Eivadiños
E298 Sendeiro do Pantano de Irabia (Val de Aezkoa): Crónica e fotos
E298 Sendeiro do Deza (Vila de Cruces - Silleda): Crónica e fotos
E297 Sendeiro da Fraga do Barragán (Fornelos de Montes - Pazos de Borbén): Crónica e fotos
E296 Sendeiro da Soavela (Cangas do Morrazo): Crónica de Sonia e fotos
E295 Trilho de Corno de Bico (Paredes de Coura): Crónica de Sonia e fotos
E294 Sendeiro do Baixo Lérez (Pontevedra): Crónica e fotos
E291 Polo corazón da Selva de Irati (Val de Salazar): Crónica e fotos
E290 Ascensión ó Castelo de Acher (Val de Hecho): Crónica e fotos
E288 Sendeiro da Freixa (A Lama): Fotos e crónica de Sonia
E287 Roteiro de Donón (Cangas do Morrazo): Fotos e crónica de Sonia
E285 Sendeiro dos ríos da Fraga e do Beque (Moaña): Fotos e crónica de Sonia
E284 Polos montes de Moaña e outros mundos
E284 As lecions do mestre Chapela nos cumios do Morrazo
E282 Sendeiro dos Cons (Vilagarcía de Arousa): Crónica e fotos de Ana
E281 Trilho interpretativo de Lamas de Mouro (Monçao): Fotos e crónica de Miguel
E116 Ruta do Silencio (Villanueva de Oscos)
Non podíamos rematar as nosas vacacións de semana santa sen facer esta ruta.
A RUTA DO SIENCIO, este silencio que ás veces invade a miña cabeza e me tortura e outras veces me acompaña como unha compañeira fiel e relaxante.
Desta vez, abofé, que foi así, xa que nesta ruta respirábase ese silencio agradable que te abana e arrola, que te libera de tódolos pensamentos negativos e te invade dunha enerxía, ledicia e pracer infinitos.
A Ruta do Silencio é dese tipo de rutas que nunca se esquecen despois de facelas, xa que cumpre tódolos requisitos que un camiñante busca nas súas pateadas, comparable coa onda perfecta que ansían os surfeiros.
Por todo isto vale a pena recordar este pateo e facer a súa crónica.
Atrás deixábamos tres xornadas estupendas na zona de Santa Eulalia de Oscos, en esta Asturias que sabe coidar o que ten e sácalle partido ós seus recursos dunha forma sostible.
A nosa Galiza está rodeada de veciños, (Portugal e Asturias), moito más intelixentes ca nós neste aspecto.
Teño que dicir que o día anterior a facer esta ruta, estivemos pateando tres horas pensando que estabamos a facela, pero case que mellor que nos equivocáramos porque non sería o mesmo.
Ó saír do albergue de Vega do Carro, aló pola 9,30 da mañá, o día estaba espeso e chuvioso, mais ou menos coma os demais días, pero tamén era verdade que así coma avanzaba a xornada o tempo melloraba.
Con esta confianza Anxo, Alex e mais eu, emprendemos a viaxe da nosa ruta e despois dunha parada nunha casa-tenda, por chamalo dalgunha maneira, rexentada por unha vella que nos despachou un pouco de queixo e chocolate, cun atavío que daría para facer outro relato, chegamos a San Cristóbal, lugar do inicio da que sería a mellor pateada dende fai moito tempo, aínda que esto das comparacións dos percursos son mais que odiosas, xa que cada un, ten o seu encanto.
Ao chegar a San Cristóbal estábanos a esperar unha personaxe que xa coñecíamos do día anterior, era o noso burro branco, que espetounos un amable orneo saudoso e mesmo foi quen de achegarse a onda nos, para que lle déramos unha caricias de benvida ou despedida, xa que non o volveriamos ver.
No punto de saída repasamos a ruta no noso mapa e no cartel informativo para estar seguros de que esta vez, se escolleríamos o percurso axeitado.
