Eivadiños
E298 Sendeiro do Pantano de Irabia (Val de Aezkoa): Crónica e fotos
E298 Sendeiro do Deza (Vila de Cruces - Silleda): Crónica e fotos
E297 Sendeiro da Fraga do Barragán (Fornelos de Montes - Pazos de Borbén): Crónica e fotos
E296 Sendeiro da Soavela (Cangas do Morrazo): Crónica de Sonia e fotos
E295 Trilho de Corno de Bico (Paredes de Coura): Crónica de Sonia e fotos
E294 Sendeiro do Baixo Lérez (Pontevedra): Crónica e fotos
E291 Polo corazón da Selva de Irati (Val de Salazar): Crónica e fotos
E290 Ascensión ó Castelo de Acher (Val de Hecho): Crónica e fotos
E288 Sendeiro da Freixa (A Lama): Fotos e crónica de Sonia
E287 Roteiro de Donón (Cangas do Morrazo): Fotos e crónica de Sonia
E285 Sendeiro dos ríos da Fraga e do Beque (Moaña): Fotos e crónica de Sonia
E284 Polos montes de Moaña e outros mundos
E284 As lecions do mestre Chapela nos cumios do Morrazo
E282 Sendeiro dos Cons (Vilagarcía de Arousa): Crónica e fotos de Ana
E281 Trilho interpretativo de Lamas de Mouro (Monçao): Fotos e crónica de Miguel
E123 Caminhos do Paô, Caminhos da Fé (Arcos de Valdevez)
Domingo, 31 de maio de 2009
Descripción do percurso e mapa.
¿Como explicar a quen non ten a necesidade, a dependencia, a obsesión polos camiños? ¿Como facer entender que esa colección de pegadas ten vocación de infinito, e polo mesmo non entende de climatoloxía, de estacións, de tendencias sociais? ¿Como conseguir a simpatía, senón o contaxio, de esta afección que me navega polas veas, e que me leva unha semana si e outra tamén a botarme ó monte, como guerrilla?.
Tódolos intentos foron estériles, quizais as miñas facultades para comunicarme estaban minguadas ou non existiron xamais, pero aínda así a miña fe no proxecto seguía intacta, porque só ou en compaña de outros estaba decidido a seguir camiñando. Tal vez sexa o meu traballo sedentario, o habitar no corazón da metrópole, ou as lembranzas que o meu corpo ten do granito, do barro e da espuma, tal vez sexa que non coñeza outra que os sendeiros e as palabras para combater a loucura. Sexa como for amenceu outro domingo e desfíxenme do abrazo cálido dos soños amables para seguir soñando.
As derrotas, ás veces, suceden só nas hipóteses, e velaí que o mediodía desta xornada primaveral, cunha canícula que tentaba con licuar o asfalto, xuntámonos media ducia de eivadiños, das primeiras e as últimas fornadas, e intentámonos poñer de acordo cun recorrido que estivera a gusto de todos. Eu xa tiña medio convencidos a Alex, Georgia e Miguel, máis ou menos, de facer unha ruta ás beiras do Tea, dende Ponteareas ata Mondariz, cando os meus amigos do Casal de Sistelo, Ramón e Yuka, ofrecéronnos a súa guía para coñecer Tibo, escenario dunha das derradeiras saídas do CdC.
A crónica que o Zalo fixera desta andaina espertara a miña cobiza, e pareceume ben o cambio de plans, máis botamos contas e dábanos xusto para o retorno, así que decidimos seguir co plan inicial. Máis estes rapaces non teñen por costume renderse, e contraatacaron con outro plan atractivo: un pequeno trilho no Soajo, con posibilidade de baño, nun lugar agochado que non saía nos mapas.
Así que botamos contas por segunda vez, e desta saíu que si. E para non seguir dándolle voltas marchamos cara o “Eido Vello”, onde pensabamos xantar dende o principio. Era cedo e collíanos de camiño, así non tardamos en chegar o comedeiro, algúns con máis fame que outros.
