- E298 Sendeiro do Pantano de Irabia (Val de Aezkoa): Crónica e fotos
- E298 Sendeiro do Deza (Vila de Cruces - Silleda): Crónica e fotos
- E297 Sendeiro da Fraga do Barragán (Fornelos de Montes - Pazos de Borbén): Crónica e fotos
- E296 Sendeiro da Soavela (Cangas do Morrazo): Crónica de Sonia e fotos
- E295 Trilho de Corno de Bico (Paredes de Coura): Crónica de Sonia e fotos
- E294 Sendeiro do Baixo Lérez (Pontevedra): Crónica e fotos
- E291 Polo corazón da Selva de Irati (Val de Salazar): Crónica e fotos
- E290 Ascensión ó Castelo de Acher (Val de Hecho): Crónica e fotos
- E288 Sendeiro da Freixa (A Lama): Fotos e crónica de Sonia
- E287 Roteiro de Donón (Cangas do Morrazo): Fotos e crónica de Sonia
- E285 Sendeiro dos ríos da Fraga e do Beque (Moaña): Fotos e crónica de Sonia
- E284 Polos montes de Moaña e outros mundos
- E284 As lecions do mestre Chapela nos cumios do Morrazo
- E282 Sendeiro dos Cons (Vilagarcía de Arousa): Crónica e fotos de Ana
- E281 Trilho interpretativo de Lamas de Mouro (Monçao): Fotos e crónica de Miguel
Un anaquiño de mín
Lúa, 14 de decembro de 2009
Penso que non somos outra cousa máis que un contedor de lembranzas, que eses momentos intensos ou máxicos, tenros ou escuros, amables ou feros, son o que nos conforman, o que nos move nunha ou outra dirección, o que fai que os nosos sentires teñan unha determinada intensidade, e os que tinguen de cores os nosos soños, os que perseguimos durmidos ou espertos.
E seméllame importante que a primeira liña da miña cobertura emocional, aquela que nomeo como a miña compañeira, sexa participe destas lembranzas que me conforman, anacos tan importantes da miña anatomía como a miña carne e os meus osos. Por iso aledeime de facerme acompañar de Georgia hoxe á inauguración da mostra fotográfica e da proxección audiovisual coa que iniciaba o programa de festexos do décimo aniversario do Club de Camiñantes.
Non foron máis de tres anos os que participei activamente nas actividades do CdC, dende setembro do 2001 coa travesía de Vilanova a Ribadelago, ata novembro do 2004 ca andaina polas serras de Fornelos e Pazos de Borbén, xa que a partires de aquí as miñas aparicións foron esmorecendo e se reduciron a presencias testemuñais, unha ou dúas camiñatas ó ano, pero neses tres anos mudou totalmente a miña relación coa montaña, e a montaña rematou por mudar un xeito de relacionarme tamén coa xente que estaba ó meu carón.
No Punto Xove as paredes estaban ateigadas desas lembranzas que me fixeron fanático de Camiñantes, e funlle mostrando á miña metade algunhas imaxes que levaba gravadas no máis fondo, ensinándolle as craves para entender por qué teño esa insistencia en erguerme domingos e feriados para botarme ó monte como un fuxido. Explicáballe os lugares, as xentes e as circunstancias de cada fotografía pertencente á etapa na que militei máis activamente, perdido nunha tormenta de neve no Circo de Gredos, onde só nos salvou a determinación e experiencia do tío Marcos; no camiño dos contrabandistas do Leboreiro, que os meus antepasados fixeron unha morea de veces co alento dos gardas civís na caluga; naquela terrible travesía dos Ancares, na que tivemos un bo número de baixas; ou a dura pero estimulante de Somiedo, na que fixen equilibrios no Pico do Muñón con dúas mochilas...
Algúns dos que saían nas imaxes xa lle eran familiares, aínda que algúns, coma eu, perderan pelo ou botaran bandullo, porque son parte dese apéndice que xurdiu do CdC, e que dimos en chamar Eivadiños: Miguel, Xacobe, Nacho... e máis recentemente Isabel, Iolanda, Salomé... e Zalo, claro, sempre Zalo. Principal animador de ámbalas dúas empresas, alma mater sen o cal, non me cabe a menor dubida, non habería motivos para celebrar este décimo aniversario. Outros funllos presentando conforme aparecían nas fotos ou entraban na sala, pois pouco a pouco empezouse a animar o local ante a expectativa da presentación do audiovisual de Isaac, o que xa nos tiña gañados coa exquisita selección de imaxes en papel que tiña pendurada das paredes.