Dende a pequena pero bonita hermida de San Cristóbal, comezamos unha baixada cara o río Ahío por un camiño amplo que pouco a pouco íanos internando na paisaxe que case que nos acompañou toda a ruta.
Polas datas nas que nos atopamos, as árbores por estas latitudes aínda comezan a brotar as súas follas, polo tanto as especies coma castiñeiros, carballos, érbedos.... etc. cobren a medias a luz, polo que o recorrido faise espectacular. Xa estamos no preludio da primavera e no chan aínda abundan as follas caídas no outono anterior. O colorido é unha mestura entre dourado vello e o verde con todo o seu esplendor.
Mentres, subimos cara Mourelle, nas ladeiras despeiteadas dos picos do redor, pódese ollar a paisaxe que deixou o derradeiro temporal que machicou Galicia e mesmo deixou sen enerxía eléctrica a miles de galegos. Eiquí máis cun temporal parece que houbera unha guerra, xa que moitas árbores de gran envergadura, foron arrincadas da terra deixando ó descuberto os seus enormes cepellóns. Os que tiveron mellor sorte aparecían estragados pola metade dos seus troncos.
O camiño complicábase, xa que estas árbores obstaculizaban de seguido os nosos pasos, mesmo para facernos dubidar da nosa ruta.
Tras unha subida prolongada cunhas vistas impresionantes do canón que ía formando o río, chegamos a Mourelle.
A verdade que as xentes de antes, ó escoller o sitio onde establecer as súas vivendas, esmerábanse de veras. Mourelle é un pobo abandonado non hai moito tempo, tal e como atopamos o interior das súas casas, situado nunha revolta da ascensión ó pico Balongo. As súas casonas abandonadas transmitían poderío por tódalas súas paredes.
Unha sensación que compartimos os meus compañeiros mais eu, é o respecto ó entrar no interior delas. O corpo invádese de algo estraño, coma si os antergos moradores estiveran observando os teus movementos e accións. Esta sensación é aínda maior cando observas a súa lareira, lugar de encontro, de tertulias inagotables e de refuxio das noites de inverno.
Axilizando o paso e sen mirar moito cara atrás, saímos da casa principal do núcleo de Mourelle, esvarando nas súas escaleiras de pedra musgosa, avisándonos de que xa estaba ben de molestar os espíritos moradores do lugar.
Nunca derradeira ollada cara o pobo, pola miña cabeza reconstrúese o estilo de vida que poderían ter estas persoas e de novo o poderío deste poboado estratexicamente situado.
Sen moito tempo para cambiar impresións cos meus compañeiros, comeza unha dura subida cara o Balongo, que en verdade nos quita o alento, tendo incluso que rebaixar o ritmo dos pasos e regular a respiración para que te chegara o suficiente oxíxeno ós pulmóns para mover o teu corpo. Coa escusa de ollar uns cabalos paramos para recuperar folgos, para afrontar o derradeiro tramo da dura ascensión. Pero coma sempre, o esforzo merece a pena e unha vez chegado o cumio, aterrezamos nunca Braña espectacular en forma de península, que permite dominar coa vista, case que os 360ª dunha paisaxe maxestosa, na que pouco a pouco, imos identificando no mapa os fitos mais salientables e o camiño percorrido e por percorrer.
No cartel do inicio da ruta indicaba que por estas terras deambulaban e protexíanse da Garda Civil os contrarios ó réxime, que nesta Asturias eran moitos. Mesmo intentamos atopar, sen éxito, a cova de 300 metros cadrados onde pasaran longas tempadas.
Eu imaxino a estas xentes no duro inverno, coma osos protexéndose das inclemencias do tempo e pasando largas horas de vixilancia dende este miradoiros dende onde se controlaba todo o val.