Eramos os primeiros en tomar posesión dunha mesa, así que fixemos os nosos votos: empanada de millo con zamburiñas, calamares rebozados, pementos de Padrón, churrasco de porco e xurelos (máis ben xureliños). Comemos coma abades, e algúns como abades mitrados, mesmo os que almorzaran facía pouco, e mesmo os máis lambóns deron conta de flans, tartas e xeados. Coma sempre nesta bendita casa, todo foi bo, bonito e barato. E ás dúas e media xa estabamos saíndo cara Portugal.
Antollóuseme lonxe de máis o que tivemos que recorrer para chegar ó Soajo, aínda que dende San Pedro da Torre non nos levou máis de media hora de asfalto, quizais debido a que a agulla do meu depósito estaba nos mínimos, e non se vía ningunha estación de servicio polo camiño. Menos mal que, no peor dos casos, tiñamos o coche dos rapaces do Casal para auxiliarnos, aínda que chegar chegamos, outra cousa era a volta.
O Lourenzo lostregaba sen piedade nas rúas empedradas da poboación enclavada no Parque Natural da Peneda-Gêres, e o grupo saíu desexoso da praza maior, onde deixamos os vehículos, máis de darse un bo mergullo que de facer quilómetros. Aínda que o trilho tampouco era para terlle medo, porque non tiña máis de cinco, así que collemos auga nunha fonte, botamos as mochilas o lombo, e marchamos tras o Ramón, que dirixía o asunto.
O percurso ten un curioso nome: Caminhos de Paô, caminhos da Fé. Este fai referencia a que polas calzadas empedradas que forman o trilho, e ó longo dos séculos, pasaron varios ritmos de vida e de festividades relixiosas, resultantes do sincretismo entre as divinidades e a loita pola supervivencia. O ciclo do pan, acompañou, de xeración en xeración, o ritmo da vida e reflíctese nestes camiños, na paisaxe e na diversidade de ecosistemas que se complementan, nomeadamente a cultura do millo e a crianza do gando, tal como reza o folleto que publicita a ruta.
Xa dende os primeiros metros, afastándose dun pobo pragado de espigueiros, podemos constatar estes antecedentes, avanzando ó carón de campos de cultivo, viñedos e pastizais, dispostos en socalcos e separados por valados de pedra. E levadas que dende o río derivan a auga cara un feixe de muíños e tamén cara os terreos sementados, por unha intricada e eficaz rede de carreiros de granito. O entorno é de tal fermosura que case esquezo a canícula que está caendo sobre nós. Case...
Porque o certo é que se o ascenso non é para afurricar, e que as vistas a Serra do Soajo son espectaculares, polo monte que avanzamos non hai unha cobertura vexetal suficiente para nos asombrar, e levamos os aguillóns do sol cravándose nas nosas calugas, aínda que conforme vamos sumando metros vaise espesando a fraga, e a sombra dos carballos vainos dando un respiro.
Sempre encaixados entre dous valados e deixando as nosas pegadas no camiño carreteiro, e pasando ó carón de varios tramos da levada que vai cara Teixo, facemos un treito por onde adoitaban pasar os romeiros que ían cara o Senhor da Paz, a Senhora da Peneda, San Bento do Cando e, mesmamente, a Santiago de Compostela.
Nós temos fe no Ramón, para que nos conduza a un lugar axeitado para o baño, e cando chegamos ó cruzamento dun ribeiro, onde se atopa unha pequena poza, a punto estamos de bicalo. Pero non, nin bico nin baño, porque a pesares de que daba para pegarse unha boa chapuzada, o noso guía asegúranos que máis adiante había mellores e máis grandes pozas. Así que facémoslle caso, remollámonos un pouco e continuamos o camiño, cruzando por unha pontella de grandes lousas.
