Eivadiños
E298 Sendeiro do Pantano de Irabia (Val de Aezkoa): Crónica e fotos
E298 Sendeiro do Deza (Vila de Cruces - Silleda): Crónica e fotos
E297 Sendeiro da Fraga do Barragán (Fornelos de Montes - Pazos de Borbén): Crónica e fotos
E296 Sendeiro da Soavela (Cangas do Morrazo): Crónica de Sonia e fotos
E295 Trilho de Corno de Bico (Paredes de Coura): Crónica de Sonia e fotos
E294 Sendeiro do Baixo Lérez (Pontevedra): Crónica e fotos
E291 Polo corazón da Selva de Irati (Val de Salazar): Crónica e fotos
E290 Ascensión ó Castelo de Acher (Val de Hecho): Crónica e fotos
E288 Sendeiro da Freixa (A Lama): Fotos e crónica de Sonia
E287 Roteiro de Donón (Cangas do Morrazo): Fotos e crónica de Sonia
E285 Sendeiro dos ríos da Fraga e do Beque (Moaña): Fotos e crónica de Sonia
E284 Polos montes de Moaña e outros mundos
E284 As lecions do mestre Chapela nos cumios do Morrazo
E282 Sendeiro dos Cons (Vilagarcía de Arousa): Crónica e fotos de Ana
E281 Trilho interpretativo de Lamas de Mouro (Monçao): Fotos e crónica de Miguel
E165 Polos cantís de Cabo Udra (Bueu)
Domingo, 14 de marzo de 2010
Son moitas as veces nas que teño a tentación de renderme, de rematar con esta historia na que levo invertido tanta enerxía, tantas horas diante da pantalla, convertendo en palabras as pegadas mesturadas en centos, en miles de quilómetros, e abandonarme á molicie dominical, espertar cando me berre o bandullo, xantar calquera cousa e deixarme levar pola preguiza, tarde de cine caseiro e cervexa fresca na neveira, asumir a derrota e deixar de facerme pallas mentais pensado en que todo esto ten un sentido.
Pero tantas veces como estou a piques da renuncia actívase un mecanismo invisible que bule ata o satélite e bérrame con forza, para que chimpe da cama e volva poñe-las botas. É suficiente con que un dos meus fieis Eivadiños me reclame para que volva a ilusión, e aínda máis se, como neste caso, os que insiste en reeditar a nosa fórmula son Habibi e Nuria, que viñeron de Malaisia con ánimo de sumarse ás nosas convocatorias, ou más ben de convocalas.
Unha serie de circunstancias adversas levounos a mudar o punto e a hora de encontro, e baixo un ceo primaveral cruzamos a ría Georgia máis eu para recoller os nosos amigos, os que xe lle estragara o coche no corredor do Morrazo, mentres Iolanda renunciaba ante o cambio de plans e o tarde que decidiramos xantar. Os que si se sumaron, xa cando estabamos sentados fronte a praia de Menduiña, foron Fani e Xaime, este ultimo cando xa tiñamos unha suculenta paella na mesa e xa estabamos dando conta dela. E aínda apareceron Emilio e Vicki algo máis tarde, sen que houbese cita previa, cando estabamos a piques da sobremesa, para mandarlle uns fideos con mexillóns que tiñan encargados.
A cousa semellaba pouco propicia para o sendeirismo despois dun feixe de botellas para acompañar a paparota, e máis cando fixo aparición o licor café e outras sustancias psicotrópicas, e a eso das cinco e media erguinme sen moita convicción de que alguén me seguira, para mover un pouco as pernas mentres facía a dixestión. Trabuqueime, e a sección feminina ó completo erguéronse cando a mín. Acordamos ir nun só coche ata Cabo Udra, e tentar vir dende alí pola costa ¡éranche os efectos secundarios do viño que me fixeron delirar!.
No Cabo Udra houbo un momento de cordura, e pensei en conformarnos con dar unha volta ó istmo que abarca dende a Praia Mourisca ata a de Ancoradoiro, pero ás mozas semelláballes pouca cousa, así que puxemos rumbo ó interior da ría de Aldán. No Chan de Esqueiros pacían tres equinos de raza galega, que recibiron os primeiros disparos da miña cámara, mentres Nuria capitaneaba o grupo con decisión, dándolle as costas ó areal. Pouco nos custou atopar un camiño que bordeara os cantís entre unha matogueira de toxos e carrascos, e avanzar a bo ritmo por el, pensando no doada que sería esta aventura.
