía de Arousa
(1)
No hay comentarios:
Publicar un comentario