Algo máis adiante vemos, un cento de metros debaixo de nós, uns campos dispostos en socalcos, media ducia de casas e un río que xa é digno de chamarse así, e abandonamos o sendeiro sinalizado para dirixirnos cara ala, por un estreito camiño que os amigos do Casal de Sistelo parecen coñecer ben, a pesar de que está algo tapado, quizais porque as vivendas teñen todo o aspecto de estar deshabitadas. Esta congostra desemboca no río, que xusto nesta zona forma varias pozas que identificamos rapidamente como as prometidas.
Así que, sen pensalo dúas veces, espímonos e nun abrir e pechar de ollos estamos todos na auga. A verdade que é un anaquiño do paraíso, ou parécenos por efecto do calor tan esaxerado que está a facer nesta xornada dominical. Mergullamos repetidas veces, uns máis que outros, xa que non todos temos o mesmo vicio, e cando estamos no mellor xa temos que volver a vestirnos para tomar o camiño de volta ¡que pouco dura o bo!.
Abandonamos o lugar con certa nostalxia, e ben seguro que volveremos outro día con máis tempo. E a morriña acentúase comezando a ascender, porque o Lourenzo segue sen dar tregua, empeñado en adiantar as estacións.
Volvemos a enlazar co recorrido curto do noso trilho (xa que ten outra variante sensiblemente máis longa) e seguimos subindo, quizais máis do que esperabamos, pero como non estamos sobrados de tempo tiramos para arriba sen queixarnos demasiado, a pesares de que a algún houbo que empurralo para que non quedara atrás. E sempre polo camiño empedrado, entre valados (imposible perderse, e máis co guía que levábamos), chegamos a Branda de Murço, outro dos puntos atractivos do percurso.
Afortunadamente este é o punto máis alto, e tamén onde conectan as dúas variantes do trilho, e podemos recuperar os folgos, botar uns traguiños de auga e admirar o conxunto etnográfico polo que nos internamos, con máis campos en socalcos, onde atopamos algún exemplar da raza cachena. Tamén aquí atopamos un par de paisanos, que van o veñen dalgunha tarefa rural (non creo que estiveran de paseo ca canícula que estaba caendo), e que nos miran como se estivesemos tolos. Quizais non estaban moi errados.
Xa descendendo pasamos ó carón dos Moinhos da Cruz, conectados por unha levada empedrada, e un chisco máis adiante podemos deternos a admirar unha boa panorámica do Soajo. Quizais non era o día máis axeitado para facer o camiño, pero esta visión ben pagaba a pena, coa serra recortando un ceo dun azul intenso (velvia, como diríamos nos vellos tempos), e o pobo alfombrado de campos verdescentes (e case fluorescentes). Baixamos pola Calçada da Pena Curveira a bo ritmo, e algúns como Alex e Georgia xa estaban a facer plans para tomar un fino ou un panaché, pero tiven que lembrarlles que antes era máis urxente encher o depósito do coche, e case teño que atallar unha rebelión.
Non foi a cousa a maiores, e despois de atravesar o casco urbano logreinos convencer para que se deran presa, eso si despois de volver a beber da Fonte da Barreira, e saímos do Soajo cruzando os dedos para chegar canto antes a unha gasolineira. E chegamos, xa preto de Arcos de Valdevez, onde o Miguel, Ramón e Yuka decidiron alongar a xornada e buscar outra poza onde refrescarse novamente. O resto marchamos cara a Galiza, cada un a cumprir coas súas obrigas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Entrada más reciente
Entrada antigua
Inicio
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Archivo del blog
►
2014
(1)
►
enero
(1)
►
2013
(22)
►
diciembre
(2)
►
noviembre
(2)
►
septiembre
(4)
►
julio
(1)
►
junio
(1)
►
mayo
(2)
►
abril
(1)
►
marzo
(4)
►
febrero
(2)
►
enero
(3)
►
2012
(10)
►
diciembre
(5)
►
noviembre
(4)
►
octubre
(1)
►
2011
(11)
►
marzo
(4)
►
febrero
(4)
►
enero
(3)
►
2010
(41)
►
diciembre
(2)
►
noviembre
(3)
►
octubre
(5)
►
septiembre
(5)
►
agosto
(3)
►
julio
(1)
►
junio
(3)
►
mayo
(5)
►
abril
(1)
►
marzo
(2)
►
febrero
(5)
►
enero
(6)
▼
2009
(65)
►
diciembre
(5)
►
noviembre
(7)
►
octubre
(5)
►
septiembre
(7)
►
agosto
(8)
►
julio
(3)
►
junio
(5)
▼
mayo
(4)
E123 Caminhos do Paô, Caminhos da Fé (Arcos de Val...