Despois dunha repoñedora comida, descendemos suavemente para poder cruzar outro regato, e en un abrir e pechar os ollos estar na outra aba da montaña co Brusquete erguéndose ó noso carón. Esta fase da ruta quizais é a mais monótona do sendeiro, aínda que ten boas vistas. Achegámonos así o pobo do Brusquete debaixo do seu pico, onde algunha das súas casa está habitada e o dominio do val volve a ser excelente.
Tras outra subidiña abandonamos a pista forestal e entramos noutro mundo. Volvemos emerxernos nun grandioso túnel natural, formado polas copas das árbores que nos fai sentir nun escenario de conto de fadas, no que animais e plantas viven libremente. Aquí tócanos baixar e ós poucos, desviamos a ruta para poder ollar de perto unha fermosa fervenza que fai que a ruta teña de todo e pensemos que foi un gran acerto facela antes de volver cara a Vigo.
Outro descenso mais forte co anterior, fainos baixar de lado para non forzar moito os xeonllos, e debaixo dos nosos pes, os minúsculos anaquiños de lousa remóvense perigosamente. Antes de cruzar de novo o río Ahío (polo tanto estamos a rematar a ruta), escoitamos a caída libre doutra fervenza aínda mais grande que a anterior, pero a vexetación dificúltanos a visión desta.
A voltas estábamos con atopar a cova dos 300 metros cadrados e resulta que a tivemos ó noso carón e non nos dimos de conta. Non pasa nada, xa que prometémonos a nós mesmos volver noutra ocasión para internarnos nela.
O cruce do río Ahío é verdadeiramente fermoso pola frondosidade da súa vexetación, e mesmo os cachotes de pedras redondeadas que descenden pola ladeira da súa ribeira son coma bolas de musgo, que se van agrandando a medida que avanza o tempo..
Tócanos de novo, o derradeiro ascenso duro cara a San Cristóbal. Esta parte do camiño confírmanos que esta Ruta do Silencio é verdadeiramente a mellor ruta dos catro días que levamos por Oscos. Para min, dende logo, unha das mais fermosas que fixera nunca.
Completada a ruta en San Cristóbal, cansados pero satisfeitos pola decisión de non volver a Vigo sen facela, ollamos por derradeira vez esta paisaxe, comentando que volveremos por estes lares outra vegada mais.
Xa de volta para Vigo camiño da Fonsagrada, mentres Anxo pilla un colocón manexando o seu pc no coche, vou recordando as paisaxes destes tan satisfactorios catro días ASTURIANOS-GALAICOS.
Unha aperta a Anxo e Alex pola formidable compaña nesta viaxe.
Panette, abril de 2009
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Entrada más reciente
Entrada antigua
Inicio
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Archivo del blog
►
2014
(1)
►
enero
(1)
►
2013
(22)
►
diciembre
(2)
►
noviembre
(2)
►
septiembre
(4)
►
julio
(1)
►
junio
(1)
►
mayo
(2)
►
abril
(1)
►
marzo
(4)
►
febrero
(2)
►
enero
(3)
►
2012
(10)
►
diciembre
(5)
►
noviembre
(4)
►
octubre
(1)
►
2011
(11)
►
marzo
(4)
►
febrero
(4)
►
enero
(3)
►
2010
(41)
►
diciembre
(2)
►
noviembre
(3)
►
octubre
(5)
►
septiembre
(5)
►
agosto
(3)
►
julio
(1)
►
junio
(3)
►
mayo
(5)
►
abril
(1)
►
marzo
(2)
►
febrero
(5)
►
enero
(6)
▼
2009
(65)
►
diciembre
(5)
►
noviembre
(7)
►
octubre
(5)
►
septiembre
(7)
►
agosto
(8)
►
julio
(3)
►
junio
(5)
►
mayo
(4)
▼
abril
(9)
E119 Sendeiros de Borbén (Pazos de Borbén)
E118 Senda de Belate – Ascenso al Saioa (Valle de ...