E todo indicaba que si, porque fronte a Punta da Escadiña o sendeiro abriuse é cruzámonos no camiño con outras xentes que tamén aproveitaban a bonanza meteorolóxica para estirar as pernas, entre bolos de granito e piñeiros. A visión da Enseada do Pouso inzaba os nosos ollos de razóns, e dábanos pulos para que as nosas pernas seguisen imprimindo pegadas e os nosos beizos espallaran sorrisos.
Non tardamos en chegar á Praia de Lago, encravada entre as puntas de Forcadela e da Testada, e vendo ás catro Eivadiñas parolando distendidas sorrín satisfeito ca ruta, que discorría seguindo as marcas do Roteiro Ecolóxico do Morrazo, que xa leva anos fora de homologación, aínda que de vez en cando xurda a idea de volvelo acondicionar. Ó deixar as nosas costas o areal enlazamos cunha estrada que se afasta algo da costa, así que prendéuseme outra vez a bombilla e preto do miradoiro que se enfronta a Enseada do Cano da Cunca propúxenlle ás mozas mudar o piche polas rochas.
Non puxeron inconvinte algún e de seguida baixamos ata a beira do mar, no punto onde desembocaba, nun caos de granito, un regato. Aquí xurdiron serias dificultades, xa que aínda que o mar estaba en retirada, non había outro xeito de avanzar que non pasase por escalar un muro vertical de unha ducia de metros onde, a pesar das protestas iniciais, as catro valentes desafiaron ó bacío como se houbesen adestrado nos cantís de Monteferro, onde eu adoitaba perseguir rabos de nube.
Tentamos atopar un algo parecido a un sendeiro entre a espesa matogueira de toxos, máis era imposible avanzar pola súa espesura, e volvemos descender cara os cantís, que polo menos dende arriba parecía a opción máis factible. Aquí estivo campiona Vicki que liderou o recoñecemento das vías máis axeitadas para recorrer un caos granítico non exento de beleza, onde florecía a herba de namorar e un curioso lique tinguía de amarelo grandes penedos.
Pero o certo é que as catro Eivadiñas demostraron estar en boa forma e ter bo ánimo para a aventura, e subiron e baixaron polas rochas, sorteando calquera obstáculo que se nos puña por diante, e sen chistar ou chistando baixiño, porque todos os que estabamos alí era pola nosa propia vontade, e non ía haber atranco que a torcera. Aínda que case, porque preto da Punta do Preguntoiro tivemos algún momento de incertidume e outra vez buscamos un sendeiro inexistente entre os carrascos.
Menos mal que atopamos a un grupo de rapaces que agardaban o crepúsculo, e que nos confirmaron que tralos cantís máis próximos estaba Area de Bon. Semellaba un bo lugar para que nos viñeran recoller, o noso obxectivo inicial non sería posible, xa que o sol estaba próximo a mergullarse no océano.