E122 Trilhos das Lagoas de Bertiandos (Ponte de Lima)
E121 Sendeiro da Croa (Vilaboa)
E120 Trilho da Ermida (Ponte da Barca)
►
abril
(9)
►
marzo
(4)
►
febrero
(6)
►
enero
(2)
►
2008
(35)
►
diciembre
(3)
►
noviembre
(3)
►
octubre
(2)
►
septiembre
(2)
►
agosto
(3)
►
julio
(2)
►
junio
(2)
►
mayo
(1)
►
abril
(4)
►
marzo
(6)
►
febrero
(5)
►
enero
(2)
►
2007
(50)
►
diciembre
(5)
►
noviembre
(3)
►
octubre
(3)
►
septiembre
(4)
►
agosto
(4)
►
julio
(6)
►
junio
(3)
►
mayo
(4)
►
abril
(5)
►
marzo
(3)
►
febrero
(6)
►
enero
(4)
►
2006
(17)
►
diciembre
(2)
►
noviembre
(3)
►
octubre
(7)
►
mayo
(5)
Seguidores
Datos personales
eivadiños
Ver todo mi perfil
Autores
Alex Alén
(1)
Begoña
(1)
Dalia López
(1)
Iolanda
(1)
Luis Chapela
(18)
Miguel Panette
(7)
Nacho Betanzos
(1)
Salome Pinheiro
(14)
Sonia
(6)
Sudando Botas
(23)
Xacobe Casal
(4)
Zalo de Paramos
(8)
¿Quen anda por ahí?
Nómadas
El día que Nómadas diseñó in situ una ruta polifacética
Hace 8 años
Dominguer@s en marcha!
Hace 12 años
Sudando Botas
Herreruela de Castillería - Valdecebollas - Sel de la Fuente
Hace 12 años
La banda del Cheri
Red Bull Rampage Biggest Crashes
Hace 13 años
Congostra
Club de Camiñantes
Concellos
A Lama
(5)
Arbo
(1)
Arcos de Valdevez
(14)
Arouca
(4)
Arredor da Lareira
(15)
Baiona
(2)
Barcelos
(1)
Barro
(1)
Beariz
(1)
Bueu
(3)
Caminha
(5)
Cangas do Morrazo
(11)
Cartelle
(1)
Cenlle
(1)
Cerdedo
(1)
Cotobade
(9)
Covelo
(9)
Esgos
(1)
Folgoso do Courel
(3)
Forcarei
(2)
Fornelos de Montes
(2)
Galende
(1)
Gondomar
(4)
Leiro
(1)
Meis
(1)
Melgaço
(2)
Melón
(3)
Moaña
(7)
Mondariz
(5)
Monçao
(11)
Nigrán
(3)
O Rosal
(2)
Oia
(1)
Oscos
(5)
Paredes de Coura
(31)
Pazos de Borbén
(3)
Pirineos
(2)
Ponte da Barca
(5)
Ponte da Lima
(5)
Ponteareas
(3)
Pontevedra
(5)
Punxín
(3)
Quintela de Leirado
(3)
Ribadumia
(1)
Rivadavia
(1)
Rivello
(1)
Salvaterra do Minho
(2)
Silleda
(1)
Tui
(4)
Val d'Agri
(9)
Val de Ansó
(2)
Val de Hecho
(1)
Val de Salazar
(2)
Valença
(10)
Verea
(3)
Viana do Castelo
(5)
Vigo
(13)
Vila de Cruces
(1)
Vilaboa
(4)
Vilagarcía de Arousa
(1)
No hay comentarios:
Publicar un comentario