E116 Ruta do Silencio (Villanueva de Oscos)
IX ANDAINA DOS AMIGOS DOS CARBALLIÑOS
E115.1 Ruta da Bobia (San Martín de Oscos)
E115.2 Ruta da Bobia (Santalla d'Oscos)
E114 Ruta de A Cova (Santalla d’Oscos)
E113 Ruta do Forcón dos Ríos (Santalla d’Oscos)
E112 Trilho da Insua do Crasto e da Foz do Río Man...
►
marzo
(4)
►
febrero
(6)
►
enero
(2)
►
2008
(35)
►
diciembre
(3)
►
noviembre
(3)
►
octubre
(2)
►
septiembre
(2)
►
agosto
(3)
►
julio
(2)
►
junio
(2)
►
mayo
(1)
►
abril
(4)
►
marzo
(6)
►
febrero
(5)
►
enero
(2)
►
2007
(50)
►
diciembre
(5)
►
noviembre
(3)
►
octubre
(3)
►
septiembre
(4)
►
agosto
(4)
►
julio
(6)
►
junio
(3)
►
mayo
(4)
►
abril
(5)
►
marzo
(3)
►
febrero
(6)
►
enero
(4)
►
2006
(17)
►
diciembre
(2)
►
noviembre
(3)
►
octubre
(7)
►
mayo
(5)
Seguidores
Datos personales
eivadiños
Ver todo mi perfil
Autores
Alex Alén
(1)
Begoña
(1)
Dalia López
(1)
Iolanda
(1)
Luis Chapela
(18)
Miguel Panette
(7)
Nacho Betanzos
(1)
Salome Pinheiro
(14)
Sonia
(6)
Sudando Botas
(23)
Xacobe Casal
(4)
Zalo de Paramos
(8)
¿Quen anda por ahí?
Nómadas
El día que Nómadas diseñó in situ una ruta polifacética
Hace 8 años
Dominguer@s en marcha!
Hace 12 años
Sudando Botas
Herreruela de Castillería - Valdecebollas - Sel de la Fuente
Hace 12 años
La banda del Cheri
Red Bull Rampage Biggest Crashes
Hace 13 años
Congostra
Club de Camiñantes
Concellos
A Lama
(5)
Arbo
(1)
Arcos de Valdevez
(14)
Arouca
(4)
Arredor da Lareira
(15)
Baiona
(2)
Barcelos
(1)
Barro
(1)
Beariz
(1)
Bueu
(3)
Caminha
(5)
Cangas do Morrazo
(11)
Cartelle
(1)
Cenlle
(1)
Cerdedo
(1)
Cotobade
(9)
Covelo
(9)
Esgos
(1)
Folgoso do Courel
(3)
Forcarei
(2)
Fornelos de Montes
(2)
Galende
(1)
Gondomar
(4)
Leiro
(1)
Meis
(1)
Melgaço
(2)
Melón
(3)
Moaña
(7)
Mondariz
(5)
Monçao
(11)
Nigrán
(3)
O Rosal
(2)
Oia
(1)
Oscos
(5)
Paredes de Coura
(31)
Pazos de Borbén
(3)
Pirineos
(2)
Ponte da Barca
(5)
Ponte da Lima
(5)
Ponteareas
(3)
Pontevedra
(5)
Punxín
(3)
Quintela de Leirado
(3)
Ribadumia
(1)
Rivadavia
(1)
Rivello
(1)
Salvaterra do Minho
(2)
Silleda
(1)
Tui
(4)
Val d'Agri
(9)
Val de Ansó
(2)
Val de Hecho
(1)
Val de Salazar
(2)
Valença
(10)
Verea
(3)
Viana do Castelo
(5)
Vigo
(13)
Vila de Cruces
(1)
Vilaboa
(4)
Vilagarcía de Arousa
(1)
No hay comentarios:
Publicar un comentario