Pese ás limitacións técnicas coas que foi producido, penso que conseguiu emocionar a máis dende o principio, que tamén conseguiu arrincarnos máis dunha gargallada. A cousa tiña un bo ritmo, alternando fotografías de tódalas épocas de Camiñantes con entrevistas as xentes que confluímos neste proxecto, e collido da man da miña moreniña fun quen de volver a camiñar polas paisaxes que forman o meu imaxinario particular, e de reeditar as ganas destes e outros espacios nos que compartir pegadas, sorrisos e palabras. O único que lle podía evitar era o espectáculo de verme estomballado nunha hamaca, respostando as preguntas do entrevistador como se estivese nun programa do corazón ¡vaia pinta, rapaz!. O homenaxe final a Zalo era máis que merecido, e os aplausos para Isaac tamén, que fixo un bo traballo.
Trala proxección, mentres degustabamos os canapés e tortillas que prepararan Salomé e Comba, dous deses novos valores de Camiñantes que traballaron tamén arreo para este día, repartín abrazos e bicos con esa xente especial que, dun xeito ou de outro encheron tamén o meu contedor de lembranzas: Mariano e Giovanna, que xunto con Míriam está a piques de traer o mundo unha nova xeración de camiñantes; Uxío e Montse, que xa tiñan as súas cativas correteando entre nós, e Manuel, da que non se afastaban as súas; o meu caro Nacho, xermolo primixenio dos Eivadiños, compañeiro de mil aventuras; Conchi e Dani, os que me agasallan coa súa amizade dende fai ¡carallo, como pasa o tempo! máis de vinte anos... ata Mónica, a eterna número dous, viu especialmente para o evento.
Non estabamos todos, e seguro que aínda así me esquezo de alguén, pero sentinme ben orgulloso de formar parte desta historia, e de poderlle mostrar outro anaquiño de min á miña compañeira. Quizais o domingo, cando o espertador volva a berrarnos a cita coa montaña, entenda algo máis a miña urxencia por poñerme outra vez as botas.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Archivo del blog
-
►
2013
(22)
- ► septiembre (4)
-
►
2010
(41)
- ► septiembre (5)
-
►
2008
(35)
- ► septiembre (2)
-
►
2007
(50)
- ► septiembre (4)
Seguidores
Datos personales
Autores
- Alex Alén (1)
- Begoña (1)
- Dalia López (1)
- Iolanda (1)
- Luis Chapela (18)
- Miguel Panette (7)
- Nacho Betanzos (1)
- Salome Pinheiro (14)
- Sonia (6)
- Sudando Botas (23)
- Xacobe Casal (4)
- Zalo de Paramos (8)
¿Quen anda por ahí?
Concellos
- A Lama (5)
- Arbo (1)
- Arcos de Valdevez (14)
- Arouca (4)
- Arredor da Lareira (15)
- Baiona (2)
- Barcelos (1)
- Barro (1)
- Beariz (1)
- Bueu (3)
- Caminha (5)
- Cangas do Morrazo (11)
- Cartelle (1)
- Cenlle (1)
- Cerdedo (1)
- Cotobade (9)
- Covelo (9)
- Esgos (1)
- Folgoso do Courel (3)
- Forcarei (2)
- Fornelos de Montes (2)
- Galende (1)
- Gondomar (4)
- Leiro (1)
- Meis (1)
- Melgaço (2)
- Melón (3)
- Moaña (7)
- Mondariz (5)
- Monçao (11)
- Nigrán (3)
- O Rosal (2)
- Oia (1)
- Oscos (5)
- Paredes de Coura (31)
- Pazos de Borbén (3)
- Pirineos (2)
- Ponte da Barca (5)
- Ponte da Lima (5)
- Ponteareas (3)
- Pontevedra (5)
- Punxín (3)
- Quintela de Leirado (3)
- Ribadumia (1)
- Rivadavia (1)
- Rivello (1)
- Salvaterra do Minho (2)
- Silleda (1)
- Tui (4)
- Val d'Agri (9)
- Val de Ansó (2)
- Val de Hecho (1)
- Val de Salazar (2)
- Valença (10)
- Verea (3)
- Viana do Castelo (5)
- Vigo (13)
- Vila de Cruces (1)
- Vilaboa (4)
- Vilagarcía de Arousa (1)