Nos derradeiros metros comentei, un pouco para quentar os ánimos, que a cousa non daba para unha crónica, xa que non andiveramos nin tres horas, e polo tanto que non ía contabilizar na nómina Eivadiña, e un coro de protestas me fixo mudar deseguida. ¡Con todos os perigos que pasamos! dicían as mozas, e algo de razón tiñan. Así que, para que o mundo enteiro saiba do seu valor, aquí están estas palabras
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Entrada más reciente
Entrada antigua
Inicio
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Archivo del blog
►
2014
(1)
►
enero
(1)
►
2013
(22)
►
diciembre
(2)
►
noviembre
(2)
►
septiembre
(4)
►
julio
(1)
►
junio
(1)
►
mayo
(2)
►
abril
(1)
►
marzo
(4)
►
febrero
(2)
►
enero
(3)
►
2012
(10)
►
diciembre
(5)
►
noviembre
(4)
►
octubre
(1)
►
2011
(11)
►
marzo
(4)
►
febrero
(4)
►
enero
(3)
▼
2010
(41)
►
diciembre
(2)
►
noviembre
(3)
►
octubre
(5)
►
septiembre
(5)
►
agosto
(3)
►
julio
(1)
►
junio
(3)
►
mayo
(5)
►
abril
(1)
▼
marzo
(2)
E165 Polos cantís de Cabo Udra (Bueu)
E164 Sendeiro do Baixo Lérez (Pontevedra)
►
febrero
(5)
►
enero
(6)
►
2009
(65)
►
diciembre
(5)
►
noviembre
(7)
►
octubre
(5)
►
septiembre
(7)
►
agosto
(8)
►
julio
(3)
►
junio
(5)
►
mayo
(4)
►
abril
(9)
►
marzo
(4)
►
febrero
(6)
►
enero
(2)
►
2008
(35)
►
diciembre
(3)
►
noviembre
(3)
►
octubre
(2)
►
septiembre
(2)
►
agosto
(3)
►
julio
(2)
►
junio
(2)
►
mayo
(1)
►
abril
(4)
►
marzo
(6)
►
febrero
(5)
►
enero
(2)
►
2007
(50)
►
diciembre
(5)
►
noviembre
(3)
►
octubre
(3)
►
septiembre
(4)
►
agosto
(4)
►
julio
(6)
►
junio
(3)
►
mayo
(4)
►
abril
(5)
►
marzo
(3)
►
febrero
(6)
►
enero
(4)
►
2006
(17)
►
diciembre
(2)
►
noviembre
(3)
►
octubre
(7)
►
mayo
(5)
Seguidores
Datos personales
eivadiños
Ver todo mi perfil
Autores
Alex Alén
(1)
Begoña
(1)
Dalia López
(1)
Iolanda
(1)
Luis Chapela
(18)
Miguel Panette
(7)
Nacho Betanzos
(1)
Salome Pinheiro
(14)
Sonia
(6)
Sudando Botas
(23)
Xacobe Casal
(4)
Zalo de Paramos
(8)
¿Quen anda por ahí?
Nómadas
El día que Nómadas diseñó in situ una ruta polifacética
Hace 8 años
Dominguer@s en marcha!
Hace 12 años
Sudando Botas
Herreruela de Castillería - Valdecebollas - Sel de la Fuente
Hace 12 años
La banda del Cheri
Red Bull Rampage Biggest Crashes
Hace 12 años
Congostra
Club de Camiñantes
Concellos
A Lama
(5)
Arbo
(1)
Arcos de Valdevez
(14)
Arouca
(4)
Arredor da Lareira
(15)
Baiona
(2)
Barcelos
(1)
Barro
(1)
Beariz
(1)
Bueu
(3)
Caminha
(5)
Cangas do Morrazo
(11)
Cartelle
(1)
Cenlle
(1)
Cerdedo
(1)
Cotobade
(9)
Covelo
(9)
Esgos
(1)
Folgoso do Courel
(3)
Forcarei
(2)
Fornelos de Montes
(2)
Galende
(1)
Gondomar
(4)
Leiro
(1)
Meis
(1)
Melgaço
(2)
Melón
(3)
Moaña
(7)
Mondariz
(5)
Monçao
(11)
Nigrán
(3)
O Rosal
(2)
Oia
(1)
Oscos
(5)
Paredes de Coura
(31)
Pazos de Borbén
(3)
Pirineos
(2)
Ponte da Barca
(5)
Ponte da Lima
(5)
Ponteareas
(3)
Pontevedra
(5)
Punxín
(3)
Quintela de Leirado
(3)
Ribadumia
(1)
Rivadavia
(1)
Rivello
(1)
Salvaterra do Minho
(2)
Silleda
(1)
Tui
(4)
Val d'Agri
(9)
Val de Ansó
(2)
Val de Hecho
(1)
Val de Salazar
(2)
Valença
(10)
Verea
(3)
Viana do Castelo
(5)
Vigo
(13)
Vila de Cruces
(1)
Vilaboa
(4)
Vilagarcía de Arousa
(1)
No hay comentarios:
Publicar un comentario